ARACATACA MACONDO DEL CAUDILLO
Francisco Castro - 27-06-2006 12:50:38 | Categoria: Todos os meus artigos

Aracataca é o pobo no que naceu Gabriel García Márquez. Só viviu alí ata os sete anos pero, polo que nos conta nun dos seus libros máis deliciosos, deberon de ser anos moi importantes.
O pobo está agora de actualidade porque ao alcalde non se lle ocurriu idea máis brillante que pedirlle aos veciños que votasen por ver de aceptar unha nova denominación para o lugar, que pasaría a chamarse Aracataca Macondo. O pretexto, coma sempre, o económico. Pensa que así irán máis turistas.
A iniciativa non foi para adiante, como é normal, mais, cando menos, os colombianos deciden estas cousas democraticamente, non como aquí, no que un tristeiro personaxe, quizais créndose quen sabe que, decidiu mudarlle o seu nome a O Ferrol, para chamalo El Ferrol del Caudillo.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Se esta clase de caudillos so fosen un pouco máis lúcidos, daríanse conta de que, ademais de facerlle mal a moitísima xente, so conseguen cousas que, ao final, resultan absolutamente ridículas. Co paso do tempo, tódolos egos narcisistas (e diso tódolos ditadores teñen moitísimo) rematan sendo patéticos. A última vez que vin a famosa estatua ferrolana, deuse unha conxuntura na, mentres ría eu so ao volante, non podía deixar de pensar: “tanto autoerexirse en icono da patria, ¿para que? ¿Para ter unha estatua onde cagan os paxaros?”
Un feixe de pardais, alí congregado, semellaba estar a vingar a memoria de Alexandre Bóveda.
Comentario de Larvós hace 1 año y 22 meses
-
¡Marabillosa imaxe! De feito, daría para un conto boísimo.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Agosto 2006
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez
Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal
Dia 17
Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds
Mais nomes a confirmar
Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com
Comentario de vitor hace 1 año y 22 meses
-
Moi bo o comentario de Larvós. Os dictadores, que tanto mal fixeron á humanidade, teñen espalladas polo mundo adiante estatuas e monumentos que non merecen nin as cagadas dos paxaros. Se acaso, o cuspe dos corvos.Raios vingadores habían de caer do ceo, e escachar eses bronces, mármores e granitos, que enaltecen, mentireiros, aos CABEZADEFERRO.
Por outra banda, alégrome que os veciños de Arataca dixeran ¡NON! A Macondo, somentes é posible situalo na alma e na memoria, porque foi creado coa imaxinación e coa palabra. Naceu para ser leído, non para ser habitado.
Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 22 meses
-
E xa é así:Macondo, como o País das Marabillas, vive na alma e na memoria de millóns de persoas.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses