A NOITE DO XERAIS 2006
Francisco Castro - 12-06-2006 12:48:30 | Categoria: Todos os meus artigos

O sábado acodimos á entrega dos Premios Xerais. Un ano despois da feliz idea de facelo na Illa de San Simón, a editorial convócanos no mesmo escenario e, desde logo, xa o teño claro para sempre: que non muden nunca o lugar. Coido que os que alí estivemos por segunda vez, xa non somos capaces de imaxinarnos outro espazo para esta celebración.
A xornada foi magnífica. Aos Treixadura do ano anterior (onde toca ese gaiteiro de verdade que é Xaquín Xesteira Xocas ), iniuse o Orfeón Treixadura. Aínda ecoan nos meus miolos a cantiga: Eu Tamén Choro, Eu Tamén Choro, Cando Non Me Alumean Meu Ben, Eses Teus Ollos. É a segunda vez que os escoito, e sempre resultan emocionantes. Meu fillo e eu cantamos esa cantiga do Orfeón na ducha desde hai moito tempo.
Un dos grandes atractivos da entrega de premios, ademais da intriga por coñecer aos gañadores ( a estas alturas, xa todos o sabedes: Diego Ameixeiras, Santiago Jaureguizar e Agustín Agra ), é o intre da romaría. Imposible nomear aquí a todos os amig@s da literatura, dos medios de comunicación, da música e da arte galega en xeral cos que dei falado. Mais o certo é que a algúns deles había xusto un ano ( a anterior noite Xerais ) que non os vira. Xa que logo, os responsables de Xerais deben ser tamén conscientes de que, independentemente da entrega dos premios, o acto da Illa de San Simón é algo máis. É, tamén, un pretexto para que xentes que comparten tanto, sobre todo soños, se encontren e parolen abeirados pola Ría de Vigo.
Un serán delicioso.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Otra fiesta literaria, para la próxima me apunto, donde ha quedado aquella frase de Larra: "Escribir en España (o en Galicia) es llorar".... los tiempos cambian.
Enhorabuena por el blog y que la lucha por "desasnar" a la sociedad siga adelante.
Comentario de miguel hace 3 años y 42 meses
-
Pois nada, se estás por aquí, vémonos en San Simón.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses