Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

CALVOS DO MUNDO ENTEIRO, UNÍDEVOS

Unha asociación de albinos dos Estados Unidos están pensando en montarlle un pleito legal a Dan Brown porque un dos malos malísimos de O Código da Vinci é albino.
Desde esta bitácora, como alopécico absoluto que son ( é dicir, moi calvo ), fago un chamamento a todos os calvos do mundo para unirnos e pedirlles cartos a todo canto escritor, director de cine e artista en xeral nos ten retratado como vizosos, asasinos ou incluso cousas peores. E, por certo, eu son calvo e, ademais, moi miope, e as películas e os libros están cheas de chosquiños coma min que teñen feito de todo por mor da falla de respecto dos escritores e directores. Que non nos comprenden, non.
Animádevos. Imos forrarnos.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Non sei si mais tarde terás éxito na túa chamada, porque nas dúas primeiras horas, ou non miran, ou non pensan como ti, ou non hai.
    De tódolos xeitos eu solidarízome contigo, inda que non preciso sacar brelo da testa, si pillas “algo” estarás ledo, e se ti estás ledo haberá uns cuantos lectores do blog cheos de ledicia.
    Unha aperta e uns croques.

    Comentario de E.F.B. hace 1 año y 24 meses

  2. Croques tamén para ti.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses

  3. hahahaha
    Tomo nota pola parte que me toca como miope. Eu tamén quero parte nese queixo. Por non dicir dos danos e prexuizos que nos causaron tantas películas nas que os "catro ollos" sempre facían de pailáns ou frikis.
    A vinganza é doce...

    Comentario de Larvós hace 1 año y 24 meses

  4. Pensa, por exemplo en Mister Magoo, ou no Rompetechos de Ibañez. Vanse enteirar...

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses

  5. Pois a cara de malo que tenho eu que me escapan os pequenos por culpa dos medios que ponhen a xente morena e con barba pechada como malos...

    Comentario de acedre hace 1 año y 24 meses

  6. Unha lenda tamén di que sodes mui eróticos os calvos...
    De nada. Bicos.

    Comentario de Muralla hace 1 año y 24 meses

  7. En efecto, acedre, aos malos, non sei por que, sempre os poñen coa barba pecha e a pel algo escura. En efecto, Muralla, algúns calvos somos mui eróticos. Daquela, bicos e beixos para ti...

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses

  8. E os que tatexan?, e as cuarentonas gordas?, e os funcionarios?, e os adolescentes inzados de acné?, e as sogras?, e as noras?, e as modelos?, e.. ¡os maiordomos!... estes si que teñen queixa. Pois nada, ¡revolución, revolución!, e a encher o peto que xa era hora de que os escritores pagasen as súas débedas coa humanidade. Por certo, revindico os calvos, (ou en proceso de), eu teño un na casa e saiume moi bo...

    Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 24 meses

  9. Esquecédesvos dos xordos, que incluso somos carne de chistes de mala pata. ;)

    Comentario de peke hace 1 año y 24 meses

  10. Grazas ás dúas por facer medrar a lista. Esperamos máis contribucións. Rematamos millonarios seguro.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses

  11. Súmome a inciativa como posuidor de escaso pelo e mala vista. O do cabelo non me importa, pero a miopía eche ben fastidiada, iso de depender sempre das gafas, e a anguria da mañá cedo, cando esqueciches onde as deixaches a noite anterior, e ir buscándoas as apalpadas.

    Comentario de bouzafria hace 1 año y 24 meses

  12. Eu levo ben o das gafas. De feito, todo o mundo concorda en que estou bastante feo sen elas. Ao respecto do asunto do pelo, veño de ler no Faro de Vigo de hoxe que a meirande parte dos homes españois prodúcelles anguria pensar en perder o pelo. Coitados...

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses

  13. Pois eu únome como calvo que son. E non estou nada anguriado, o único que me fastidia e que polas mañans teño máis cara que lavar, por outra parte cando me ducho teño menos pelo que secar.
    A fama de eroticos é veridica e as veces un pouco molesta.

    Comentario de Máis Alá hace 1 año y 24 meses

  14. Carafio Francisco, tardaron un pouco, pro, de seguires ese camiño, vas ter que repartir con moitos, e non sei se che pagará a pena, ¡como pra rifar a croques con todos!
    ¡Tes boa e moita compaña!
    Unha aperta.

    Comentario de E.F.B. hace 1 año y 24 meses

  15. ¡E o que aforramos en champú! A min a fama de erótico non me amola nada.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.