¿CANDO ABRIMOS DE VERDADE O DEBATE SOBRE O DÍA DAS LETRAS?
Cada ano, cando se achega o Día das Letras Galegas, invádeme o mesmo sabor estraño: unha mestura de orgullo e decepción. Sei que é unha festa. De feito, é festivo ( grande erro: todos á praia ou estomballados no sofá, pero non gravitando, como si se fai o Día do Libro, Laborable e Normal, arredor do libro, neste caso, do libro galego ). Pero tamén, e a cada ano que pasa é peor, hai un sentimento de frustración notable ao comprobar que case que todo o que ese día pasa é, no esencial, puro ritual.
Está ben visitar os colexios e ver a faciana de Lugrís Freire por todas partes. Están ben iniciativas coma esta. Iso é indiscutible. E quen di esas, di moreas delas que por todo o País nacen co gallo da celebración.
Mais iso é algo que se fai para o 17 de Maio, para o Día Maiúsculo das Letras Galegas. Mais, ¿o resto do ano? Non son o día das letras galegas, senón, quizais, doutras letras ou de ningunhas letras.
Gústame ver a portada dos xornais en galego ese día. Pero, ao abrilos e ver que por dentro seguen igual, quédame claro que é todo pantalla, ritual, máscara, maquixalle.
Mentira.
Xa, sen perdermos moito máis tempo, deberiamos darlle un par de voltas a este asunto e mudar, de arriba a abaixo, o sentido e o contido desta celebración.
Senón, o ano que vén, volveremos a escribir o mesmo unha e outra vez.
Referencias
Comentarios
-
por se lle servira de consolo, a impresión que me da o asunto é que o asunto sempre o lembro así, ata onde podo lembrar das miñas case trinta castañas. os actos de celebración vencellados ó libro, galego ou non, adoitan ser máis ritual ca outra cousa. e non é un comentario pesimista.
Comentario de brautigan hace 3 años y 43 meses
-
Eu estou preto das corenta castañas, e debo dicir que non o lembro de sempre así. Quizais a cousa empezou de verdade a esmorecer cando se fixo festivo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
quizáis. pero a min falar da escasa trascendencia do día das letras galegas suxíreme o eterno vaticinio de que o libro vai desaparecer mañá e tal. son décadas e décadas agoirándolle tal final. Javier Marías tocaba o tema no seu artigo do dominical de El País dous ou tres domingos atrás. a el estes agoiros fódenlle profundamente. lembráballe ó lector que, se hoxe a xente vai ó cine ou á discoteca -os exemplos son meus-, antes ían ó teatro ou ó casino. coido que o prestixio social que pode ter a lectura non menguou tanto como a todo o mundo lle parece. éche a nostalxia e ó carallo.
Comentario de brautigan hace 3 años y 43 meses
-
Concordo com brautigan no primeiro post. Há também uma percepção de menos "letras galegas" porque cada dia há mais letras espanholas, produção em castelão: p.e. todos os novos jornais gratuitos que se distribuim por milhares...A língua, e as suas comemorações, não são independentes da sociedade (e a galega tem graves desequilibrios socio-económicos): não descubro nada, claro. Penso que, na questão da língua, não se lhe pode pedir a uma data, ao 17 de Maio, o que não nos pedimos aos própr@s gale@s --E eu prefiro que seja feriado
Comentario de jmlombardeiro hace 3 años y 43 meses
-
O meu post non pretende soar apocalíptico, desde logo. Non falo aí da desaparición nin do libro nin da lingua. Falo, si, do absurdo deste día tal e como está concibido. E tamén prefiro os días feriados, porque así non vou ao traballo, pero quizais este non debería selo polo que se pretende coa conmemoración.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
home, Francisco, o que lle quería dicir no meu último post é que, sinxelamente, a literatura, e non só en Galicia, é algo que nunca se observou con moita máis devoción onte. é só que temo-la impresión de que así foi.
Comentario de brautigan hace 3 años y 43 meses
-
Por suposto, pero quizais deberiamos percibila literatura e outras artes con máis devoción.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Entenda-se, estou porque o 17 seja feriado não apenas por ter dia de folga no trabalho (que também) mas porque penso que é uma forma na que a gente mais e melhor percebe -embora duma maneira muito elementar ou de passagem- a relevancia simbólica do que se comemora, e ainda que tanto lhe tenham as Letras Galegas, a Pascoa, a Reconquista, ou o 1 de Maio. Tambén não toda a gente vai a missa, as processões, ou às manifestações. O do feriado é, digamos, um sub-debate dentro do debate do quê fazer com o 17 de Maio. Acontece -igual estou totalmente errado- que não lhe acabo de ver especiais vantagens a que seja dia de trabalho. Nem sequer no ensino (as vozes que mais pedem que o dia seja lectivo) porque existe, informalmente, a semana das letras e se se querem realizar actos na escola, liceu...está toda a semana e todo o ano, para o fazer, para preparar a celebração. Foi o governo Fraga quem estabeleceu o feriado e alguns amigos dizem-me, ah, mas isso do feriado é de Fraga, e o BNG, por exemplo, está por que seja de trabalho...Bom, seja então, mas estou certo que num 17 laborável a gente que fala espanhol no meu trabalho não vai passar para o galego. Cousas que se poderiam fazer no ensino com o 17 lectivo? Nada que não se poida fazer o 16. Ou o 17 de Fevereiro, de Novembro...Não sei, E só uma opiniãozinha.
Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 43 meses
-
Unha opinionciña ben interesante. Evidentemente, calquera cousa que se faga para o 17, no ensino, podería facerse calquera outro día. Por suposto. Pero no que se refire ao resto da sociedade e, nomeadamente, no que ten que ver co libro galego, acho que sería máis productivo que fose un día normal, como acontece co Día do Libro. Se o 23 de abril fose feirado, non se faría a matade do que se fai polo libro. Do que dis, quedo en especial coa túa idea, valiosísima, de que, a fin de contas, ser festivo ou non o 17 de Maio é o menos importante deste debate.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
En moitos colexios celébrase a semana das letras galegas e aprovéitanse estes días para realizar actividades varias arredor da cultura galega. E isto inclúe a escritores vivos, películas de animación, teatro, ... Non se traballa só a figura e as letras do homenaxeado. O que voto de menos o día das Letras Galegas e que non sexa realmente un día de festa. Un día de festa arredor dos libros e da cultura galega, con libros na rúa, con música, ... Coñezo poucos concellos que inviten a celebración deste día con actividades para os mais pequenos, xóvenes, maiores ...
Todo para os colexios. E así moitos adultos ven ese día coma un día de descanso, sen mais.Comentario de Chus hace 3 años y 43 meses
-
Asino por completo o xeito en que o explicou Chus.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Eu colaboro com a Associação Vizinhal de Teis; como outras muitas associações e colectivos sociais, levamos desde o ano 2000 organizando um certame literário em galego para a gente mais nova do bairro, até os 17 anos, em três grupos de idades sem "primeiros premios": três premios iguais por cada categoria consistentes em lotes de livros em galego. Também organizamos palestras (o ano passado tivemos a sorte de que Francisco estivera connosco). Bom, o certame faz-se em colaboração cos colegios e institutos de Teis, que agora não tenhem nada à maneira (há anos sim) e a receptividade -da parte destes colegios e liceus- é, em verdade, muito fraca. Indiferente. Este ano apenas recebimos dous (2) trabalhos e, evidentemente, tivemos que cancelar o certame e estamos a reconsiderar faze-lo ou não para o ano
// Uma ideia poderia ser, já a tenho escutado, que o 17 as livrarias estivessen abertas.Comentario de jlombardeiro hace 3 años y 43 meses
-
En primeiro lugar, parabéns polo traballo que facedes en Teis. Xa sabedes onde estou ( para algo son de Teis, carafio ) para o que sexa mester. Ben tristeiro é o que dis do certame. Para botarse a chorar. E ao respecto dos colexios... en fin, eu recordo, no Instituto da Guía dos anos 80, onde eu estudei, o Día das Letras como o mellor día do ano. Actuabamos os do coro, había grupos de gaiteiros que viñan tocar, o partido profesores-alumnos, o certame literario ( un dos meus grandes traumas, que conste: nunca me premiaron ), conferencias, recitais poéticos. Unha loucura gozosa. Hoxe, intúo que non hai nin a metade.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Creo que fue ayer cuando leía en la contraportada de La Voz de Galicia (sección NO VA MÄS) un texto que decía lo mismo.
Yo quisiera publicar un soneto (no académico, fallan mis endecasilabos) en gallego el día 17 pero necesitaba que alguien me ayudase a traducirlo.
¿Hay algún alma caritativa por ahí?
SONETO CRECIDO EN “A MATANZA”
En la casa de A Matanza, en primavera,
crece la azalea en el jardín,
dan los árboles sombra verdadera
y uno cree que la vida es así.
Pero si ves que la flor es su palabra,
que la sombra se convierte en su poesía,
crecerás en la mirada desgarrada
de Galicia en la voz de Rosalía.
Me invadió una señal reveladora
que yo no sabía me iba a dar
luz con su sombra cegadora.
Y creces en mi forma de soñar
con tu fértil semilla, mi señora,
escribiéndote a orillas del Sar.
Rafael
10 de Mayo de 2006
Comentario de Rafael hace 3 años y 43 meses
-
En efecto, Rafael, era na Voz de onte. Bo poema. A ver se hai sorte coa traducción.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Noto demasiado pesimismo nos teus artigos, Francisco. Posiblemente habería que darlle un novo pulo a esta festa. Non sei se é positivo seguir mantendo a festividade desta data ou se resulta negativo, pero teño claro que hai que fuxir do carácter ritual deste Día sexa como forComentario de Boedense hace 3 años y 43 meses
-
Pois non pretendo soar pesimista, senón todo o contrario. Critico o que critico no convencemento de que é mellorable. Daquela, son optimista.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Vai-lhe encantar a vinheta de Gonzalo http://www.anosaterra.com/documentos/1222//imaxes/...
Comentario de el niño de la guía hace 3 años y 43 meses
-
Xa a coñecía e pareceume fantástica. De feito, pensaba en reproducila aquí nun par de días. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Na casa da Matanza, na primaveira,
medra a azalea no xardín,
dan as arbores sombra verdadeira,
e un, cre ca vida é así.
Pro, se ves ca fror é a súa verba,
ca sombra, convertese na súa poesía,
medrarás na mirada desgarrada,
de Galiza, na voz de Rosalía.
Invadiume unha sinal reveladora,
que eu non sabía íame dar
luz, coa súa sombra cegadora.
E medras na miña maneira de soñar,
ca túa fecunda semente, miña dona,
escribíndoche a ribeiras do Sar.
Velaí o meu modesto grao de area, con unha traducción persoal pra Rafael, gostaríame que él dixera se mantén a esencia do que el quixo por, no seu SONETO en castelán, e si é do seu agrado.
Saúdos.
Comentario de O Niño d'Aguia hace 3 años y 43 meses
-
Pois moitas grazas. Encántame que o meu blog poida servir para este tipo de cousas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Rafael non dirá nada, porque non entende o galego, e a esencia, ben seguro que nin a ule.
Comentario de Gavilan hace 3 años y 43 meses