Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

E HOXE FUN FELIZ

Pasei a mañá cos nenos de 6º de Primaria do Colexio García Barbón, en Vigo. Convidáronme as profesoras para facer con eles un Taller de Poesía.
Só pola ilusión, pola risa, pola enerxía, pola orixinalidade, pola creatividade, pola fantasía, pola colaboración, polo entusiasmo, pola festa, pola ledicia, pola lucidez que me deron durante esas horas, xa dou por boas moitas das mediocridades que a diario ( coma moitos de vós ) teño que soportar niso que chaman a vida para poder comer.
Dígoo aínda que soe cursi: hoxe fun feliz.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Enténdote perfectamente, porque eso sentino muitas veces na escola...
    Bicos.

    Comentario de Muralla hace 3 años y 43 meses

  2. Aledome. Sempre hai momentos bos que dan forza para seguir.
    Un saudo.

    Comentario de acedre hace 3 años y 43 meses

  3. Grazas aos dous. Ademais, onte tiven un día especialmente parvo, e estar alí con eles, gozando tanto, divertíndonos coa palabra, resultou en realidade balsámico.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009