O ANO QUE VÉN XOGAREI ROLAND GARROS

Sabido é que aquí escribe libros todo o mundo.
O ex-tenista Illie Nastase escribiu as súas memorias e dúas novelas. Na biografía di que se deitou con 2500 mulleres. Ese dato deulle titulares de prensa e, como non, unha publicidade impresionante ao libro.
Outro ex-tenista, Guillermo Vilas, publicou dous libros de poesía.
Exclusiva: o ano que vén xogarei Roland Garros.
Referencias
Comentarios
-
Xa sabes que nese xogo, sobran pelotas, e hai moitos pelotazos, por outra banda, tamén podes coller a doenza esa “codo de tenista” que non sei ben como é, pero que si é no codo, non porás escribir, (ben podes facelo ca outra mán) nin coller o rapás da mán, uf, e o mango da raqueta......Deixa, o, cada un hase afacer o seu.
Un saudiño
Comentario de O Niño d'Aguia, sen ovos hace 3 años y 43 meses
-
A verdade, é que xa se me están a pasar as gañas vendo a de problemas que pode haber...
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Non deposites enerxía en parvadas, as comparacións sempre son odiosas. Cada pau que aguante a súa vela que dín...
Unha aperta sen comparación.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 43 meses
-
Grazas, outra aperta para ti sen comparación.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Suponho que no tenis o filtro físico funciona.
Un saúdo.Comentario de eduardo hace 3 años y 42 meses
-
Non lle entendo...
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
¿Sabes de que maneira chamaban a Nastase os seus compañeiros do Circuito da ATP?
Pois chamabanno "O BUFÓN DE BUCAREST".
E ainda non sei se a tua intención ao querer xogar en París e chegar a ser o número un dos tenistas, o a cousa vai mais por outro número, o 2500.
Comentario de Rafael hace 3 años y 42 meses
-
Probablemente remataría no posto 2055 da ATP ou así.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Ola Francisco, perdoa que non ten que ver co texto pero quixera mandarte un correo electrónico e non atopo enderezo ningun. Poderías indicarme onde podo escribirche? estou en fiosinvisibles@gmail.com Graciñas!
Comentario de torredebabel hace 3 años y 42 meses
-
Perdoa, Francisco. Queria dizer que no tenis hai mais critérios obxectivos (a resisténcia física, por exemplo) que na literatura.
Un saúdo.Comentario de eduardo hace 3 años y 42 meses
-
Aclarado, Eduardo. Pero tamén hai que ter moita resistencia física e, sobre todo, psicolóxica, para dedicarse a isto da literatura, non te creas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
fran definitivamente non te dedikes ao tenis se xa te lesionas nunha conferencia en salamanca non kero pensar no ke che pode pasar nun partido de tenis...non e coña! en serio ti dedicate a filosofia e a literatura ke xa che chega.
Comentario de lore hace 3 años y 42 meses
-
Grazas polo consello. Terei, xa que logo, que pensar noutro deporte menos arriscado.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Pois eu, ligo o teu post, tomo unha determinación parecida:
"O ANO QUE VEN DEITAREIME CON 2500 MULLERES".
PD: antes de chamarme fantasma, avísovos que teño confirmado que a literatura, por alimentar a imaxinación, fomenta a luxuria e estimula a líbido. E polo tanto tende a producir priatismo crónico. ¿Por que pensabades que os curas sempre quería ter ao pobo na ignorancia?
Comentario de Larvós hace 3 años y 42 meses
-
Vale pero, só unha dúbida: ¿serán de unha en unha ou todas de vez?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Home, todas de vez, como que impresiona. Igual as teño que repartir un pouquiño. Xa sabes, 10 hoxe, vinte mañán. Xa sabes. O normal.
: DComentario de Larvós hace 3 años y 42 meses
-
Iso. O normal para Nastase.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses
-
Parabéns polo premio
Comentario de berto hace 3 años y 42 meses
-
Moitísimas grazas
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses