Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

PARVIÑOS

Os do Opus Dei xa falaran sobre O Código da Vinci hai uns meses. Agora volven á carga pedíndolle á productora da película que advirta de que "é ficción".
Hai que ser parviños.
A min ninguén me advertiu que fose ficción Mátrix, e, créanme, non penso en ningún momento que vivamos nun engano cibernético. E ninguén me advertiu que fose ficción King Kong, e estou ben certo de que non hai monos xigantes soltos por aí.
Onte falabamos do parviños que son algúns.
E hoxe, seguimos adiante no noso Planeta Parvura.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. As veces,nunha simple pelicula,se dan argumentos que fan pensar en outras posibilidades sobre o que xa nos teñen contado.Incluso nos libros feitos so para vender como é o caso do Codigo da Vinci,en mundos irreais como o de Matrix.
    Pero é o mundo destes personaxes,os do opus,non está un pouco construida sen moito fundamento e irreal????

    Comentario de bea hace 3 años y 44 meses

  2. E, pola contra, desde a súa emisora episcopal, nunca lle pediron a Pío Moa ou FJ.Losantos que aclarasen que o deles é pura ficción. E así nos vai, con milleiros (quizais millóns) de persoas convencidos de que as súas historietas folletinescas son puro rigor histórico-social.

    Vendo que os que teñen liña directa con el se unen ao coro da estupidez (se é que algunha vez estiveron noutro coro) podemos afirmar sen medo que isto xa non o amaña nin deus. A menos que o gran xefe mude de informadores.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 44 meses

  3. Os do Opus, bota unha ollada a algúns departamentos de Facultades na USC, con moita "vida" non parecen, pero parviños...
    Pode que sexan espabilados de máis.

    Comentario de bouzafria hace 3 años y 44 meses

  4. Certamente, Bea, viven nun mundo irreal. E como di Larvós, prefiren vivir nese mundo de Pio Moa ou Losantos, verdadeiros artistas da invención fantasiosa, xa que estamos. Pero o malo é que eles non o cuestionan e conceden que é verdade porque si. Bouzafria leva razón. Quizais son espabilados de máis.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses

  5. Fai pouco ,a salida de clase,un copañeiro contaba abraiado como unha señora,o parou e comenzou a preguntarlle se sabía que lle ocorreria a xente que renegaba do verdadeiro deus,Xeobá.
    A min ocorrerame o mesmo fai uns dias na mesma rua.
    Eu miraba aquela muller,xa crecida bastante,escoitaba como contaba que Deus fixera todo por ela,e que estaba mui enfadado e que esperabanos unha guerra.
    Pode que este caso sexa extremo,pero,deume moita lastima,como certos grupos así,poden acabar ca liberdade de pensamento da xente.
    ¿que beneficios lles produce?
    Eu xa non sei,pero aquela muller era un fantasma,¿quen lle fixera aquilo?Uns moustros....,que de seguro,non con tanta fe como ela,e con algo mais de cartos,estará moito mais feliz na sua posición de contacontos.

    Comentario de bea hace 3 años y 43 meses

  6. Abraiante, Bea, e a demotración do alienada que pode estar algunha xente... e como pretenden que, de paso, o esteamos os demais.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses

  7. Non estou de acordo. Eu xa teño escoitado un par de comentarios sobre o Código, falando del como si fora certo todo o que pon alí. Penso que os do Opus fan ben en preocuparse.

    Comentario de Máis Alá hace 3 años y 43 meses

  8. Por suposto que teñen todo o dereito do mundo a preocuparse. Pero son parviños porque esquecen que é unha novela. O Codigo non é un ensaio, non é un tratado, non son datos obxectivos, non é ciencia. É unha novela. É ficción. Se logo hai xente que toma unha novela como verdadeira... pois iso, parviños. ¿Imaxinas o que pensariamos de alguén que tomase Don Quijote como real? Pois diriamos: parviños.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009