Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

CHAMANDO ÁS PORTAS DO CEO


Veño de rematar a lectura deste libro de Jordi Sierra i Fabra, premio Edebé 2006 e que leva por título, como na canción de Dylan, Chamando ás portas do ceo.
Desde adolescente coñecía a obra sobre os Beatles de Sierra i Fabra. E teño as súas monumentais obras sobre os de Liverpool e vou canda elas con moita frecuencia á procura de datos. Pero nunca sentira curiosidade sobre a súa obra narrativa para mozos, que é, digámolo así, a franxa de idade na que hai que inserir as súas obras.
Hai uns anos, escoitándoo nunha conferencia, pasoume ( como supoño que lle pasará a moita xente en canto me coñece ) que perdín de todo o pouco interese que tiña por el. Aburrinme e non aprendín nada. Perdín o tempo e sentinme un chisco timado. Esperaba máis.
Agora, lin este libro. Pensei: este home leva vendidos máis de oito millóns (dise sen esforzo ) de libros entre a mocidade. Igual é porblema meu.
E é.
Velaquí un libro dirixido á xente moza que non é tratada coma imbéciles, que non está pensada para entrar nos colexios e institutos ( a pesares de que Sierra i Fabra é o autor máis lido nos colexios e institutos, mais nótaselle que, cando escribe, pasa moito dese asunto ), con rapaces solidarios e entregados aos outros, pero tamén con interese polo sexo e con broncas monumentais cos pais, con medos, con desexos, con verdades e con mentiras. É dicir: xente normal.
Lina dunha sentada e gustoume.
Daquela, non hai que deixarse levar polas primeiras impresións.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais como non atopo o enderezo mail para enviar, colo aquí a invitación para o autor deste blog e para os blogueiros en xeral:

    Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega. Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos).

    Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!

    resaka06@gmail.com




    Comentario de maeloc hace 3 años y 43 meses

  2. Infortunadamente non poderei asistir pois o martes dirixo a miña tertulia literaria na Casa do Libro. Que vaia todo moi ben.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  3. Pois eu teño lido cousas del e tampouco me disgustou.

    Unha aperta nun día de moita chuvia e vento.
    ;)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 43 meses

  4. Pois xa podes recomendar, a ver que me suxires. Outra aperta para ti.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009