Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

PROFESORES GALEGOS QUE NON SABEN FALAR GALEGO

Onte coñeciamos que, segundo un estudo feito polo Consello Escolar, un terzo dos profesores de Bacharelato declárase incapaz de dar as súas clases en galego.
A nova é preocupante e, se me apuran, gravísima.
Porque xa podemos falar o que queiramos de que o ensino é básico para a normalización lingüística cando tantos dos encargados dese traballo ( que están obrigados por lei a dar as súas clases en galego nunha cantidade non pequena de materias ) non saben.
Hai uns días comentábamos un informe preocupante que indicaba que a partires da ESO os mozos e mozas de Galicia non amosan interese polo galego.
Unan os dous informes e díganme que facemos.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. A educación, os bos exemplos aos fillos, antes que na escola, ciméntanse na casa. O amor e respecto pola nosa lingoa, onde primeiro se teñen que fomentar é nos fogares. Tanto os nenos, como eses mestres que non saben galego, débenllo a uns pais que pasaron de falalo.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 41 meses

  2. Desde logo,pero algo haberá

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  3. que facer para solucionar ese problema.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  4. Pois a min algo así dáme vergoña… allea. Non podo comprender como un persoa pode exercer o maxisterio nun país bilingüe, e logo declararse, tan alegremente, incompentente nunha desas linguas. ¡Cómo se non poidesen estudala e aprendela! E eses, coa falta de fe e de ilusión na aprendizaxe que están a amosar, son os que a ensinarlle o agarimo á cultura e o coñecemento aos cativos? Pois iso si que non cho entendo.

    Eu estou a favor de que se coide moitísimo máis a figura do mestre contra todo o que os ameaza (que sei que é moito) pero tampouco creo que debamos ser tan incondicionais. Todo ten as súas regras. Un mestre que exerce na Galiza é que di non ser quen de facelo en galego, a min soame como se eu digo na miña empresa que non sei deseño asistindo por computador, ou que o meu nivel de inglés e cero zapateiro... coa diferencia de que a min dirianme que, ou aprendo urxentemente, ou me despiden. Así de sinxelo. Non vexo porque cos mestres o mundo vai ter que se máis amábel e menos esixente que con todos os demáis.

    A única “solución” que a min se me ocorre para o galego e o fomento da lectura. Todalas persoas lectoras que eu coñezo, son, se non galego falantes, si bilingues, e moi respetuosos co galego. As persoas lectoras son culturamente sensibles. Non son quen de sentir indiferenza cara algo tan precioso como unha lingua. Eu creo que se conseguisemos educar unha xeración de neniños lectores, teriamos o futuro da lingua asegurado. Cómo conseguir iso, xa é outra festa.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 41 meses

  5. Paréceme terrible a situación, considero que é obriga persoal dese sector do profesorado formarse canto antes, xa que estamos na Galiza e temos a lingua galega. Unha vez máis insisto que @s profesionais da educación non deben de fixarse só no importe da nómina a fin de mes e nas prestacións que proporciona ese emprego. Iso está ben, pero teñan en conta a tremenda responsabilidade que teñen entre mans a formación do futuro tanto en materias coma en valores. Insisto que prime a vocación por favor considero que a maioría dos problemas no ensino rematarían.

    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 41 meses

  6. o BNG leva Educaçom nom?fazer manifestaçons pela lingua nom e um medida eficaz, e simbolica!minha nai e mestra; di que nom se precebeu cambio nas escolas, que segue sem haver medidas pra fazer atractiva a nossa lingua os nossos rapazes.jogos, actividades, campamentos em galego..eles som o futuro!

    Comentario de poalha hace 3 años y 41 meses

  7. Grazas aos tres polas vosas contribucións ao debate. En efecto, hai que potenciar a figura do mestre. E desde logo que a verdadeira revolución educativa sería facer unha xeración de lectores. Leva tamén razón Marinha. Hai que pedirlles algo máis. E, como di poalha, os medios, esenciais.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  8. Aínda no reducionismo ao que obriga este medio podemos analizar disintos axentes culpables ou causantes do problema tanto no ensino como no resto de sectores da administración:
    Eu sinalaría en primeiro lugar a unha administración que leva anos a contratar a xente para realizar un traballo para o que non está cualificada. Como dicía Larvós, non entendo por que a administración ha de ser máis comprensiva na esixencia de competencia para un traballador no seu posto de traballo. É a pescada que morde a cola, primeiro contrátanse profes que non saben e logo, unha vez dentro, argumentan que non saben, e, se me apuran, case lles vou dar a razón.
    Logo sinalaría a unha administración que, nun abandono incrible das súas funcións, non actúa para corrixir a mala praxe cando esta se produce.
    Logo tamén é responsabilidade do propio traballador ao que, como o valor na mili, sempre se lle supón unha boa vontade que logo non adoita ter.
    E tamén eu sinalaría á sociedade receptora dese ensino como responsable tamén cando a través dos seus representantes no centro miran para outro lado ao ver que se incumpre a lei.
    Porque, por se non o saben, todas as leis son de obrigado cumprimento agas a lei de normalización lingüística que non a respectan nin o poder executivo, nin o lexislativo, nin o xudicial, nin a sociedade en xeral.
    E logo, tamén está aquela parvadiña dos dereitos do administrado que, en fin, visto o visto, para que falar!
    E cada can que roa o seu óso.

    Comentario de X hace 3 años y 41 meses

  9. A pesares do que di X, de que o medio obriga a unha análise apresurada, é imposible explicalo mellor.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  10. Non sei se o resto de lectores terán o mesmo problema ca min, pero cada vez se me fai máis difícil entrar no seu blog. A inmensa maioría das veces non consigo ver a páxina, dígollo por se non estaba ao tanto. Un saúdo.

    Comentario de X hace 3 años y 41 meses

  11. Prezada X: Seino. É un problema de servidor que me ten moi amargado. Moitas veces ( quizais un día destes ) decidirei mudar a outros lares máis propicios. Moitas grazas polo aviso. Confío en que os de bitacoras.com se espabilen dunha vez. Síntoo moi sinceramente.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  12. Vexo que vostede tamén anda por diante da pantalla, que teña un bo domingo :)

    Comentario de X hace 3 años y 41 meses

  13. Moitas grazas, X, deséxolle o mesmo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  14. Realmente a falta de responsabilidade cara a unha cultura por parte deses ensinantes dáme verguenza e pena.
    Supoño que a Xunta ofrecerá xeitos de formarse respecto de este tema, así que tamén debería esixir a sua capacitación.
    A supervivencia dunha lingua non pode deixarse á "boa vontade" de ninguén.
    Bicos.

    Comentario de Muralla hace 3 años y 41 meses

  15. Por suposto que non debería deixarse ao voluntarismo. Moito levamos xa... en séculos. Bicos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  16. Supoño que agora, trala info da Voz do sábado. xa te enterarías de todo o que pasou con Moure e Ameixeiras.
    Saúdos

    Comentario de Luis hace 3 años y 41 meses

  17. A ver ¿alguén pode explicar con claridade de que vai a festa esa? ¿Ou deixar unha ligazón?

    PD: eu porque non me entero nunca de nada???

    Comentario de Larvós hace 3 años y 41 meses

  18. Non te preocupes, Larvós, eu tampouco me entero de nada. Vou lendo cousas soltas por aquí e por alá, pero non dou conseguido un exemplar da Voz do sábado. O único que atopo é unha entrevista con Moure e Ameixeiras de finais de xuño, pero seica aquí a xente fala do sábado pasado.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  19. Neste fío de Arroutadas tedes unha copia do artigo http://www.arroutadanoticias.com/foro/viewtopic.ph...

    Comentario de Cau hace 3 años y 41 meses

  20. Máis en Arroutada:

    http://www.arroutadanoticias.com/foro/viewtopic.ph...

    Comentario de Cau hace 3 años y 41 meses

  21. Grazas, Cau.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009