Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

O LECTOR FELIZ

Hoxe, ás oito do serán, na Casa do Libro de Vigo, a actriz María Inés Cuadrado representará un monólogo baseado no meu conto titulado O Lector Feliz, que é o relato que abre o meu, ata agora, último libro ( á espera de Spam en Setembro ), Río Leteo.
Estades todos convidados a escoitar a esta muller chea de enerxía que, segundo me contou ( eu aínda non vin o monólogo ), vai facer que todos os que acudamos alí o pasemos moi ben.
Que así sexa.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. ¿Podería vostede levar unha cámara e subir o vídeo á rede?
    É só unha idea...

    Comentario de Ghanito hace 1 año y 23 meses

  2. Ou gravar as verbas e polo nun post, por fa.
    Que envexa, ¿non podedes vir por acó? E ¿facer o mesmo?

    Comentario de E.F.B. hace 1 año y 23 meses

  3. Gran idea, pero non teño medios. Pero tomo nota para a vindeira ocasión. E.F.B., iremos coa montaxe onde nos chamen.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses

  4. Seguramente non haberá problema de medios, senon de "cuartos".
    Habendo "cuartos" págase un técnico, e fora.

    Comentario de Ghanito hace 1 año y 23 meses

  5. Pois iso, nin medios nin cuartos.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses

  6. Lastima non poder estar presente. Promete o acto...
    Espero máis información.

    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 23 meses

  7. Foi todo moi ben. Oxalá nos pidan facelo en máis lugares. Un bico.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.