Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

GAÑOU O LIBRO SOBRE A PELÍCULA

Sen entrar no eterno debate sobre se é mellor a película ou o libro, diremos que as crónicas informan de que O Código da Vinci, a película, non vale para nada. Está sendo un fiasco tamén de público.
Por unha vez podemos dicir que o libro triunfou, contra do que adoita suceder, sobre a película.
A cousa, no fondo, está ben pois nestes días, co gallo do asunto do meu premio, foron moitos os xornalistas que me preguntaron, dado que a miña novela ten moito que ver con Internet, se o libro vai desaparecer. Coido que non.
E como vemos, non sempre se prefire a versión audiovisual á letra escrita.
( Aínda que o libro de Dan Brown por outra banda, dificilmente podía dar para unha boa película ).

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. SEMPRE é mellor o libro ou como moito a pelicula non desmerece
    fronte ao libro. O que pasa é que neste caso o noventa por cento da xente que vai ver a pelicula leu o libro cousa que non pasa con outros libros levados ao cine, que non poden comparar porque non leron.

    Comentario de Máis Alá hace 3 años y 42 meses

  2. Moi lúcido, si señor.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  3. A semana pasada vin a película. Concordo coa tua opinión. E moi longa, faise pesada e comparado co libro .....
    Pura publicidade para ver a pelicula. O libro e moito mellor.
    Felicidades polo teu premio, espero que teña calidade.

    Comentario de Carmen hace 3 años y 42 meses

  4. Cando o libro é moi bo é difícil igualalo ou incluso superalo no cine, pero hai moitas ocasións en que grandes películas nacen de libros mediocres. Sen embargo, así de pronto véñenseme á cabeza grandes libros e pelis igualmente boas, como Matar a un ruiseñor ou Lolita.

    Comentario de María hace 3 años y 42 meses

  5. Vai sair película do teu libro?

    Comentario de Máis Alá hace 3 años y 42 meses

  6. É certo, semella pura publicidade. Só falta que Burguer King regale davincis de colección, ou algo así. Leva tamén razón María en que de malos libros teñen saído boas pelis. E Máis Alá, dubido moito que Spam sexa algún día película. Aínda que, dígoo sinceramente, daría para un bo thriller.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  7. algun dia lerei Spam e se chegan a facer pelicula tamén irei a vela.

    Comentario de pepe penas hace 3 años y 42 meses

  8. Pois moitas grazas, pero vai ser só o primeiro. A novela, despois do verán.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  9. Pois co teu permiso, Francisco, vouche contar o meu caso persoal, a ver se podes axudarme a entendelo (non vai con retranca). Eu lin o Código e pareceume unha merda, o cal non é estraño. Porén, teño unha amiga a quen lle encantou, e non para de recomendalo a todo o mundo. Pero aínda por riba, gozou moito da película. Iso a min xa me parecería estraño dabondo, pero o que de verdade non entendo é que esa amiga miña é unha gran lectora! Estudante de filoloxía inglesa, leu a case todo Shakespeare, Wilde, literatura norteamericana... Ademais dos grandes clásicos, como Kafka, Sófocles ou a Odisea. Como é posible iso??? A lectura de Homero debería cambiarlle a un a vida, o gusto literario, non é?

    Sobre o tema de libros e películas, o libro adoita ser mellor porque a película é outro formato e non pode abarcar toda a novela. Pero ao revés pasa o mesmo, ao facer un libro dunha película custa que a novela teña a mesma calidade.

    Comentario de Gemma hace 3 años y 42 meses

  10. Gemma:Despois de moito matinar coido que non hai xeito de explicar o que lle pasa á túa amiga. Se cadra, Dan Brown escribiría un bo libro explicando iso, porque semella, directamente, un Expediente X.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  11. NOn vin a película nin penso ir vela. O libro, en verdade, é abominable e non me explico como pode saír unha boa película de tal porcallada. Ten tantos erros de vulto que semella un insulto á intelixencia do lector.

    Comentario de peke hace 3 años y 42 meses

  12. Nin libro nin película, cando se escribe sobre cousas que xa están máis que ditas creando un batiburrillo de lugares e suposicións, bueno...sóbranme palabras.

    Comentario de besbellinha hace 3 años y 42 meses

  13. os periodistas. esta xentiña que nunca deixará de preguntar paifocadas.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 42 meses

  14. Non lle entendo, brautigan

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses

  15. Pois a curiosidae inmpulsoume a ler o libro. Un libro do que tanto se fala, tan vendido él. O argumento a medida que te adentras na lectura non se sosten; non me sorprende que de tal pao tal estilla; imposible que con fume se realice unha boa peli

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 42 meses

  16. Aínda que non sempre é así.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009