A FIXACIÓN DO PÉREZ-REVERTE COS GALEG@S
Algo así como que hai que aceptar as cousas como son.
Vale.
Mais o problema é que, noutro artigo de hai un par de meses, que eu tiña gardado para cando tivese ocasión, rise dos que pelexan porque a A Coruña, se lle diga A Coruña, e que tanto ten A que La.
Daquela, seica que segundo para que cousas, non hai que respectar os verdadeiros nomes das cousas.
¿Obsesión con Nós?, ¿simple contradicción?, ¿parvura?
Referencias
Comentarios
-
Oín falar dese artigo, pero aínda non o lin. De todos os xeitos, sei o que pensa Pérez Reverte ao respecto: hai anos veu dar unha charla Ourense e chegou media hora tarde. Coa sala chea de xente (Caixa Galicia, no Paseo), ante estudantes universitarios na súa maioría, desculpouse facendo o chiste fácil de que se perdera porque ao chegar a Galiza non entendía os letreiros porque estaban en galego. Éche o que hai...
Comentario de marcosdeauria hace 3 años y 43 meses
-
Pois eu escoitei dicir en varios sitios (como Cataluña, por exemplo) a utilización de “español” como sinónimo de sucio, prepotente, ignorante, fascistoide.. en fin, etc. Pero curiosamente esa acepción esqueceuselles incluila.
En fin, a verdade é que celebro que non se incluan as acepcións pexorativas de “español” tanto como celebraría que se retirasen ás de “gallego”. Todo xeito de xenofobia paréceme repulsivo, simplemente por que son NECEDADES. Pero resulta curioso que os ilustres académicos en cuestión, moi sabios eles (ven ignorantes por todas partes. A ignorancia semella que os persiga decote. E iso non pode ser bo), non dean comprendido algo tan simple que soltar necedades é un pouco como soltar peidos: ao único ao que non lle producen repulsión e precisamente ao que os solta.
En fin. Eu non lle daría máis voltas. Mellor deixar que se regocixen no seu peidiño. Parecen tan felices que non sei que da tirarlles o xoguete.
Comentario de Larvós hace 3 años y 43 meses
-
Eu lino, e no mesmo momento xa me caeu mal. Ofensivo abondo o home sen ter por que. Algo semellante pasoume co Bernabé Tierno na mesma revista, non me lembro ben do tema, pero era algo como esto: unha rapaza escribía que se sentía mal despois de ter un aborto hai tempo e o señor en cuestión dicíalle que era normal, que non era para menos e basicamente encauzábao todo vía cristianismo e catolicismo. Pareceume fora de lugar e o Reverte por momentos tamén.
Comentario de besbellinha hace 3 años y 43 meses
-
O que refire Marcos xa é dabondo representativo do pensamento excluínte de Pérez-Reverte sobre este asunto. Larvós: xenial, coma sempre, a escatolóxica referencia. E besbellinha tamén sentiu o mesmo ca moitos galegos e galegas. Por algo será.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
se vos digo a verdade non me importa o máis mínimo o ke pense un señor de Cartagena dos "gallegos" e menos sabendo ke ese home se meteu con todo e todos os ke puido, eu lin un artigo seu onde criticaba os de castela nun artigo sobre o quixote!! foi flipante, pero o ke realmente me preocupa é ke esa acepción da palabra "gallego" exista e polo ke me dia a miña experiencia ese pensamento non esta moito mais lonxe de nos mesmos e do noso arredor! iso e o ke me preocupa o demáis, ten ke haber de todo no mundo!!
Comentario de lorena hace 3 años y 43 meses
-
Levas razón, Lorena, o preocupante é que hai xente en Galicia que, no fondo, tamén comparte esas acepcións.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
De feito eu escoitei/lim por ahí que na palabra xudeu o DRAE quitou um par de acepzóms... pero claro é que hai.
Comentario de cheme hace 3 años y 43 meses
-
Bo exemplo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Ignorante total e absoluto da nosa lingua e cultura, don Ala triste non sabe o que dí.
Paréceme que o Reverte é un frívolo da palabra, un escribidor de novelas prescindibles máis artigos humoristicos e as veces escatolóxicos, onde lle encanta dar caña a todo ao moi cañí.Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 43 meses
-
Concordo totalmente, e gústame iso de que lle chame Ala Triste.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
A min a verdade é que o que pensen ou deixen de pensar os que semellan estar de volta de todo, nesta vida, e que se pasean por o medio mundo que lles presta orellas, que non oidos, sementando frases lapidarias, pois como que me deixa fría. Mágoa que teña unha butaca cunha letra e que todo o que diga se teña por interesante. Como isto do "gallego", e como aquilo de que xa hai dúas mulleres con butaca con letra, como se fose unha cousa testimonial, entre outras florituras... Eu sempre coidei, inocente, que alguén que le bos libros, e el tenos lido, era alguén que á forza tiña que ser humilde porque un ten que ficar abraiado diante do PENSAMENTO,... que parva. Reverte é un home anuncio, promotor de promotores, e ten que vender... un... libro...
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 43 meses
-
Lúcida análise, Rosa. Xa ves: non sempre ler cousas de valor convirte ao lector en alguén valioso.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
A demagoxía de Pérez Reverte e a súa ideoloxía de españolismo rancio xa son clásicas. Claro que xa se publican en EL SEMANAL, unha revista cunha clarísima orientación ideolóxica (non hai máis que ver os colaboradores que foron botando porque lles molestaban aos lectores). E ver os que quedaron, de Reverte a Juan Manuel de Prada, pasando polo Bernabé Tierno.
Comentario de Silveira hace 3 años y 43 meses
-
E súmelle vostede o efecto que pode ter iso en millóns de lectores.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
A min ghanito aclaroume todo nesta ligazon.
http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/2006/05/16/...
Comentario de acedre hace 3 años y 43 meses
-
Xa o lin. Lúcido.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Hai tempo que non leo a Pérez-Reverte. Antes lía e gardaba todo o que caía nas miñas mans pero esa instransixencia cara as distintas nacionalidades do Estado fixeron que me fartara e na actualidade non me produce máis que tedio. Representa o españolismo máis rancio.
Comentario de Xosé Antón hace 3 años y 42 meses
-
E casposo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Basta con ollar os diccionarios de galego. Entrada Reverte =renarte, e Renarte =atravesado, malicioso, raposeiro. Esa é a realidade. Cousas dos galegos, non? E como está no diccionario, sería de tontos del culo cambialo.
Comentario de Xosé da Casanova hace 3 años y 42 meses
-
Vale
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses