Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

CRÓNICA ( MENOS SERIA ) DE MARIÑÁN

Sobre a miña primeira vez en moitas cousas

A primeira noite, achegueime ata Betanzos cunhas amigas e cos escritores José Viale Moutinho e José Luis Ferris. Este último quería probar a famosa tortilla de Betanzos. E así foi. Viale Moutinho dixo que el facíaas moito mellor.
Despois, tiramos para o Pazo de Mariñán, e viña eu pensando que en tantos anos conducindo nunca me fixeran un control de alcoholemia.
Meu dito meu feito.
Coma se duns extraterrestres se tratase, uns seis gardas civis, todos eles cunha especie de fachos amarelos, talmente espadas láser das galaxias, fixéronme parar para soprar. Din 0,00 a pesares da cervexa.
Foi a miña primeira vez.
Teño gardado o trebello de plástico na casa, nunha vitrina, coma un trofeo, coma a demostración da miña Vida Perigosa de Escritor.
Ao día seguinte, a fotógrafa Maribel Longueira, que nos levaba a todos os escritores por Mariñán adiante para facernos fotos, pediume "algo especial". Díxome se podía deixarme fotografar parte das costas e da cabeza ( ventaxes de ser calvo e rapado ), para despois, a través de non sei que cousa informática, meterme aí ( na foto, se entende ), outras imaxes diferentes. Semellaba bonito, así que nos perdemos polo mundo vexetal aquel.
Despois de fotografarme a cara, coma ao resto dos escritores, díxome:
- Abondará con que te baixes un pouco a camisa, e xa che fago a foto das costas e a cabeza.
Eu collín e saquei toda a camisa, quedando só co pantalón. Porque sonvos un arroutado.
Foi o meu primeiro posado case que espido... pero por detrás...
Foi, tamén, a miña primeira vez.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Siempre existe una primera vez, lo importante es disfrutar de la experiencia novedosa. Por cierto espero que "cuelgues" esas fotos para disfrutarlas todos.

    Comentario de miguel hace 1 año y 23 meses

  2. Xa non se vai poder beber coa tortilla o viño de Betanzos, nin ir de merendiñas. Xa o sinto, xa.
    Pero sei outro lugar cerca onde teñen unhas troitas...
    Unha aperta

    Comentario de SZ hace 1 año y 23 meses

  3. Nada hai mellor que todas esas primeiras veces que nos agardan á espreita nas encrucilladas da vida meu benquerido sensei.

    Comentario de folerpa hace 1 año y 23 meses

  4. Unha das fotos tentei colgalas pero, por algo que se me escapa, non dou feito. Insistirei.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses

  5. A primeira vez de case todo, é coma un vértigo de sensacións. Achegarse a Betanzos con amigos que comparten as nosas inquietudes, sentados todos de redor dunha redonda e magnífica tortilla, empuñando garfos, non espadas, unha ledicia. Días, tardes, noites de viño e rosas, malia os controles da garda civil. Lémbrome neste intre de García Lorca, cando andaba a percorrer os pobos coa Barraca e os amigos. Daquelas merendas, regadas con coplas, sorrisos, viño ou cervexa, entre tortilla e croquetas; entre función e función. Nostalxia de estar alí. De compartir esas noites de lúa e representacións en prazas e eiras, eses días de camiñar portando a maxia baixo o sol, previos a esnaquización dun país. De deter nun tempo eterno esa primeira vez en que comenzou a viaxar a Barraca. De preservar nun tempo inesgotable todo, todo o bo.

    Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 23 meses

  6. Fermoso texto, Amara Orzania, agora, o ano que vén, anímate a vir a Mariñán.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.