CREAR UN MITO
Francisco Castro - 31-05-2006 14:38:21 | Categoria: Todos os meus artigos

A editorial Mondadori vén de publicar unha biografía escrita por Muriel Spark sobre Mary Shelley, a creadora de Frankenstein.
Sempre me produciron abraio tres cousas relacionadas con esta obra:
1.- Que ela tiña dezaoito anos cando a escribiu.
2.- Que a escribiu nunha soa noite.
3.- Que creou un mito para o resto da eternidade literaria.
O talento abráiame.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
A min o que sempre me sorprendeu foron persoas que con curta vida fixeron de todo nela e aínda lles sobrou tempo para escribir historias grandiosas, agora que vivimos máis parece que non temos tempo a nada...igual si que é cuestión de talento máis que de intención.
Un saúdo.Comentario de besbellinha hace 1 año y 23 meses
-
Tamén hai que dicir que ela foi a iniciadora do xénero literario da Ciencia-Fición precisamente con "Frankenstein" (o que sería un claro precedente das historias de manipulación xenética).
Comentario de Conchi Regueiro hace 1 año y 23 meses
-
En efecto, levades razón as dúas. Hoxe, cando máis ( en teoría ) e mellor ( tamén en teoría ) vivimos, é cando menos tempo semella que temos para ser creativos. E o que di Conchi,tamén hai que suliñalo,por suposto que si.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses
-
Sempre hai un tempo para cada criatura e unha criatura para cada tempo. O indudable talento de Mary Shelley acrecéntase na atmósfera especial e inquietante, nas escuras circunstancias que a rodearon e iluminaron a súa vocación... Nesa noite de gracia, inspirada polo horror e os lampos dunha gran treboada, a mente de Mary plasmou nun caderno o seu soño. Frankestei, xa vivía nela. No recanto máis pecho e escuro da súa imaxinación.
Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 23 meses
-
E o incrible é que, a pesares da vida miserable que viviu, e que na biografía que recomendo se ve moi ben, saíse adiante a súa carreira literaria.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses
-
Nun libro sobre cine da editorial da rtve contaba o autor ( sóame Eduardo Galán, tal vez, pero non lembro ) tratando de explicar o xénero de terror, que este nacera na literatura grazas aos dias que pasaron xuntos Lord Byron, o seu médico Polidori ( ou algo asi) e máis o matrimonio do poeta Shelley e a súa muller Mary.
Dende aquela eu pensaba que Frankestein era invención de Mary Shelley e Drácula de Polidori, ata que chegou Francis Ford Coppola e descubrín que o Drácula é cousa de Bram Stoker: Un lío, agora non sei nada.Comentario de bouzafria hace 1 año y 23 meses
-
Lin algo semellante sobre Stevenson e o Doutor Jeckill e Mr. Hyde. Seica tamén o escribiu dun tirón nunha noite.
A verdade é que me resulta imposíbel de crer nesas cousas (aínda que recoñezo que son escéptico por natureza, e tendo a desconfiar de case todo). O resto do indicado é, sen dúbida, abraiante e admirábel. Pero nunha noite, nunha soa noite, nin sequera procesando no word hai tempo material para copiar (e digo copiar, non pensar e escribir) unha novela como a citada.
As veces paréceme que os biografistas se pasan un pouco santificando. As biografías dos homes célebres é un xénero que non termina de gustarme, precisamente pola teima que teñen algúns estudosos de facer haxiografía. Polo demáis, era xenial. Diso non cabe dúbida. Pero, demos, nunha soa noite...
Comentario de Larvós hace 1 año y 23 meses
-
Pareceme incrible que alguen escriba unha novela nunha soa noite. Se e asi, hai que ver a cantidade de noites que estragamos.
Comentario de acedre hace 1 año y 23 meses
-
As dúbidas son razoables, pero seica foi así. Os tres que cita Bouzafría estaban atrapados por mor dunha tormenta nunha casa. Retáronse a ver se eran capaces de escribir unha historia antes de que se fixese día. E así naceu o libro. Obviamente, seria a historia simple. Despois, supoño, iríalle mentendo cousas ata chegar ao producto final.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses
-
Din que tamén Kafka escribía a unhas velocidades incribles, dun xeito obsesivo, sen poder parar ata que remataba os seus textos.
En relación co que conta Larvós, parece ser que á muller de Stevenson non lle gustou nada a primeira versión de Jekyll e Hyde, polo que Stevenson rachou a novela e, meu dito, meu feito, escribiuna de novo. Algo parecido lle sucedeu a Alfredo Bryce Echenique, que perdeu un manuscrito nun aeroporto e tivo que empezar outra vez dende o principio. Non cabe dúbida de que estamos a falar de escritores de moitísimo talento... e moitísima paciencia. Saúdos.Comentario de Veloso hace 1 año y 23 meses
-
Eu subliñaría o da paciencia, porque se eu perdese un orixinal... sospeito que non tería folgos para facelo de novo. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses