Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

ESTADOUNIDENSES BOS E XENEROSOS

Hoxe é 4 de Xullo, festa importante nos Estados Unidos.
Hai uns días, a revista The New Yorker, onde tantos e grandes escritores estadounidenses teñen publicado, dicía que Bob Dylan era un verdadeiro americano, coma Walt Whitman.
Oxalá todos os estadounidenses fosen coma Bob ou Watl.
E non coma este.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Y menos mal que hay un montón de yankees ilustres, y menos mal que no todos son como ese que señalas, un placer en estas vacaciones volver al lugar del naufragio querido Crusoe.

    Comentario de dasmam hace 2 años y 27 meses

  2. A América das liberdades e dos grandes homes, que algúns houbo, parece que morreu. Que presuma de demócrata un gobernante que viola sistemáticamente os dereitos humanos, escudándose na defensa contra o terrorismo é unha vergoña. O 4 de xullo os ciudadáns americanos, mistura e pensamento de diversas razas, debían de acordar por votación: en lugar de tirar foguetes a chou, poñerlle un petardo no cú a ese da foto, e mandalo botando chispas onde nin deus o vexa.

    Comentario de Amara Orzania hace 2 años y 27 meses

  3. Dasman: aproveita as vacacións mentres poidas. Goza no nome dos que non podemos... aínda. Amara Orzania: os únicos foguetes dos que lanzas os estadounidenses que me gustan son os que van ao espazo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  4. Está ben o post, sobre todo porque, nestas lides, con frecuencia mestúranse os conceptos, e a xente confunde antiimperialismo con antiamericanismo. Eu, evidentemente, simpatizo co primeiro, pero non co segundo. Despois de todo, Kerouak, Miller, Buckowsky, Janis Joplin, Hendrix, Luther King… en fin, e tantos, ben merecen un respectiño. Por non falar de que, por máis que nos fartemos a falar dos bodrios de Hollywood, sen que iso deixe de ser certo, non é menos certo que cando fago a miña lista das mellores películas do ano sempre son americanas case todas (Munich, Brokeback Mountain, Crash, Match Point…). En fin.

    E por certo, seguen as novas do revisionismo:

    http://www.elplural.com/politica/detail.php?id=539...

    Para estes nunca hai excesos cansinos…

    Comentario de Larvós hace 2 años y 27 meses

  5. En efecto. É un erro confundir os dous termos. E ao respecto do revisionismo, hoxe mesmo publica a prensa as declaracións dun deputado polaco eloxiando a Franco no Parlamento Europeo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  6. qUE OPINAS do ruido montado en torno a Moure e Ameixeiras?

    Comentario de marta hace 2 años y 27 meses

  7. qUE OPINAS do ruido montado en torno a Moure e Ameixeiras?

    Comentario de marta hace 2 años y 27 meses

  8. A demostración de que son un ser fóra do mundo é a miña resposta: ¿que ruido se montou arredor de Moure e Ameixeiras?, ¿mande? Por favor, explicita. Grazas.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  9. Pois segundo o que di hoxe o suplemento da Voz si que houbo ruído.

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 27 meses

  10. Pois nada, collerei a Voz a ver de que falamos porque, insisto, moitas veces, parezo un ser fóra do mundo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Horoscopo mensual