¿POR QUE NON SE RECOMENDA POESÍA NOS COLEXIOS?
Francisco Castro - 09-05-2006 14:39:20 | Categoria: Todos os meus artigos

Algo que nunca entenderei é por que non se recomendan ( case ) libros de poesía nos colexios, por que todo ten que ser narrativa. Dalgunha maneira é como se boa parte do profesorado tivese interiorizada a idea de que a poesía, que case que non len os adultos, tampouco é válida para os nenos. Cando precisamente, é todo o contrario. Aos pícar@s agrádalles moito ler textos con ritmo, con estructuras que se repiten, os xogos de palabras... e todo o que a poesía adoita traer con ela.
E os profesor@s, non sei por que, deciden ignorar isto.
Como mostra, o libro que veño de ler hoxe mesmo, Piratas polo Miño, de Xosé Miranda. Ideal para nen@s. E para adultos.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Creo que é porque á maoiría dos profes non lles gusta porque á maioría dos seus profes tampouco lles gustaba e non llela recomendaban...
Comentario de leco hace 3 años y 43 meses
-
Coma Leco, penso que é porque pensan que para "entender" a poesía hai moito que saber (de métrica, de metáforas, de estilos) e que sempre están a decir cousas que non sempre quedan claras. Ou sexa, por medo, descoñecemento e tradición... Unha pena.
Comentario de torredebabel hace 3 años y 43 meses
-
En realidade, a poesía tampouco hai por que - sempre - entendela. Ás veces abonda con disfrutala.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Totalmente de acordo con vós. Sobre este tema, paréceme moi interesante a escolma poética de Fran Alonso para os máis novos, e o público non-lector de poesía en xeral, Poetízate. O que din na reseña de Xerais gústame moito:
Poetízate
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.
Espírito e contidos do libro
Poetízate –que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo– é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.Comentario de Gemma hace 3 años y 43 meses
-
Son moi válidos os traballos de Fran Alonso, Xosé Miranda, García Teijeiro e outros, a este respecto. Tedes unha parte da razón, pero non toda. Tamén tedes que decatarvos que os libros de texto que usan os profesores traen moito material poético que o profesor pode comentar e traballar cos alumnos (e as lecturas de narrativa son complementarias, pois).
Comentario de marcosdeauria hace 3 años y 43 meses
-
Totalmente dacordo, Náufrago. O pesimismo é hogano unha verdadeira peste. Non se emiten programas culturais porque a xente quere lixo (pero logo resulta que os programas e os documentais intelixentes obteñen resultados de audiencia notábeis), hai que promocionar triunfitos porque so esa música vende, (pero xa quixara Bisbal vender no mundo como Bob Dylan).... en fin. Hai centos de exemplos similares. E o da poesía para nenos, de certo que é unha boa idea. Iso si, para levala adiente -avíso de amigo- vai ter vostede que enfrentarse a unha lexión de palizas teimando en dicir “que va, os nenos de hoxe so queren xogar á pleiesteixón”. Pesadiños, carallo. Que hai tempo para todo.
Comentario de Larvós hace 3 años y 43 meses
-
O de sempre. Ler, gozar. Entender, diseccionar. Esa é a cuestión.
Os nenos están feitos para disfrutar, algúns profes adestrados en razoar, razoar, razoar. Ese é o problema.
Estou dacordo con Larvos, hai tempo para todo; ¿quen se atreve a deseñar un xogo poetico para esa maquiniña infernal?...Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 43 meses
-
Do libro preparado por Fran Alonso xa falara hai tempo. Paréceme unha ferramenta marabillosa. Agora ben, teremos que preguntarlle a Xerais, cando pase un ano, se entrou ou non nos colexios. Oxalá que si.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses