PENÉLOPE BERRA
Francisco Castro - 05-05-2006 14:23:12 | Categoria: Todos os meus artigos
Pasei a semana lendo dous libros que vos recomendo.Por unha banda achegueime a Margaret Atwood. Unha amiga púxoma a parir. Un amigo díxome que era boísima.

Daquela achegueime a Penélope y las doce criadas. Cando menos, orixinal. Non é ningunha marabilla. Pero déixase ler. Cóntanos o episodio final da Odisea, cando o besta de Ulises chega e manda aforcar ás doce criadas de Penélope, pero desde a óptica da muller do heroe homérico. Divertida. Mais non pasará á historia da literatura.
E despois boteime nas mans de Allen Ginsberg e do seu Aullido y otros poemas.

A poesía que eu quero. Desgarrada, visceral. Irresponsable. Un libro que dá carraxe rematar.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Pois eu esta seman naufraguei nos versos de Paul celan editados por Galaxia. Facendo miñas as tua palabras a poesia que eu quero. Aquela que esta moi proximo o silencio. Ainda que me admiro a poesia dos Ginsberg, Maiakosky, Evtuchenko, Ferrin e demais.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 24 meses
-
Bo naufraxio, abofé.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Deste poemas de celan apuntei no meu caderno os seguinte verso que produciron en min unha fonda emocion " ¿ a onde foi o que non foi a ningures?". Verso que para min e a definicin mais perfecta do poeta. Pois como dicia Rener Char o poeta e un mago da inseguridade.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 24 meses
-
Boa definición. No libro de Ginsberg, hai un intre no que fala da "nada inoxidable". Pareceume unha imaxe poderosísima.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Xa que estas con Ginsberg acordeime de que eu tiña un libro de versos do poeta ao que Ginsberg consideraba o poeta mais grande de America e que estaba a pasar fame en Europa. Gregory Corso. Fun a buscalo e fixen o seguinte xogo :
" This is Galicia and I`m fun in it/ with a wealth of music and lunatics".
¿ Precisaremos de poetas que deixen de cantar as excelencias do pais, dos galegos e demais?. Cuestion complexa.Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 24 meses
-
Cuestión complexa, abofé. Curiosisima cita.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Pois nada, olvido o primeiro e apúntome o segundo.
Bicos.Comentario de Muralla hace 2 años y 24 meses
-
Desde logo, pero o de Atwood tampouco é que estea mal. Desde logo, só polo orixinal e desenfadado que é, xa merece un ollo. Bicos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Do Corso mola "Gasolina e outros poemas". Manrique, o de Rne3, fixo a traducción. Non sei se anda reeditado.
Comentario de Kami hace 2 años y 24 meses
-
Do Corso mola "Gasolina e outros poemas". Manrique, o de Rne3, fixo a traducción. Non sei se anda reeditado
Comentario de Kami hace 2 años y 24 meses
-
Pois non che sei. Buscarei.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Pois eu suxíroche continuar con Margaret Atwood: O asasino cego ou Oryx e Crake, por citar algúns dos últimos, ou como se pode escribir Ciencia-Ficcion e facer uns libros incribles -e isto dito por unha fandomita que ten que pelexar con todo o mundo porque din que a Ci Fi non é seria- (o nobel xa para Atwood!!)
Comentario de Conchi Regueiro hace 2 años y 24 meses
-
Grazas pola recomendación, Conchi. De feito, O Asasino Cego é o libro que máis me recomendan. Seguirei, daquela, con Atwood.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Totalmente de acordo con Conchi, a Atwood é do que non hai. Ten unha prosa elegantísima e as súas historias son fascinantes.
Comentario de Nona hace 2 años y 24 meses
-
Non direi que non. Este libro, sen entusiasmarme, demóstrame o oficio da Atwood. Prometo, dada a vosa insistencia, seguir léndoa.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses