MÁIS SOBRE O DÍA DAS LETRAS
Francisco Castro - 16-05-2006 14:37:36 | Categoria: Todos os meus artigos

Hoxe irei gravar a Localia TV-Vigo, unha entrevista que sairá o Día das Letras Galegas. Falaremos, como non, sobre libros e sobre o galego.
Un amable lector deste blog, di que son un pesimista polo que manteño sobre a necesidade de mudar de arriba a abaixo o 17 de Maio. Retrúcolle dicíndolle que todo o contrario: son optimista. Por iso critico: porque estou certo de que as cousas poden mellorar.
Hoxe, témome, na tele, vou seguir igual de pesimista. A ver se así, abrimos de verdade o debate e as cousas, dunha vez, mudan nesta Cultura Suicida que temos.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Alédome moito, meus parabéns, xa che dicía eu, que notaba certo peso específico, neste traballo do blog, penso que este protagonismo teu, en case todos os eventos da túa querida cidade, e de xustiza dicilo, e moi merecido.
Comentario de E.F.B. hace 2 años y 24 meses
-
Antes de falares na TV, pensa nas vendas, nos prémios e nas críticas. Un saúdo.
Comentario de eduardo hace 2 años y 24 meses
-
Grazas Eusebio,es moi xeneroso. Eduardo: á hora de falar na TV só teño que pensar na miña conciencia. En calquera caso, grazas polo consello.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Eu opino igual, considero que en calquera intervención debemos ter en conta a nosa conciencia.Noraboa pola posibilidade de intervención.
Xa me contarás como resulta.
É posible que ás veces nas formas poidas dar unha imaxe de pesimismo, mais considero que en ESENCIA o optimismo prevalece e a loita continua.
Unha aperta grande.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 24 meses
-
A túa posición, xa desde o blog, parece moi coherente, noraboa
Unha apertaComentario de SZ hace 2 años y 24 meses
-
A ver. A dicotomía optimismo-pesimismo a min resúltame moi interesante. A ver se atino a explicar a miña visión.
Eu detesto o pesimismo, pero polo que ten de simple pasotismo. É moi sinxelo dicir “todo é unha merda, nada ten amaño posíbel. Deitémonos, pois, a descansar”. Ese pesimismo pasivo é o que me repugna. Agora ser crítico coas cousas que están mal, iso non é ser pesimista, senón simplemente realista. Con respecto a lingua galega, falar como se tivesemos ante nos un panorama idílico, non é ser optimista. Iso é facerse pallas mentais. Que non ten nada que ver co optimismo.
Para min o optimismo consiste en abrir os ollos, axudar a que os demais os abran, e unha vez visto panorama, intentar reaccionar. O pesimismo é dicir “non hai nada que facer” e pecharse en banda.
Desde o meu punto de vista, A canción do naufrago é optimista, porque pretende sensibilizar. Ou o que é o mesmo: confía en que hai na humanidade un fío de sensibilidade que se pode activar.
Nese sentido, eu tamén son optimista. E ainda que son optimista, recoñezo que a situación do galego é mala. Ou tratamos de enganar a alguén?
Comentario de Larvós hace 2 años y 24 meses
-
Totalmente de acordo con Larvós. Loitemos por activar ese fío de sensibilidade. Sinto que a Localia de Vigo non chegue a Zamora. Xa nos contarás.
Comentario de Veloso hace 2 años y 24 meses
-
Grazas a todos. A verdade é que non esperaba que o debate tratase sobre o optimismo ou o pesimismo deste blog. Carafio: ¡se eu son un tipo divertidísimo! Agora ben: son un escritor. E, xa que logo, cando decido abrir esta fiestra ao mundo, asumo unha certa responsabilidade sobre o que digo. E, desde logo, non podo pintar o mundo de cor de rosa porque non o é. Se así quixese, faría un blog sobre outra cousa. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Non dudo do teu optimismo, que non excluye a realidade.
Xa nos contarás os que estamos lonxe. Parabens.
Bicos.Comentario de Muralla hace 2 años y 24 meses
-
ola fran!permite a confianza pero realmente son moitas oras as ke pasamos xuntos no colexio. gusstariame dicirlle aos ke pensan ke eres pesimista nos teus comentarios ke non te escoitaron ainda durante duas horas seguidas deprimindo aos teus alumnos!jeje non agora de verdade eu odio o dia das letras galegas, a hiprocresia ke se xera ao seu redor, pero entendo ke e necesario para reavivar as chamas dunha ideoloxia propia ke hoxe por hoxe os xovenes non sinten ou non keren sentir como sua. parabens polo espazo e unha aperta!
Comentario de lore hace 2 años y 24 meses
-
Estimad@ compañeir@ blogueir@:
Permíteme que che noticie que, desde onte e coincidindo co día grande da nosa escrita, tes un novo compañeiro de viaxe no seguinte enderezo:
www.ovixia.blogspot.com
Se queres pasar por alí, xa sabes onde tes a túa casa para ler e opinar sobre literatura galega.
Aproveito, tamén, para felicitarte polo teu blog, que consulto con asiduidade e interese, polo que existe un enlace na miña bitácora para el.
Un saúdo cordial.
O vixía
Comentario de O vixía hace 2 años y 24 meses
-
Un naufrago sempre e optimista..o dia que deixe de selo so será un afogado.
Comentario de pepe penas hace 2 años y 24 meses
-
Grazas a todos polos comentarios. En efecto, do que se trata, é de seguir nadando para non naufragar.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Sobre o pesimismo, tan só dicir unha frase que lle escoitei a Beiras nunha entrevista e que me impresionou.
Falaba sobre os tempos duros da loita política, nos que o futuro, non é que se vise negro, é que era negro, negro coma a pota dun caldeiro.
A cuestión é: como pode unha persoa, nunhas circunstancias tan duras, facer algo, loitar?
Pois a resposta (cando menos para min) está resumida nesta frase:
'Fronte ao pesimismo da razón, o optimismo da vontade'
Unha frase preciosa, que nos lembra a importancia da forza e do poder da acción. Porque aínda que a razón nos diga que non hai futuro, se traballamos, se loitamos, o futuro (a consecución dos nosos obxectivos) estará cada día máis preto.Comentario de outra vaca no blogomillo hace 1 año y 24 meses
-
Secundo totalemente a frase. O contrario é a morte en vida, pasar por aquí sen facer nada.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses