Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

O VENRES NO MARCO

Mañá, no MARCO de Vigo, ás 8 do serán, lerei un texto en homenaxe aos presos represaliados polo franquismo na Illa de San Simón.
Estades todos convidados.
O meu discurso ( porque iso será, un discurso ) levará por título: A verdade é para encarar o futuro. A mentira para soportar o pasado. A frase non é miña senón o título dun libro de Jorge Wagensberg.
A tese que manterei é que a primeira parte é verdadeira. Hai que coñecer a verdade para encarar o futuro. Pero a segunda parte é falsa. Non precisamos a mentira para nada. Para soportar ( e curar ) o pasado, hai que superar a mentira. Esixir que nos conten a verdade.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Non cres que hai inflación de novelas, actos... sobre a Guerra Civil?
    Saúdos.

    Comentario de Xosé Carlos Caneiro hace 3 años y 42 meses

  2. Non sei o que ha opinar Francisco Castro, en todo caso, quería dicir que eu non creo que haxa inflación, nin de novelas, nin de actos.

    Os actos son necesarios, pois toda esa xente á que asasinaron e represaliaron vilmente, merecen que, cando menos este ano, lles dediquemos unha especial atención. Esa xente merece que falemos deles e que os recordemos.

    O certo é que sufriron unha doble traxedia: durante o Alzamento Fascista e, xa chegada a democracia, sufriron a traxedia da desmemoria, do esquecemento.
    Por iso é importante que se fale deles, que saibamos das súas vidas, dos seus soños e ilusións.

    Respecto ás novelas, é certo que Suso de Toro vén de publicar unha novela sobre a Guerra Civil e tamén é certo que Manuel Rivas ha sacar en breve outra que trata (entre outras moitas cousas) da Guerra Civil. A min, sinceramente, non me parece que iso sexa demasiado.

    Por que o digo?
    -Pois porque a Guerra Civil (e o que pasou antes e o que pasou despois) é unha época transcendental da nosa historia.
    -Porque creo que é positivo para nós que se escriba, cando menos, unha boa novela que reflicta esa época.
    -E porque me alegro de que escritores como Manuel Rivas e Suso de Toro escriban sobre esa época, e espero que non sexan os últimos en facelo. Ogallá se escriba unha gran novela sobre esa época e esa xente. Meréceno.

    Comentario de daniel hace 3 años y 42 meses

  3. Para nada. Ademais, o que realmente importa, é que a novela sexa boa, a súa calidade literaria. E como di daniel, se escritores importantes do noso sitema literario se apuntan a novelar sobre isto, mellor que mellor. Un saúdo grande para todos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  4. Estando de acordo cos outros dous creo que a Caneiro non lle falta algo de razón, ás veces parece excesivo, non por innecesario, non por inxustificado senón pola coincidencia no tempo. Pero que lle imos facer se a historia nos obriga a recuperar lustros de inxustizas nun ano da memoria?

    Comentario de X hace 3 años y 42 meses

  5. Pois a Pio Moa, a Cesar Vidal, e demais revisionistas que se aglutinan ao redor da COPE e Libertad Digital, non parece que lles resulte excesivo falar unha e outra vez da guerra civil e do franquismo… para XUSTIFICALO, que é o máis grave de todo.

    Aquí poderíamos volver a falar, enlazando co post anterior, da falta de beligerancia das persoas de espírito democrático que xamais xustificariamos a un dictador: os que se nos opoñen, pola contra, nunca teñen abondo, sempre queren máis. Aínda hoxe lla volveron armar a Carrillo. Podedes velo aquí: http://www.elplural.com/politica/detail.php?id=529...

    Estes non se fartan nunca da guerra civil.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 42 meses

  6. X, a coincidencia no tempo é algo bastante lóxico tendo en conta que este é o Ano da Memoria. Acho moi interesante o que sinala Larvós: se vos decatades, desde hai uns anos, hai un mollo non pequeno de autores (?) que escriben, e moito, sobre estes asuntos e só coa idea de xustificar o golpe fascista de estado.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  7. Inmellorable comentario de “Larvos” e a páxina que cita, é penosa polo suceso, e os protas, quizá teña que haber de todo, pero xa abonda con estes radicais, ai cousas difíciles de entender.

    Comentario de E.F.B. hace 3 años y 42 meses

  8. Larvós, a rotundidade do argumento é incuestionable. ´
    Eu gostaría tamén de que a recuperación da memoria afectase ademais, por exemplo, á visión que se dá nos libros de texto dese período da historia e dos seus protagonistas. Por suposto, superando asuntos tan de base como o renomeamento de prazas, rúas e demais elementos do noso urbanismo.

    Comentario de X hace 3 años y 42 meses

  9. Fran, gustaríame estar presente na túa lectura homenaxe aos represaliados. Sei que será un acto fermoso, que dos teus beizos abroiará a verdade máis pura, en defensa dos nosos mortos. Lembrar a súa memoria, non he resucitar vellas feridas nin avivar rancores, como moitos pensan. É devolverlle nome e dignidade, a todas esas víctimas que foron borradas, apodrecendo nos cárceres, fochas anónimas e cunetas, neses anos terribles. Paréceme moi ben que se escriba deles, que se fale deles esgrimindo a verdade, e dunha guerra que nunca debíu ser, para que non resuciten os vellos fantasmas que a propiciaron.

    Liberdade, palabra aberta
    Sempre a boar na memoria dos pobos.
    Que ninguén che corte as alas.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 42 meses

  10. Recoñezo a necesidade, pero en ocasións, sinto fartura.

    Comentario de SZ hace 3 años y 42 meses

  11. Grazas aos tres. Do que di X, algo dixen eu. Hai que recuperar a verdade explicando a verdade aos nen@s. Porque, a día de hoxe, segue sen contarse.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  12. Parece que este ano se lle está a dar un novo pulo á recuperación da memoria, tan necesaria...
    Hai pouco estiven en San Simón nunha das homenaxes que se fixeron e sentinme fortemente conmocionada cos testemuños dos dous represaliados que nos acompañaron...

    Comentario de Laurindinha hace 3 años y 42 meses

  13. Nos últimos tempos eu tamén visitei a Illa, e por motivos máis ben festivos mais, aínda así, cando un dedica un só minuto a pensar no que aquilo foi, a tristura é inevitable.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  14. Hai poucos meses morreu em Ribadeu um grande da Banda Desenhada galega, Suso Peña. Como milhares, ele padeceu impediosamente em primeira pessoa boa parte da genreira que o Rêgime tivo contra seu pai (um vermelho). Foi há setenta anos, sim, mas as consequencias do golpe de estado do 36 ainda todos as suportamos. E até há bem poucos anos ainda compravamos com as moedas de Franco, ainda em circulação. Há nada. Durante décadas não se falou, chorava-se para dentro lembrando aos amigos mortos, dizimados ou derramados. Tu aqui não entras por ser filho de vermelho. Falemos agora então, sem medo a nos aborrecer ou saturar, e se num momento aborrecemos -que pode ser- fagamos comparança com a grisura de quarenta anos, dia após dia de aculturação, mediocridade e forçado subdesenvolvimento. Olhemos para a nossa língua, para os nossos indicadores socioecômicos...por aí está o pouso de Julho do 36.

    Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 42 meses

  15. Absolutamente de acordo. Imposible non estalo. De feito, cústame non alporizarme cando se fala de que isto "satura".

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009