DE QUE VAI A NOVELA
Pola miña banda direi que é unha novela que conta a historia dun director dunha empresa que, a ollos públicos, é un triunfador, un llupi, un tipo de éxito, un gran nacho dos bussiness, dicídeo como queirades. Pero non ten relacións coa xente porque é un tipo lamentable. Iso si: en canto chega a casa e prende o ordenador, engánchase ás web-cam, e é feliz observando a vida de tod@s. Daquela, a novela trata sobre Internet e é unha reflexión sobre a soidade e tal.
Pero, sobre todo, Spam é, ou pretende ser, unha obra crítica co capitalismo global, coas grandes empresas para os que os traballadores somos lixo. É unha obra, como xa me pasou con outras (coido que é defecto meu ) na que lle meto caña aos poderes e aos poderosos, a todos os que manexan a nosa vida e aos que fan da nosa existencia ( xefes, xefes, xefes... ) algo terrible e difícil de levar.
Non é un tópico, é real: para un autor é moi difícil falar da súa propia obra.
En Setembro lédea e dicídesme. Máis unha vez, grazas.
Referencias
Comentarios
-
Ten moi boas trazas. Deséxoche moito éxito de lectores e de crítica. En hora boa!
Comentario de O vixía hace 3 años y 42 meses
-
Moitas grazas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Lereina e contareiche as impresións. Un saúdo.
Comentario de Boedense hace 3 años y 42 meses
-
Haberá que facer un peto para despois do verán.
Comentario de Ghanito hace 3 años y 42 meses
-
Cando empecei a ler o post e cheguei ao calificativo irónica, xa a identifiquei claramente contigo, xa me tarda poder leela.
Noraboa de novo!!.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 42 meses
-
Grazas. Un peto non, que os libros non son tan caros. E irónica... si, un cacho.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Estou de acordo contigo, cando menos é complexo falar da propia obra, espero con ansia a setembro.
Un saúdoComentario de SZ hace 3 años y 42 meses
-
Propoño que che fagamos entre todos unha especie de "entrevista dixital", ao estilo que fan agora moitos xornais. Mesmo me atrevo a facerche a primeira pregunta: como valoras o compromiso que ten un escritor coa sociedade? Dito doutro xeito: cando escribes, buscas unicamente a creación dunha obra literaria ou pretendes que o teu texto inflúa dalgunha maneira na sociedade? Graciñas e un saúdo.
Comentario de Veloso hace 3 años y 42 meses
-
Ante todo, noraboa Francisco por ter chegado tan lonxe antes dos coarenta, estas cousas fan pensar que no final das contas a nosa xeración non foi de todo perdida....
Falando xa da temática da novela, confeso sentir certo pudor de admitir que a nosa vida é manexada polos poderosos, como si as persoas non tiveramos ningunha capacidade de decisión nin de responsabilidade sobre as nosas própias vidas ¿pensas que é así?
Comentario de Minu hace 3 años y 42 meses
-
Permitide um trecho de Bernard de Mandeville (de 1714 em "The Fable of the Bees") sobre poder, poderosos e as suas maneiras para com o resto da população: "Para fazer feliz à sociedade e conseguir que o povo viva contente, ainda em momentos de penúria, cumpre que a grande maioria permaneça inculta e pobre". Toda uma declaração de intenções ainda vigorante, e acrescentada, no século XXI.
Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 42 meses
-
Felicidades Fran! te lo mereces. Lo leere en gallego , o habra traduccion??? Un saludo
Comentario de alicia hace 3 años y 42 meses
-
Lereina, e dareiche o meu parecer, pro, paréceme ver, que entre o que dín os que dela falan e o que dí o autor ai algunha diferencia, iso fai que que teña mais ansiedade por léela, ¿non podes pasarme unha fotocopia do orixinal? ¡Anque sexa en folios soltos!
Non fagas caso é unha broma, pro, vou pedir xa un exemplar na librería, pois si todos esperamos a que saia, cando o faga igual esgotase.
Cheo de ledicia polos resultados, douche as grazas polo que levas feito ata agora, que redunda en todos nos, e anímote a que sigas por ese camiño, novamente parabéns.
Unha aperta.
Comentario de E.F.B. hace 3 años y 42 meses
-
Pois moitas grazas a todos, a verdade é que estou abrumado. Respondo a Veloso: pois si, cando escribo, desde hai xa moito tempo, penso no lector, e iso é o que lle digo aos talleristas que sufren comigo nos meus cursos, que pensen no lector, que teñan cortesía con el e con ela. Daquela, por suposto que si, cando escribo algo ou manifesto unha opinión o que procuro, claro, é provocar unha reacción, un pensamento, una idea nova, unha discusión. Debemos facelo. Hoxe coma antes, sen dúbidas. Respondo a Minu: é triste pero é así. Somos monicreques, non nos enteramos de nada, gobérnannos igual que na caverna platónica. Grazas a todos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Vou a aceptar a proposta de Veloso e vou facer unha pregunta: Canto máis de importante é a forma sobre o fondo da túa obra? Quero dicir que nesta época de Códigos que parece que non importa a linguaxe senón a historia, non pensas que é importante darlle ao lector algo de calidade literaria e se pode que sexa unha boa historia? Ou ao contrario, facer unha historia moi boa e literatura a xusta?
Comentario de Máis Alá hace 3 años y 42 meses
-
Si, ten boa pinta. E ¡nooon!, darlle caña aos poderosos non é un defecto, hai que darlles moita, moita, para que non se lles atrofie o siso e continuen crendo que de verdade comulgamos con rodas de muíño. Francisco, ti que sabes e podes, ¡ vingate por nós!, que xa estamos esganados de tanta hostia.
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 42 meses
-
Rosa Velenosa: sintonizamos no esencial. E así debe ser. Respondo a Máis Alá: coido que unha boa forma sen unha boa historia, é algo baleiro,coma unha casa sen mobles. O que importa é o todo. A boa literatura (non digo que a miña o sexa) debe ter "música", é dicir,debe de ser un pracer lelo, mais, por outra banda, debe contarnos algo que nos anime a rematar o libro.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses