Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

WHITMAN TRADUCIDO


Hoxe todos os medios de comunicación dedícanlle non pouco espazo ao anuncio da editorial Visor de que xa podemos ler ao grandísimo e infinito Walt Whitman en castelán ( nunha nova edición, pois xa había ben de tempo que o tiñamos editado en Losada en tradución de León Felipe ) e, ademais, en versión bilingüe. Insisto: en todos os xornais.
Sen embargo, hai uns anos, Walt Whitman foi verquido ao galego baixo do título Canto de Min Mesmo, en Edicións Positivas, e, ademais, nunha magnífica tradución feita por Xosé Freire. Cómpre lembrar que aquela edición tamén era bilingüe.
Non recordo que saíse na prensa.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Coma sempre, hai que dicir o de sempre: nós somos os nosos peores inimigos. Ninguén putea tanto a cultura galega como os propios galegos. Conseguimos darlle a volta ao discurso antiimperialista típico noutras culturas minorizadas. A nós non nos reprime ninguén. ¿Para que o ían facer, se xa o facemos nós mesmos?

    En fin. Cando descubrín a Whitman, saltei de ledicia. Qué sensación máis estimulante descubrir un poeta que, malia ser un home bastante desdichado, adicou a súa obra a cantarlle á ledicia, á felicidade, á solidaridade. Non me gusta moito na forma (cando leo poesía algo en min segue a recramar métrica e rima. Son así de clásico) pero os seus contidos son realmente xeniais. E sobre todo iso: estimulantes! En fin, xusto o que non son os xornalistas que o ignoran.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 42 meses

  2. Coma sempre, unha lúcida e lucida análise, amigo Larvós. Está moi ben iso de que para que van reprimirnos os demais se xa nós soíños conseguimos facelo. Ao respecto de Whitman, eu sego sen ser capaz de atopar moitos poetas superiores a el. Nunca canso de ler a Whitman. Por suposto que a métrica e a rima son ben agradables, pero Whitman,ou Ginsberg ou Bukowski, que non teñen nada diso, poden ser tamén, como ti dis, moi sublimes.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  3. Por desgraza, o feito que comentas xa nin nos estraña, pois entra dentro da lóxica perversa dos xornais editados en Galicia. A noticia vén de Madrid, vía axencias. Madrid, axencias, noticia xa elaborada: ¡debe de ser importante! Só hai que darlle espazo e titulares, e punto. Pola contra, a edición de Positivas era dunha editorial pequena, e era en galego. ¡Meus pobres!
    Con todo, creo que a noticia é relevante desde o punto de vista da edición en castelán. Xa había varias (eu teño a das Obras Completas, de Aguilar), pero esta é bilingüe, e iso en poesía é un feito importante.
    Malia o anterior, non comparto o de que "nós somos os peores inimigos de nós". Porque os que participan no proceso de ninguneo dos feitos culturais en galego non pasan de ser unha minoría (con moita influencia, iso si).

    Comentario de Lola hace 3 años y 42 meses

  4. Levas razón, Lola, niso de que ao final xa nin nos estrañan estas novas. A forza de lelas, xa as damos por normais.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  5. Levas razón, Lola, niso de que ao final xa nin nos estrañan estas novas. A forza de lelas, xa as damos por normais.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  6. Comparto as palabras de Lola, xa estamos tan afeit@s a escoitar este tipo de noticias que parece que estamos inmunizad@s. Terrible!!!. Whitman un verdadeiro artista da palabra.

    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 42 meses

  7. El non cre que unha folla de herba sexa menos co traballo realizado polas estrelas,
    E que a formiga é igualmente perfecta, e un grao de area, e o ovo dun paxaro,
    E que a ra arbórea é unha obra mestra digna dos escollidos,
    E que a amora podería adornar os salóns do ceo,
    E que a articulación máis insignificante da súa man avergoña a todas as máquinas,
    E que a vaca que pace coa cabeza baixa supera a todas as estatuas...
    Whitman, meu capitán, tan só polo contido deste poema, superas cantos versos foron escritos con palabras.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 42 meses

  8. Grazas ás dúas.E que oportunos eses versos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  9. Que casualidade, hoxe xustamente regaláronme Leaves of Grass en inglés. A tradución en galego sabes se é do libro enteiro, ou só da Song of myself?

    Comentario de Gemma hace 3 años y 42 meses

  10. Coido que só é da Song of Myself, pero non o teño diante. Quizais na web de Positivas poidas aclarar algo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009