APOSTAR POR XÉNEROS
Francisco Castro - 20-06-2006 14:38:18 | Categoria: Todos os meus artigos
Xesús Fraga informaba onte na Voz, da auxe da novela negra en galego. Entre outros, coincido en celebrar o traballo de Aníbal C. Malvar ( ¿para cando o seu regreso? ), An Alfaya ( no seu Matei un home ) ou Manuel Forcadela ( A procura do Santo Grial ). Títulos, temáticas e autores de novela negra para contribuir á tan desexada normalización do noso sistema literario.O asunto paréceme que vén moi ao caso para que eu lembre aquí a proposta que lles fixen aos editores galegos o ano pasado sobre a necesidade de recuperar o xénero erótico e que non tivo ningún éxito.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
En realidade, trataríase de recuperar/escribir/editar/ler toda a literatura de xéneros en galego, dende a erótica e a negra até a Ciencia-Ficción ou o Terror e incluso a novela rosa. Sería un claro exemplo de saúde do idioma (lembremos que nos países co maior índice lector demandan moita literatura de xénero. Iso logo non vai quitar de que lean a chamada "gran literatura").
Comentario de Conchi Regueiro hace 3 años y 42 meses
-
Daquela, só resta que os editores se animen.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Parece que no xénero erótico nos adentramos máis dificilmente ca noutros xéneros tanto tanto en cantidade coma en calidade. Vemos como hai autores que evolúen por temáticas diversas mais non se atreven/non lles apetece explorar ese terreo case ermo. Ao mellor é debido a que o erótico impón máis no sentido en que os autores e as autoras temen máis o fracaso. Non nos enganemos, non é mesmo un fracaso estrepitoso falando dunha trama policial que falando de alguén perdéndose en vicios privados. Por outro lado para facer literatura erótica cómpre ter cando menos unha ideoloxía minimamente liberal no sentido social do termo, socialmente non se dá superado esa visión de “vicios@” para o autor/a deste tipo de literatura. E a todo isto tamén conviría engadir que no erótico as marcas xenéricas están menos definidias e é máis difícil collerlle o punto á fresca rosa.
Comentario de X hace 3 años y 42 meses
-
A crise do xénero erótico non é exclusiva da literatura galega. Na castelá, por exemplo, xa hai algúns anos que desapareceu o famoso premio "La sonrisa vertical". Os seus promotores dicían que, ao espallarse a temática erótica por toda caste de novelas, xa non tiña moito sentido un concurso tan concreto e restritivo. Un saúdo dende a abafante tarde zamorana.
Comentario de Veloso hace 3 años y 42 meses
-
Estou de acordo a medias. Hai unha boa cantidade de escritor@s que estarían dispostos a escribir libros deste contido. De feito, xa hai moitos publicados. E non creo que ninguén mire "raro" a un escritor ou escritora por escribir erotismo. O que importará é que o libro sexa bo, que sexa boa literatura, iso será o importante.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Veloso: polo que eu sei, La Sonrisa Vertical desapareceu porque, segundo comentarios do xurado, non daban chegado libros de calidade. Saúdos desde as Rías Baixas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Falando de todo un pouco, ando buscando coma unha tola "Xeografías" ao final terei que encargalo, téñolle ganas.
Comentario de besbellinha hace 3 años y 42 meses
-
Imaxino que Xeografías é un libro ben difícil de atopar. O mellor é que o pidas. Bicos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
A literatura erótica é difícil por canto pode caer na vulgaridade. O erotismo de "Venus e Adonis" e a "Violación de Lucrecia" de Shakespeare parécenme unha maravilla. Lembro que os leín aos dezasete anos. Se cadra, porque era verán, na horta da casa, baixo a maceira, sentíndo ao sol agarimar a miña pel de améndoa, ameime e sentínme amada polas voces de Venus e Tarquino.
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 42 meses
-
Evidentemente, debaixo do erótico non debe agocharse o vulgar. E coido,Amara Orzania, que tal e como o explicas, queda claro un dos fins da literatura erótica que, como toda boa literatura, ten que axudar a explicar os sentimentos e,por que non, axudar a sentir.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Eu pensaba que os escritores escribían porque lles saía do cú. Pero seica algúns escriben para normalizar o precario sistema literario. Apréndese tanto neste blog e nos seus comentarios!
Comentario de córcholis, que tropa hace 3 años y 42 meses
-
Eu creo tamén firmemente na importancia de recuperar o xénero da Erótica. Creo que é xusto e moi necesario.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 42 meses
-
Estou totalmente de acordo, "córcholis, que tropa". Escribir para normalizar é algo terrible.
Comentario de (Re) Córcholis hace 3 años y 42 meses
-
Pois, lamentablemente, si. Os escritores galegos somos moi conscientes da situación na que vive a nosa lingua, a nosa literatura e o noso país. Por desgraza, de cada vez que sacamos un libro ( mire vostede, córcholis que digo por desgraza ) somos conscientes de que facemos algo máis que escribir. Oxalá que algún día non teñamos que escribir estas cousas. E dúas máis, finais: eu escribo o que me sae non do cu senón doutro lugar e, en efecto, neste blog e nos seus comentarios apréndese moito. Por exemplo do que vostede escribiu, pódense aprender moitas cousas. Saúdos
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses