O ENSINO QUE TEMOS
Francisco Castro - 24-05-2006 14:09:55 | Categoria: Todos os meus artigos

Onte á noite, procurando na enciclopedia de casa ( si, eu uso a enciclopedia, non o google... xa saben: esta querencia patolóxica polos libros ) datos sobre Antonio Machado para un traballo que lle encargaron ao meu fillo ( dez anos, quinto de primaria ), leo algo que xa non lembraba: que estudou na Institución Libre de Enseñanza.
De alí saiu Machado. E outra moita xente adestrada no pensamento libre, a razón e a cultura.
Pregúntome, tristísimo, que clase de xente é a que pode sair do noso sistema educativo.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
realmente a educacion actual da noxo, eu son eestudante e sinto ke non aprendemos nada. paso moitas horas sentada diante dos profesores e na maioria dos casos sinto ke perdo o tempo, non me gusta admitilo pero sintome ignorante en moitos campos e nos poucos ke me podo sentir algo sabia foi por autoaprendizaxe a base de lectura e interes propio non a base de repetir coma un loro.
Comentario de lore hace 1 año y 24 meses
-
Velaí o importante, lore, ter interés. Nunca o perdas.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
esa mesma pregunta me fago eu cada dia cando saio do traballo, e confeso-lle que nengunha resposta é optimista. un saudo.
Comentario de kaplan hace 1 año y 24 meses
-
Estou dacordo con Lore, o interés é fundamental, pero entendo que parte da labor do profesorado consiste en incentivar ese interés.
Ensinar a xente que quere aprender "é coser e cantar". O ensino ten que ser algo vocacional é unha profesión de gran responsabilidade social, en moitos casos só se ten en conta a parte económica da profesión. Xa ben decían antes "pasas máis fame que un mestre de escola" se cadra antes era máis vocacional que agora non sei...
Un Beijo de apoio.
Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 24 meses
-
Parece obvio que Kaplan traballa no ensino. A súa tristura é todo un síntoma. As cousas, é obvio, serían diferentes se, como lembra Marinha de Allegue, a vocación fose a chave de acceso a esa profesión. Ánimos para todos.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Non sei se as cousas cambiaron moito desde os meus tempos mozos (son da xeración EXB e BUP) pero eu sempre sentín máis incompresión cara os compañeiros que cara os mestres. Entre os segundos, é certo, había de todo. Pero aos que non había quen aturase eran aos que iban ao “insti” nada máis que a tocarse os collóns (e tocárnolos, de paso, aproveitando a coxuntura, aos que si queriamos aprender). Supoño que a clave está na titulite que padecen, sobre todo, os pais dos malos alumnos, que teiman en forzar a estudar aos seus fillos aínda que non teñan nin a máis mínima vocación de estudo. Supoño que parten da erronea premisa de que é mellor e máis digno ser avogado incompetente (é ao que están abocados) que ebanista competente. E así imos.
Comentario de Larvós hace 1 año y 24 meses
-
Gardo grandes lembranzas dos mestres que tiven. De feito, creo que estou en impagable débeda con eles. Non só transmitían coñecementos. Sobre todo, aprendéronme a dubidar. Espero que os nenos de hoxe e os de mañá teñan tanta sorte coma min e atopen ensinantes tan bos coma aqueles que había nos sempre queridos Colexio Fleming e I.B. San Tomé de Freixeiro.
Comentario de Veloso hace 1 año y 24 meses
-
Resulta curioso que as dúas derradeiras intervencións no debate sexan tan dispares. Larvós e Veloso gardan lembranzas diferentes. Eu podería apoiar a uns e a outros. Sen embargo, o que me preocupa, é o presente, o actual sistema educativo.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Non esquezamos que a nosa ILE chamábase (en sentido figurado) Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923. E quizais aínda non se superou o espírito de traballo en mancomún daquela espléndida xeración.
Comentario de marcos de auria hace 1 año y 24 meses
-
Excelente matiz, marcos de auria. Xa quixera eu que se recuperase, polo ben de todos Nós, o espírito daquela xeración.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Home Fran, naquel momento a Institución Libre de Enseñanza foi coma unha bolsa de osíxeno mais hoxe a situación política e social é ben diferente. Tamén é verdade que na actualidade democrática os gobernos varios non fan unha reflexión en profundidade sobre o sistema educativo. Quizáis a LOXE foi unha aproximación, pero sen cartos suficientes para aplicala e mellorala. Logo case nos da un pasmo coa LOCE. E agora coa LOE, esta lei rápida e efectista que tenta enganar a uns e contentar a sectores de poder... En fin Fran que o noso sistema educativo berra por unha reflexión mais non sei cando vai ser. A pinta non a ten boa.
Comentario de Chus hace 1 año y 24 meses
-
Un dos problemas -non o único- está en obrigar a estar nas aulas até os dezaseis anos a xente que non ten o menor interese por elas nin polo que nelas se diga. O ensino obrigatorio até os dezaseis anos é demagóxico e contraproducente. Fun profesora duratne moitos anos e o meu home aínda o é e o panorama que el comproba é ese. A maioría dos seus alumnos queren traballar xa, non teñen ganas de estudar nin hai xeito humano de interesalos. O tema daría para moito, pero non quero estenderme demasiado.
Comentario de peke hace 1 año y 24 meses
-
Grazas ás dúas. En calquera caso, semella que coincidimos todos na necesidade de facermos un debate serio, a nivel social, sobre o sistema educativo.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Gustoume este anaco de outro tema, quizais podase aplicar aquí. Se o traballo de cada un, fora vocacional, podería dicirse aquelo de Outro galo nos cantara.
“E volveu quedarme clarísimo, cando collín o coche para ir comer a casa, que só hai unha maneira de fomentar a lectura: emocionarse con ela, transmitir o teu pracer, demostrar o teu namoramento pola palabra, compartilo cos demais.
Non coñezo outro método. Non hai outro método.”
Tamén lembro algún mestre, polo seu interese en ensinar, polo seu amor o que facía, polo seu cariño a seus alumnos, eran outros tempos, mais penso que agora, non é so problema de mestres.
Un saúdo.
Comentario de E.F.B. hace 1 año y 24 meses
-
Se no sistema educativo incluimos tamén o non docente (TV, Rede, vídeo-xogos) o incrível é que siga saíndo xente corda.
Comentario de eduardo hace 1 año y 24 meses
-
Grazas a E.F.B. pola cita. E a eduardo por ampliar o debate. É certo que a día de hoxe educan máis eses outros elementos que a propia escola.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses