SPIRAL
Francisco Castro - 08-05-2006 12:41:03 | Categoria: Todos os meus artigos
Unha boa nova para todosVelaí o nome da nova proposta que capitanea Miguel Anxo Fernán-Vello. Spiral vaise encargar, desde finais deste mes, de poñer no mercado en castelán libros de poetas galegos en edición bilingüe.
Iso é normalizar e non as campañas institucionais, tan rechamantes coma inútiles. Iso é editar sen complexos e con compromiso, xa non só editorial, senón económico e, se me apurades, literario.
Entre outras, vai publicar unha antoloxía de Manuel Rivas.
Só nos queda aledarnos por este novo movemento, en Espiral, en Spiral, que vai contribuir a algo que é esencial e básico: que os nosos escritores se coñezan fóra. Por calidade non será.
( Agora só resta suxerirlle a Miguel Anxo Fernán-Vello que se anime a facer estas edicións bilingües tamén en narrativa. Xa nos contará )
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Nun comentário que deitara na tua bitácora hai dias, mas que non apareceu por alguma cuestión técnica, dizíache que uma iniciativa posível seria a unión de editoras para publicaren traducións noutros mercados internacionais.
Comentario de eduardo hace 3 años y 43 meses
-
Ai, edicións bilingües en narrativa? Malia non gustarme este tipo de edicións (manías miñas), en poesía aínda entendo que se fagan, porque coa tradución pérdese a música, o ritmo, a rima, e se é poesía galega, entender o orixinal non custa moito. Pero con prosa...? O que queira (poida) ler o libro no idioma orixinal, pode mercalo en galego, e o que merca a tradución é porque non quere o orixinal, para qué obrigar a mercar os dous?
Paréceme unha mágoa que haxa que pagar 50 € pola a edición galega das Metamorfoses, e todo porque pertence a unha colección bilingüe, de clásicos latinos e gregos! Entendo que a un filólogo lle interese ter diante o orixinal, pero eu non podo ler en latín, e supoño que non son a única no mundo. E coas edicións castelán-galego penso o mesmo: se estas obras están destinadas a un público non galegofalante, para que queren unha novela en galego? E se falan galego e mercaron a obra en castelán, será que non a queren en galego, non é? Por suposto que é moi importante que os escritores galegos se traduzan, pero non sei ata que punto é interesante para o público non filólogo unha edición bilingüe...
(Aínda estou durmida, poida que o que escribín non teña moito sentido, pero é que quero unhas Metamorfoses só galegas e baratas!)Comentario de Gemma hace 3 años y 43 meses
-
Eu penso que é un paso adiante, despexando fronteiras, o caso é que se faga, cada un co merque como queira, se cadra o co merque en castelán, queira (por curiosidade) ver a diferencia, e outro xeito de ganar leutores.
Quizais pra que non haxa perda, nin de ritmo, nin de musicalidade no tema, que sexa o propio autor o que faga a traducción, ou no seu defecto un escritor galego falante, ¿non vos parece?
Unha aperta.
Comentario de E.F.B. hace 3 años y 43 meses
-
En efecto, as tres argumentacións son válidas. Eu dicíao, máis que nada, porque hai moita xente no resto do estado que ignora, por exemplo, que Manuel Rivas edita primeiro en galego. Por incrible que pareza, así é.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Paréceme que é unha mágoa, pero non é incrible: hai tempo, de casualidade, consultei as materias de filoloxía hispánica da universidade de Gran Canaria, e tiñan unha materia de literatura canaria (aquí).
Agás Pérez Galdós (que eu non o poría en literatura canaria, pero ben), non me soaba nada diso. Quero dicir que non é que os escritores galegos non se coñezan na península, senón que a literatura das comunidades autónomas recibe menos "atención" (publicidade) que, por exemplo, a anglosaxona.Comentario de Gemma hace 3 años y 43 meses
-
Levas razón, Gemma, moi pouca atención.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses