Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

A CAPACIDADE PARA SOÑAR

Onte, nos Diálogos Literarios de Mariñán que veñen celebrándose desde onte e que eu coordeno, falaron Rosa Regás e Ramón Loureiro.
Quédome co que dixo o galego sobre a capacidade de soñar dos galegos como un exemplo do seu poder, e de que temos dereito a, a través da escrita, inventarnos unha nova realidade.
Pois si.
Eu escribo, por iso. Porque non me gusta o mundo que nos montaron. Porque ás veces non o aturo. Porque ás veces é miserable. Porque podo soñar outro. É o meu dereito e, polo de hoxe, non me cobran.
Por iso escribo.
Escribo e protesto.
Escribo e así non rifo.
Escribo e así aturo aos que non hai Deus que os ature.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Es que si no, cómo escapar de esta locura, de este mundo cuya realidad ahoga. En este caso viva lo irracional, lo inverosímil, lo absurdo, vivan los mundos oníricos y que Alicia nos proporcione un gran espejo para penetrar en él.

    Saludos desde Eldernad, un lugar dulcemente Irreal.

    Comentario de dasmam hace 3 años y 43 meses

  2. Xa tiña gañas de verte por aquí, dasman. ¿Para cando Eldernad a diario?

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  3. Gústanme moito as túas afirmacións acerca de porque escribes. Se o tamaño do noso pais se medise pola capacidade que as galegas e galegos temos de soñar, fabular, traspasaríamos todas as fronteiras.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 43 meses

  4. Desde logo, e non só habiamos traspasalas pola emigración.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  5. Coido que esa capacidade de soñar esta totalmente conxugada nese arquetipo da memoria colectiva de Galicia e entronca coa charla sobre a memoria que deu Rosa Regas.
    De calquera forma quédome tamén con ese “poder salvifico que ten unha capacidade transformadora” de Ramón Loureiro.
    Enerxético post, ás veces perdemos de vista o esencial.
    Unha aperta

    Comentario de SZ hace 3 años y 43 meses

  6. Moitas grazas, SZ. Podo xurar que o escribin nun estado de absluto cabreo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  7. eu escribo, encantame escribir para min mesma e supoño ke o facemos porke neste mundo non podes decir todo o ke pensas a cara, pouco a pouco a xente foise acostumbrando a hipocresia e se falas dunha maneira directa a xente asustase.

    eu escribo por impotencia, por rabia, polas gañas ke teño de ke todo o sistema ke esta montado se vaia o carallo,...eu so escribo nun diario ou en folas cando non o teño preto, escribo sentimentos frustados, ideas ke neste mundo se tacharian de "idelalistas e inverosimiles", pero eu necesito pensar ke non e asi, necesito soñar ke no mundo hai cabida para os idealistas coma min, ke ainda todo pode cambiar, que a nosa guerra(a guerra dos atípicos) ainda non esta perdida e ke ainda se poden levar a cabo os meus soños e os teus, eses soños escritos en papel, esas esperanzas impresas de chegar a mente de alguen e cambiar a sua maneira de ver o mundo. eu teño esperanza, conmigo conseguirono e... ¿porke non o habemos conseguir con moitos outros?

    Comentario de lorena hace 3 años y 43 meses

  8. Non dubides, Lorena, que no mundo hai sitio para os idealistas coma ti. Sen dúbidas. Nunca deixes de loitar.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  9. E gracias a todos eses seres que deixaron escritos os seus soños podemos os demais disfrutar deles.
    Gracias por escribire.
    Bicos.

    Comentario de Muralla hace 3 años y 42 meses

  10. Velaí, Muralla, un dos fins da literatura: perdurar.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  11. pareces kaneiro, carayo

    Comentario de rosa aneiros hace 3 años y 42 meses

  12. Tomarei iso, Rosa, como un piropo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009