Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

UNHA BOA NOVELA SOBRE A INDIA


Aínda hai un par de días recomendaba eu aquí unha novela sobre a India.
É un país que teño gañas de visitar e debe de ser por iso polo que, nos últimos tempos, cáenme nas mans novelas sobre a India.
Hai uns minutos rematei a lectura de Usha, unha novela para nenos coa que María Reimóndez quedou finalista do Merlín o ano pasado. Desde logo, non está por debaixo da que gañou e da que xa falei aquí. É unha novela máis que recomendable, que nos conta a historia de Uxía-Usha, unha nena de aquí pero que vive alá, e que, a modo de episodios ( algúns divertidos, outros dramáticos, outros profundos ) vai relantándonos nun caderno a súa vida coa súa nai, médica e directora dun proxecto de colaboración. Polo medio, a amizade, o amor, a tolerancia/intolerancia fronte do diferente, a relixión, a precaria situación da muller neses países...
Os que coñecemos a María Reimóndez sabemos que nese personaxe hai moito dela pois, dalgunha maneira, María vive dacabalo de dous países, Galicia-A India que son, en si mesmos, infinitos como o mundo e como as linguas e como os corazóns de todas as xentes. Todos diferentes porque, no fondo, todos somos iguais.
Lede este libro. Pensade que é para nen@s de máis de once anos...

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Agradézoche moito que lembres, cos teus post dedicados á literatura infantil e xuvenil, que estes libros son para todos e todas, non só para a infancia e a xuventude. Obras coma esta de María Reimóndez non fan senón amosar que a calidade literaria fai que os libros non teñan nunca idade. Graciñas, naufrago.

    Comentario de Pes-de-naufragha hace 1 año y 23 meses

  2. Eu acredito moito no que unha vez explicou Agustín Fernández Paz, dicindo que a boa literatura infantil e xuvenil é aquela que tamén poden ler os adultos. Un saúdo.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.