Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DE ALTURA


O prestixioso catálogo White Ravens que anualmente realiza a Internationale Jungendbibliotheck de Munich, vén de incluir catro títulos galegos este ano: Conto para non comer, de Oli, A cousa que máis doe no mundo, conto tradicional adaptado por Paco Liván, Nun lugar chamado labirinto, de Ánxela Gracián, e ¿Quen me quere adoptar? de Fina Casalderrey.
Debo recoñecer que só lin o texto de Fina Casalderrey. E o certo é que nunca atopara o intre preciso para recomendárvolo
Por moitos motivos.
Porque as ilustracións de Marifé Quesada son un luxo visual. Divertidas. Sentidas. E, por suposto, pola historia que conta a autora: a posibilidade de adoptar un avó.
Para a Literatura Infantil e Xuvenil, é unha nova de altura este recoñecemento internacional.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Concordo contigo Fran. Moi fermoso o texto de Fina Casalderrey. E fermosas tamén as ilustracións. E é para celebrar o recoñecemento destes catro títulos no catálogo White Ravens. Esperemos que sexan moitos máis nos vindeiros anos.

    Comentario de Chus hace 1 año y 23 meses

  2. Así será,non o dubides. De feito, case que todos os anos entran un par de títulos galegos aí.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses

  3. Realmente entre nós, hai unha canteira de escritores de Literatura infantil e xuvenil. Autores galegos nestes temas hainos moi bos. Seguindo os seus pasos, outros veñen detrás, aportando orixinalidade e frescura, apoiados por novos ilustradores

    Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 23 meses

  4. De feito, sempre se recoñece que a nosa LIX é unha potencia mundial.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.