E POR FIN A LEI DO LIBRO
Francisco Castro - 06-07-2006 10:43:35 | Categoria: Todos os meus artigos
Para hoxe está previsto que o Consello da Xunta aprobe a Lei do Libro.Sen tempo non era.
De todo o que se propón, e que desexo de corazón que se consega, destacaría dúas cousas: que se pretende fomentar a lectura en Galicia, e, sobre todo, a promoción do libro galego no exterior.
Isto último era xa máis que necesario. O libro catalán foi protagonista en moi prestixiosas feiras do libro polo mundo adiante, algo que se conseguiu polo apoio sen reservas da Generalitat. O goberno catalán, de feito, ten xente dedicada só a ese mester.
Non está mal que desde o goberno galego se promovan iniciativas para que se nos coñeza fóra.
E, xa que estamos, aproveito para dicir que non estaría mal que, xa de paso, se conseguise que a literatura galega, tamén, se coñecese dentro.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Estou totalmente de acordo contigo. Esperemos dos nosos gobernantes máis sensibilidade e compromiso coa nosa literatura, tanto para exportala como para divulgala no país. Galicia deu e da, magníficos escritores. Mover os libros, enseñar nas escolas a escoitar a súa música interna, o ritmo e a beleza da palabra impresa. Facer de cada neno un amante lector.
Comentario de Amara Orzania hace 2 años y 26 meses
-
Oxalá.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses