Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

NOSOUTROS


Onte, convocado polo programa Miraxes da TVG, acodín ao Museo do Mar para gravar un espazo no que tiña que recitar un poema. Ao fondo, as Cíes, San Simón e a Ría de Vigo.
Para a ocasión, escribín este poema.
Cando saia na tele, xa avisarei.

Nosoutros


Eu son ti Tiesmín somos nosoutros

Sherezade Martín Códax Tiesmín

Cíes San Simón Tiesmín

Eu son ti Tiesmín somos nosoutros

Eu cons ti ría Tiesmín

Ti medusa eu maré Tiesmín

Ti cova aberta eu quenlla brava Tiesmín

Eu son ti Tiesmín somos nosoutros.

E do fondo da cova sobre a quenlla, o fillo

Elénós

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Fermoso poema, moi visual, tenro, salvaxe, sensual. É coma un canto de ondas e maruxía.

    Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 23 meses

  2. Moitas grazas, Amara Orzania. É un poema de amor.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses

  3. Estoy de acuerdo con lo que comenta Amara, leyendo tu poema en el norte me acunan las rías baixas, casi estoy mareada... gracias por tus versos Francisco. ¿Me podrías enviar tu correo por barco?, un mensaje mío desea bajar un trozo de atlántico, un abrazo

    Comentario de María Esperón hace 1 año y 23 meses

  4. Que ledicia que saias en Miraxes o outro día coñecín ao director e a @s moz@s que presentan. Feliciteinos pq me parece que fan un gran traballo, gustoume compartir aquel intre con eles.
    O poema pareceume moi melódico.
    Avisa cando vaias sair.

    Unha aperta grande.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 23 meses

  5. Grazas ás dúas polos vosos comentarios. Son moi estimulantes. Sen dúbida, as Rías Baixas son parte da inspiración.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses

  6. Fermoso. E fermoso que os que tedes o don de saber dicir tamén teñades o de compartir. Se podes, avisa cando é o da tele cun pouco de tempo para que eu media desenchufada e media illada me entere, quedoume moita mágoa non saber do teu Lector feliz a tempo. Isto de non ser carne virtual é o que ten.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 23 meses

  7. Moitas grazas, Rosa, por suposto, avisarei. Bicos.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.