Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

CORREDORES DE SOMBRA


Veño de rematar a lectura dunha novela excelente. Esa é a palabra. Aínda que podería engadirlle moitos calificativos máis e todos eles cargados de entusiasmo.
Corredores de Sombra, de Agustín Fernández Paz, editada por Xerais na súa colección para mozos ( pero que quedaría igual de ben na de adultos ), é unha das mellores novelas que teño lido en moito, moito tempo.
Direino ben en alto: é un orgullo que o noso sistema literario conte cun escritor como Agustín Fernández Paz, capaz de ensarillar unha novela coma esta, cuns personaxes tan reais coma estes, e un texto, ademais, que nos faga tremer, reflexionar e sentir coma este.
Jorge Luis Borges escribiu unha vez que "a literatura non é máis cá un soño dirixido". Acreditando nesa definición, Agustín Fernández Paz aparécese aquí como un mestre capaz de dirixir, coma se dun puzzle máxico se tratase, todas as pezas dun soño literario que deixa unha pegada imposible de borrar no lector. O desenvolvemento da historia é impecable, o ritmo e a música que teñen, perfectos. E as páxinas finais, cando se produce o desenlace do enigma que move á rapaza protagonista e toda a novela, son ese tipo de páxinas que a todo escritor nos gustaría poder escribir.
Xa tendes lectura para o verán.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Ante tanto entusiasmo, tomo nota.

    Comentario de peke hace 2 años y 25 meses

  2. As túas palabras convidan á lectura do libro...

    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 25 meses

  3. Sen dúbida, disfrutaredes moito con el. Apertas.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  4. A min tamén me pareceu excelente e diso deixei constancia en "Galicia Hoxe", en "La Región" e no meu blogue. Unha novela para ler adultos e mozos/as como a filla (17 anos), que está agora con ela.

    Comentario de marcosdeauria hace 2 años y 25 meses

  5. O meu aínda ten 10 e seica vai ter que esperar uns aniños, pero xa está o libro nos andeis da súa habitación... agardando polo seu medre.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  6. Tomo nota eu tamén ;)

    Comentario de X hace 2 años y 25 meses

  7. E despois, cónteme.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  8. Pois veña, outro á lista. A verdade é que é estupenda esta droga dura intravenosa coñecida como “entusiasmo” (os farlopeiros non saben o que se perden). Agora mesmo estou a ler “La conjura de los necios”, un libro que volvo ler, como mínimo, unha vez ao ano, e cada vez me fai rir máis e, en canto remate, vou por Corredores de Sombra. Xa falaremos..

    Comentario de Larvós hace 2 años y 25 meses

  9. Pois iso, xa me contarás. E, por certo, vou aproveitar para reler a conxura eu tamén.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  10. Parece que nesto da lectura somos coincidentes, mirade por onde estou a ler de novas "la conjura de los necios" Libro imprescindible, desternillante e xenial. Con respecto a "Corredores de sombras" tendo en conta a túa opinión, será o primeiro que mercarei e lerei de entre tres ou catro que teño na mente. Hoxe por certo boteille un ollo a "Os libros arden mal" Asustoume a súa magnitude.

    Comentario de Amara orzania hace 2 años y 25 meses

  11. É o libro de Rivas moi grande, é certo, pero as referencias que teño del son excelentes. Aínda non o puiden ler.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.