LITERATURA ENFERMA
Francisco Castro - 28-04-2006 14:26:46 | Categoria: Todos os meus artigos
Onte houbo unha Mesa de Literatura no Marco de Vigo na que participaron Fran Alonso e Manuel Veiga baixo do tema: "Culturas posibeis e imposibeis: culturas e vangarda na Galiza do século XXI".Do que alí dixeron destaca o que comentou Fran Alonso e que tomo do Faro de Vigo de hoxe: "A lingua galega goza de moita peor saúde que a literatura. Na Galicia urbana a xente non fala nin le en galego porque non houbo a transmisión da lingua e pais a fillos e iso constitúe un grave problema á hora de potenciar e impulsar a nosa literatura". De aí a importancia do que eu dicía onte, e antonte.
Pola súa banda, Manuel Veiga sinalou que é imposible en Galicia vivir da literatura, que hai que ter outro traballo. E que os medios de comunicación ignoran a literatura galega.
Por suposto. E iso leva a situacións que esgotan porque hai moitos escritores non tan bos coma os nosos, en castelán, que poden vivir dos seus dereitos de autor. E aquí todos temos que deixarnos a pel noutros atafegos esgotadores. E se a iso lle sumamos que os medios pasan de nós ao mesmo tempo que amplifican outras literaturas, o diagnóstico é inevitable: a literatura galega está enferma.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Dacordo con todo, aínda que con algunha matización. Se a literatura galega mantén un bo nivel, pero a sociedade non lle presta a debida atención, máis ben será a sociedade galega a que está enferma (cousas que, para qué nos imos enganar, resulta bastante evidente). A literatura galega, como dirían os psicólogos, sufre, como moito, desamaño afectivo por falta de agarimo e atención. Pero en calquera caso é unha doenza provocada pola sociedade, culpábel última dos seus males.
Hai unha iniciativa no blog “apunta para non esquecer” de envío de correos á academia da lingua castelá pola acepción pexorativa do termo “gallego” que inclúe na súa última edición do Seu Celebrísimo Dicionario.
Non estaría mal desenrolar unha carta-correo electrónico estándar presentando unha queixa polo escasísimo seguemento que fan da literatura galega os xornais galegos (que todos leémos, pagamos e usamos), correr a voz polo blogomillo, que intentar que cheguen moitos correos protesta (os seus enderezos adoitan estar nas súas webs). As veces as cousas hai que darlles un empuxonciño para que furrulen. Si se anima a desenrolar a carta (non o digo por preguiza, senón porque ten vostede seguro máis oficio para tal menester), eu apúntome á iniciativa e dareille o pulo que poida dende o meu humildísimo blog. Se non se consigue nada, cando menos saberemos se realmente somos tan poucos os que así pensamos.
Comentario de Larvós hace 2 años y 24 meses
-
¿La literatura enferma?, ¿la sociedad enferma?. No lo creo, la sociedad goza de una excelente salud pese no usar el gallego mayoritariamente. Utilizan lo que en la actualidad es una lengua más dinamica y ¿por qué? Es evidente que influyen tantisimas cosas que resumirlas en no tiene suficiente publicidad y no estan en los estantes del corte ingles me resulta una conclusión simplista.
Un cordial saludo
Pilar
PD. Me rechifla tu pagina es interesantisima, muchas felicidades.Comentario de Pilar hace 2 años y 24 meses
-
Que, de cruzada? O do maior dinamismo do castelán –intrínseco, supoño- ocorréuseche a ti soa ou foi por inspiración divina? Máis argumentos, se é que tes algún, e menos sentenzas, please.
Comentario de Cau hace 2 años y 24 meses
-
Boa idea, Larvós. Dareille voltas durante a longa fin de semana e xa veremos. Pilar: unha sociedade que ignora aos seus artistas ( escriban, canten, etc, no idioma que sexa, galego ou castelán, é unha sociedade enferma ).
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Boa idea a de Larvós: os xornais son sensíbeis a esas cousas. E que pida non só máis galego nos medios, tamén que se respecte a lingua en que fan os escritores as entrevistas (e que se publiquen en galego: ver unha entrevista con Ferrín en castelán é esperpéntico). Saúdos.
Comentario de marcos valcárcel hace 2 años y 24 meses
-
Desde logo, algunha clase de iniciativa debemos encetar para ver se mudamos algunhas cousas. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Estou dacordo contigo naufrago, un síntoma de enfermidade é non saber valorar o que temos, o propio.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 24 meses
-
Grazas. Un bico.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Supoño que a estas horas xa estarás informado da gran e nova idea “La Voz convida aos lectores a elixir a palabra máis fermosa do galego” do diario AVG, por certo, os seus iniciais son iguais que as dun antivirus gratuíto. Paréceme que esta noticia dá fe de que os medios tradicionais aínda que teñan máis difusión comezan a ir a remolque da rede, o que lamento é non ver mencionado o teu traballo.
ApertasComentario de SZ hace 2 años y 24 meses
-
Pois xusto agora vou sair a mercar La Voz, e xa vou avisado. Grazas. Lereino e opinarei, por suposto.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses
-
Uma iniciativa efectiva para que os meios reconhezan o dereito à información (e non outras cousas, como os mesmos xornalistas merecedores de tal nome reconhecen) e que ademais podamos acceder a ela en galego, ten que ser uma folga xeral de audiéncia.
A iniciativa deveria ser internacional. Penso que xa vai chegando de tanta brincadeira.
Saúde tamén às persoas que non queren falar galego.Comentario de eduardo hace 2 años y 24 meses
-
Sería unha boa medida. Porque, a fin de contas, os consumidores temos o poder. Se claramente dixeramos: "non mercamos tales productos porque rexeitan o galego", desde logo, mudarían. Este debate, está claro, non o teñen en Cataluña. Saúde para todos. Para os que non queren falar galego, tamén.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses