VIGO. LIBROS... ¡¡¡NOXO!!!
Pasei, exiliado, a mañá do domingo en Pontevedra, disfrutando das casetas dos libros na rúa... Non pasou nada. As Tanxedoras do Pandeiro tocaron e Pepe Carreiro asinou os seus Bolechas, e Teresa Moure os seus libros e eu paseino de medo rodeado de libros e de palabras e de cultura e fun feliz en Pontevedra. Eu, que son de Vigo. Eu, que para celebrar o Día do Libro tiven que marchar da miña cidade.
Porque en Vigo, como xa sabe todo o mundo, o Concello prohibiu sacar os libros á rúa por se había un problema de seguridade, xa saben, polas aglomeracións...
¡¡¡Noxo!!!
O venres pasei por A Coruña. A pesares do temporal, unha boa cantidade de casetas lucían na Alameda. Durante toda a fin de semana os coruñeses saíron a atoparse cos libros. Outro tanto en Pontevedra, e no resto das cidades normais do mundo.
Pero en Vigo o Concello ignorou que o Día do Libro debería de ser unha das xornadas máis importantes do ano e prohibiu sacar os libros á rúa. Como me preguntou o meu cativo, lúcido aos seus dez anos, cando lle falaba de todo isto, entre libros, en Pontevedra: "¿é que non lles gusta ler?"
¡¡¡Noxo!!!
Será que non lles gusta ler. Ou, sexamos claros, que xa abonda de tanta mixiricada: é que lles importa un pemento a cultura. ¿Non houbo problemas de seguridade cando a Volvo Ocean Rice, que estaba alí medio mundo?, ¿non hai problemas de aglomeracións cada quince días en Balaídos, con tanta xente, algunha delas, por certo, ben perigosa?, ¿non se enche de xente Samil cando se celebra, ¡en Vigo!, a Feira de Abril e van todos a bailar e beber "finito"?, ¿non é un problema de aglomeración o que se dá, a diario, na rúa do Príncipe con milleiros de persoas aglomeradas mercando frenéticas?, ¿é que non é aglomeración o que se dá todas as semanas na Praza da Estrela co Botellón?
¡E nunca pasa nada!
¡¡¡Noxo!!!
Son vigués. Amo a miña cidade.
Pero hoxe só sento noxo e vergonza. Noxo e vergonza. Noxo e vergonza.
Referencias
-
[...] Onte falabamos do parviños que son algúns.
E hoxe, seguimos adiante no noso Planeta Parvura.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Dirección para referencias
Comentarios
Nombre
[...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 3 años y 43 meses
Comentarios
-
A verdade é que é ben triste.
Comentario de Lois hace 3 años y 43 meses
-
Tristísimo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Tendes que pensar como Corina. Ela imaxinou aos libreiros en Principe e mirando cara ao Calvario milleiros de persoas baixando por Urzaiz, toliños por facerse cun libro. Imaxinou o tunel de Beiramar, ateigado de coches buscando un lugar de aparcamento. Imaxinou Samil sin xente porque todos estaban en Principe cos libros. Imaxinou politicos, empresarios, futbolistas,... todos a mercar libros. E Corina tremeu de medo.
Comentario de Máis Alá hace 3 años y 43 meses
-
Moi bo, Máis Alá.
Quizais o que temeu é que lle atascasen os accesos ao Zara. E xa se sabe: o primeiro é o primeiro.
O outro día, facendo a compra no Carrefour, achegueime a sección de libros (si, son un adicto. Non podo evitar facelo, nin sequera no carrefour), e detrás min unha rapariga decíanlle ao seu mozo “vámonos de aquí, joder. Pero si no hay mas que... LIBROS”. Quedoume gravado o ton no que pronunciou a palabra “libro”. Era como si se referise a unha especie de abxectas alimañas a piques de botárselle ao pescozo e facer unha merenda co seu esternocleidomastoideo...
Arrepios dá esta cidade as veces. De verdade.
Comentario de Larvós hace 3 años y 43 meses
-
Moi bo, desde logo que si, o de Máis Alá. E sobre a rapaza do carrefour, á pobre igual estaba a saírlle un sarpullido, alí, rodeada de libros. Hai que comprendela. Ser pija ten estas cousas.
Comentario de Francsico Castro hace 3 años y 43 meses
-
Pois co botellón non se armou tanto escándalo, igual o que non queren é que nos emborrachemos de cultura.
Comentario de besbellinha hace 3 años y 43 meses
-
Si, porque cando un empeneca de cultura, vólvese ceibo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
eu teño unha historia pequena que pode mellorar o teu noxo de hoxe (totalmente compartido e entendido, por suposto!). Pasei hoxe pola Feria do Libro de Bos Aires e merquei no stand da Xunta de Galicia o teu libro que da nome a este blog. E estou feliz!!!!! xa te contarei cando o remate
Lindísimo iso que poder mercar un libro teu en Bos Aires, non si? outro xeito de festexar o día do libro. Comentario de torredebabel hace 3 años y 43 meses
-
¡Non sabes a ledicia inmensa que me produce ler isto! ¡Oxalá disfrutes del! Xa me contarás.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Pois nestes lares non se celebra este dia pero ainda estiven no Barnes&Noble botando olladas aos libros. Non merquei ningun que xa temos exceso de equipaxe.
Falando de aeroportos. Lembro un detalle que me deixou pampo neste pais. No 2001 (xustinho antes do das Torres Xemeas) fomos ao aeroporto de Asheville nas montanhas de Carolina e habia libros de segunda man a vender. O curioso e que non habia ninguen atendendo. Cada libro tinha un sobre pegado co prezo escrito. O mercador tinha que meter eses cartos no sobre e deixalos nunha caixa de carton que habia ali. Eu alucinei. Ana mercou un libro para ler no avion.
Unha cousa asi non se pode facer pola nosa terra. Imaxinas ?. A xente ou levaba os libros (dubidoo) ou levaba os cartos da caixa. Dende logo non ian pagar o valor real do libro e faria o paripe e meteria menos no sobre.
Non sei. Hai cousas deste pais abraiantes.Comentario de acedre hace 3 años y 43 meses
-
Por suposto, o que pasaría aquí sería que a xente levaría os lbiros sen pagar. E, non o dubides,sería xente non lectora. Quizais os lectores amosarían algo máis de sensibilidade.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Claro que si, hai que ser consecuente co que un representa, hai que ter a seguridade de que todo está controlado e atrancar o máis posible esa exhibición pública de moreas e moreas de libros impúdicos que poden eivar a xente co peor dos males habidos e por haber, o pensamento, esa cousa noxenta que dificulta enormemente carrexar co rabaño dunha beira cara a outra sen que se pregunten porqué.
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 43 meses
-
Rosa Velenosa: imposible dicilo mellor.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Pois non me estrañaría que nos cruzasemos sen sabelo, anque nós non estivemos na ringleira para que nos firmase o Pepe, e iso que levabamos tres contos del mais o que nos deron alí
Comentario de opaco hace 3 años y 43 meses
-
Pois é moi probable, porque botei alí toda a mañá.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 43 meses
-
Comprendo o teu enfado Francisco, sóbrache razón, pro, non perdas o animo, pensa que hoxe en día Vigo e quizais a cidade mais importante da cultura galega, e pese a quen pese e ben seguro que apesares das trabas, a seguir puxante, e de eso ti es parte activa, así de que, animo, e pensa, os políticos son “frores efémeras” e a cultura e “sempreviva”.
Unha aperta.
Comentario de E. F. B. hace 3 años y 42 meses
-
Grazas E.F.B. polos azos. Non esquecemos todo iso. E non deberían olvidalo os políticos, que son efémeros.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 42 meses