Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

MISS BECKHAM PUBLICA UN LIBRO


Hai pouco tempo, Victoria Beckham, intelectual británica, recoñeceu que non lía libros.
Para que.
Pero agora publica un.
A millonaria editorial Pinguin publícalle un libro con consellos de moda. Por suposto, non o escribirá ela, senón que se fará coa "axuda" dun xornalista.
Pero ela xa cobrou un adianto que, xógome o que queirades, suma moito máis que os dereitos de autor de todos os escritores galegos xuntos nun ano.
Ou en dous.
E así vai o mundo.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Non hai como ser creativa!

    Comentario de leco hace 3 años y 43 meses

  2. ¡Desde logo!

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  3. Eu quero ser como Beckham, como Victoria Beckham.

    Comentario de Máis Alá hace 3 años y 43 meses

  4. ¿Para que?

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  5. Supoño que o termo “hortera” debe ser subxectivo, porque a min este tipo paréceme o colmo da horterez. Que manda carallo que vaia publicar un libro sobre “moda”.
    A min, desde logo, poucas cousas me parecen tan horteras como que unha persoa simple, realmente moi simple (no peor sentido da palabra simple), que pero que intenta revestirse de suposta sofisticación que non vai máis aló da máis superficial das superficies. O contraste dame até repelus. É como envolver botixos en cofres de ouro con esmeraldas incrustadas. Que terraxío!!!!

    Comentario de Larvós hace 3 años y 43 meses

  6. Eu engado máis: polo xeral, a xente realmente interesante non precisa de disfraces. E, pola contra, canto máis mediocre é alguén, máis disfraces precisa poñerse.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  7. Uma das minhas avoas era analfabeta e morreu sen saber escrever moito mais que o seu nome.
    José Antonio Camacho, o ex-seleccionador espanhol de futebol, dizia que nunca lera un livro (ainda que a Victoria Adams ou Beckham tamén dixera algo semelhante). Tampouco lhe foi tan mal. Saúde.

    Comentario de eduardo hace 3 años y 43 meses

  8. Uma das minhas avos era analfabeta e morreu sabendo escrever pouco mais que o seu nome.
    José Antonio Camacho, o ex-seleccionador espanhol de futebol, dizia que nunca lera un livro (ainda que a Victoria Adams ou Beckham tamén dixera algo semelhante). Tampouco lhe foi tan mal. Saúde.

    Comentario de eduardo hace 3 años y 43 meses

  9. Uma das minhas avos era analfabeta e morreu sen saber escrever moito mais que o seu nome.
    José Antonio Camacho, o ex-seleccionador espanhol de futebol, dizia que nunca lera un livro (ainda que a Victoria Adams ou Beckham tamén dixera algo semelhante). Tampouco lhe foi tan mal. Saúde.

    Comentario de eduardo hace 3 años y 43 meses

  10. Pois menos mal que fala de moda que parece saber diso. O malo seria que sacase unha novela.
    O que che digo sempre, o tempo pora as cousas no seu lugar. A magoa son a cantidade de cartos asi estragados pola xente que vai mercar esa obra da literatura...pero os humanos somos asi de burrans.

    Comentario de acedre hace 3 años y 43 meses

  11. Eduardo: sospeito que os casos non son comparables. Teño coñecido xentes que nunca leran un libro e foron grandes persoas moi cultas. Insisto, non parece o caso. E, como di acedre, mágoa de cartos tirados.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  12. Con respecto á cultura, compre non ser “abusón”.
    Eu recoñezo que aplico a retranca a xente que é inculta PORQUE DESPREZAN A CULTURA (como é o caso desta tipiña). Desprezar a cultura por pura burroloxía é notablemente distinto que carecer de cultura “libresca”, porque non tiveches acceso a ela, como pode ser o caso dos nosos maiores ou das persoas que viviron ou viven nun entorno de marxinalidade (xitanos das chavolas, inmigrantes que proveñen de países absolutamente miserabeis...). Este segundo tipo de xente non tivo acceso a cultura, non por desprezo nin por ignorancia, senón porque a simple supervivencia consumía tódolos seus esforzos e, polo tanto, non tiveron a posibilidade de escoller. Agora estes “glamurosos” nosos, teñen máis acceso á cultura que ninguén neste planeta, pero simplemente son así pailáns. Estamos en casos, pois, ben distintos.
    Polo que a min respecta, ter un bo corazón é o maior dos patrimonios humanos. Algo que suple o que faga falta. E como dicía Machado, “ser bo é ser forte e intelixente”.
    Con cultura ou sen ela, unha persoa cun bo corazón, sempre será, ao seu xeito, brillante. O demais, malia as relucientes esmeraldas, é todo mediocridade gris.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 43 meses

  13. ¡Eu paso!, tiro a toalla, así non hai xeito de concentrarse. Que se un, que se outro, todos contando esas cousas tan INTERESANTES, tantotantotanto que merecen ser publicadas para ben da humanidade e do peto de D&G,(que é onde vai fundir a pasta digocho eu). O dito, mentres non me faga cunha boa restra de chorradas para o meu currículo, paso señores editores, non insistan, por favor.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 43 meses

  14. Coido, Larvós, que o explicaches de marabilla. Rosa: non desesperes. Medio folio teu vale mil millóns de veces máis que o que poida chegar a publicar ( que non escribir ) Miss Beckham.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  15. Non saio do meu asombro, ben seguro que a noticia? require algún comentario, nembargantes, ¿é tan importante como pra dedicarlle tanta verba?
    Por outra banda ¿non é certo? Que, os náufragos interésanlles as cousas importantes, como o comer, as outras as levan as ondas do mar, son superfluas.

    Comentario de E.F.B. hace 3 años y 43 meses

  16. Desde logo pero, xa ves, eu entereime pola prensa, que non dubida en lle dar un espazo a esa señora. Sen embargo, para que falen dun libro galego, hai case que poñer veas aos santos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009