A IDADE DE OURO DA LITERATURA GALEGA
Francisco Castro - 26-04-2006 14:35:19 | Categoria: Todos os meus artigos
Hoxe, Xosé Luis Méndez Ferrín di no Faro de Vigo que a literatura galega está a vivir unha idade de ouro.Levamos cando menos dez anos oíndo ese tipo de expresións.
Se ao que se refire é á nosa calidade, pois si. Non creo que a nosa literatura sexa mellor que outras. Non é peor. É unha literatura normal. Con autores moi interesantes, outros menos, e algúns, nada. E que iso sexa así é bo.
Pero non poderemos falar de Idade de Ouro mentres os galeg@s segan a ignorar a literatura de noso. Non poderemos falar de Idade de Ouro mentres non deixemos de ser unha literatura minoritaria e minorizada na que vender 500 exemplares sexa xa Unha Heroicidade. Non poderemos falar de Idade de Ouro mentres os escritores galegos segamos tendo que aturar que nos pregunten: ¿y por qué no lo haces en castellano?
Comentarios - Referencias (1)
Referencias
-
[...] antonte.
Pola súa banda, Manuel Veiga sinalou que é imposible en Galicia vivir da literatura, que hai que ter outro traballo. E que os medios de comunicación ignoran a literatura galega.
Por suposto. E iso leva a situacións que esgotan po [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 24 meses
Comentarios
-
Os Diplomáticos retrucavan dizendo con retranca que cantavan en galego por razons comerciais.
Comentario de eduardo hace 2 años y 25 meses
-
concordo coa súa opinión, Francisco, de que a literatura galega actual non é mellor nin peor ca outras. penso, non obstante, que nela persiste a limitación de sempre, consistente en entender autor en galego por Autor Comprometido, o cal en moitos casos se reflicte no que se escribe (lembre o que falabamos aqueloutro día sobre literatura popular en galego, é dicir, sobre a súa práctica inexistencia).
e vender 500 non o atopo tan extraordinario. de tódolos xeitos, trátase dun país de menos de 3 millóns de persoas onde non todo o mundo usa o galego tanto coma o castelán, convén reparar nisto.Comentario de brautigan hace 2 años y 25 meses
-
Desde logo, e iso é unha eiva importante. Unha demostración da nosa anormalidade é precisamente esa: todos os escritores galegos, no fondo, andamos polos mesmos sitios ideolóxicos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Hai outro tópico que tamén se oe de cando en vez: se escribes en galego, é porque é máis doado publicar en galego, grazas a unhas misteriosas e fabulosas subvencións das que moita xente fala pero das que ninguén sabe dar recado. Sexa por iso ou porque es un nacionalista intransixente, sempre ten que haber unha razón para que non escribas en castelán. En fin, paciencia, sigamos traballando e non perdamos o entusiasmo. Un saúdo.
Comentario de Veloso hace 2 años y 25 meses
-
Iso é o fundamental, non perder o entusiasmo
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Apoio o que di Veloso, non se debe afondar no victimismo, só conduce ao fracaso. Hai que confiar nos criterios propios e encauzalos para que cheguen a bo fin. Hai que positivar, pode parecer un típico tópico pero a pouco que pensemos comprobaremos que é así.
Unha aperta entusiasta e positiva.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 25 meses
-
Non ten nada malo o que dis. Todo o contrario. E así penso eu.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses