Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO É VAGALUME

No Día do Libro, este blog agasalla cunha Palabra Fermosa a todos os seus visitantes. E de balde


Como prometín, hoxe, Día do Libro, dou a coñecer a que, segundo os lectores desta bitácora, vén sendo a palabra máis fermosa do galego.
A verba escollida foi Vagalume.
Que vos dea luz, libros e futuro.

Referencias

Dirección para referencias

  1. Um mês depois de comezar o inquerito no blog do escritor Francisco Castro publica-se o resultado: A verba mais querida polos que passarom a dar a sua opiniom é "Vaga-lume".

    Referencia de chuza.org hace 3 años y 38 meses

  2. [...] vagalume, que como di o Francisco Castro, para darnos luz, libros e futuro. Lémbrao, pequechiño. Temas: opedrinho [...]

    Referencia de Opaco » Blog Archive » Libros hace 3 años y 38 meses

  3. Umha pequena explicaçom da bioluminiscência nos vaga-lumes, motivada pola eleçom desta palavra como a mais bonita do galego

    Referencia de O demo me leve hace 3 años y 38 meses

  4. [...] Náufrago do concurso para escoller a verba galega máis bonita. A palabra vagalume saiu gañadora e hai que recoñecerlle a beleza anque non se lle pode negar a beleza ás outras palabras concursantes. E o que lle comentei eu: nos concurs [...]

    Referencia de Norte Carolina » Blog Archive » Abril 2006 hace 1 año y 18 meses

Comentarios

  1. VAGALUME, ben bonita, por certo.
    E ben cumplidor, e polo tanto madrugador.
    No meu lugar chamámoslle FERRINO, ó VAGALUME.
    Olla, olla o FERRIÑO.
    Saúdos, noraboa o/a ocurrente, noraboa tamén a vostede pola iniciativa.
    Unha aperta a todos/as.


    Comentario de xulioDRabal hace 3 años y 38 meses

  2. Congratúlome contigo e co blogomillo
    Unha aperta

    Comentario de SZ hace 3 años y 38 meses

  3. Vagalume é unha palabra que creo que aparece escrita en galego(-português) nos orixinais das novelas de Emilio Salgari sobre o Corsario Negro.

    Para min a beleza é sempre diversa: Cando poderemos saber como quedou o resto da lista?

    Obrigado polo agasallo que nos deches.

    Comentario de Calidonia hace 3 años y 38 meses

  4. Unha aperta grande pola túa dedicación.

    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 38 meses

  5. Vaga-lume, vaca-lume, luce-cu, caga-lume, ferrinho. Bonita palavra, bonito becho, bonito regalo :)

    Comentario de Tawil hace 3 años y 38 meses

  6. Boa eleición final e noraboa pola iniciativa. Foi unha idea divertida e necesaria pensar na palabra máis fermosa do galego.

    Comentario de aldara hace 3 años y 38 meses

  7. Fermosa palabra, abofé. Grazas por non esquecerte. :)

    Comentario de peke hace 3 años y 38 meses

  8. Unha sabia elección dos blogueiros participantes. Lamento que as miñas propostas non tivesen aceptación no universo blogueiro pero respecto a decisión democrática e maioritaria. Un saudiño.

    Comentario de Boedense hace 3 años y 38 meses

  9. Unha das máis bonitas palabras que ten o galego, pero non a única :).

    Vagalume, soa moi ben.

    Comentario de IaRRoVaWo hace 3 años y 38 meses

  10. E unha palabra fermosa e expresiva que ben merece o premio.
    Isto e como a eleccion das misses: ganha unha pero as outras non quedan atras. Vamos, digo eu.

    Comentario de acedre hace 3 años y 38 meses

  11. Que ben! en Oleiros cando eu era cativo e as rúas non tiñan nomes as casas identificábanse por nomes. A nosa era "Vagalume".

    Comentario de Rodrigo hace 3 años y 38 meses

  12. Grazas a todos. Estou abrumado coas vosas participacións.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  13. Fermosa palabra. Facer esta enquisa foi unha idea luminosa. ;-)

    Comentario de Ghanito hace 3 años y 38 meses

  14. O galego merece unha palabra así de fermosa e tamén así de simbólica: unha palabra que fale da natureza, da luz e da vida para esta lingua luminosa, sabia e antiga que ten que vivir e sobrevivir. Unha gran elección!!!!!

    Comentario de torredebabel hace 3 años y 38 meses

  15. Pois moitas grazas. Luz para tod@s.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  16. A palabra máis fermosa do castelán é amor. Eu creo, aínda que amor tamén é bonita, que vagalume é moito máis bonita :).

    Podemos dicir que temos un dos idiomas máis fermosos.

    Comentario de IaRRoVaWo hace 3 años y 38 meses

  17. Desde logo, sen embargo, amor é máis tópica. Claro que é fermosa, pero tamén eu quedo con Vagalume.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  18. Parabens polo traballo e máis pola palabra tan preciosa...
    Bicos.

    Comentario de Muralla hace 3 años y 38 meses

  19. Moitísimas grazas. Bicos tamén para ti.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  20. ANDOLIÑA venres 28 abril
    Vagalume, ardora, andoliña

    Marcos Valcárcel

    Seguindo o fío de onte, tamén se fixo en galego o concurso sobre a palabra máis fermosa e diso quedamos en falar hoxe. Foi iniciativa do escritor Francisco Castro desde a súa bitácora A canción do náufrago.

    Houbo máis de cen propostas e quero recoller algunhas ben fermosas: aloumiño, andoriña, ledicia, chorima, brétema, caluga, bufarda, folerpa, axóuxere, escaravello, poalla, solpor, luscofusco, donicela, bolboreta, améndoa, vichelocrego, gorentar, fiúncho, mainiño, borboriño, pardal, costro, lóstrego, etc. Nos blogs galegos está vivo este debate (tamén no meu) e un amigo fisterrán mándame estas xoias do mundo do mar: ardora, rompente, marusía, ronsel, vogar.
    Pero a gañadora foi ‘vagalume’, ese bechiño (Lampyris noctícula) que disque lle brilla o cu, sobre todo á femia, en medio da escuridade da noite. Si, merecía gañar. E ademais ten unha ampla gama de sinónimos de beleza non menor. Escoiten: lucecú, luceiro, lucerna, corcoño, coroceiro, ferriño, vella do caldo, verme da noite...

    E moi preto do vagalume, compartindo a súa levidade e a súa fugacidade, está a miña querida ‘andoliña’ que recollera nos vellos tomos verde do seu dicionario don Eladio Rodríguez González.


    Comentario de marcos valcárcel hace 3 años y 38 meses

  21. A lista de palabras do artigo de Marcos Valcárcel deron en poñerse unha detrás doutra, relacionándose entre sí, coma se xogando se expresaran:

    EMPACHO DE VERBAS FERMOSAS (ARDORA)

    Co aloumiño da anduriña
    estarrecín de ledicia.

    Nin chorima nin brétema
    dobregarían a miña caluga.
    Nin os cabelos na bufarda,
    cal mainiñas folerpas
    no branco silencio
    de axóuxeres acalados,
    me someterían.

    Vin, no solpor, entre lusco e fusco,
    ao escarevello evoluír entre a poalla
    mentres a donicela borboriñaba á bolboreta
    amargas améndoas,
    mouras coma o peteiro do vichelocrego.

    Nin o lóstrego fendería
    a súa maldade agochada.
    Nin o costro do fiúncho con zucre
    adozarían as súas intencións.

    O pardal arrepiou de presentimento.
    El nada sabía do debezo
    de vagar na maruxía,
    nada de tremer no rompente
    mais... nada tampouco sabía
    da esperanza do ronsel:
    VAGALUME para as novas xeracións
    máis sabias ca nós.

    Comentario de Rita Mourenza hace 3 años y 38 meses

  22. ¡Canto talento, Rita! Sobre todo, engaiolan os dous derradeiros versos. Parabéns e grazas.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  23. Vagalume: palabra-luz, lampariña acesa, acendido misterio, lampo de lúa que pasea polas veiras da escuridade. Soño dos meus veráns de nena... Vagalume. Xoia nas miñas mans.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 38 meses

  24. Amara Orzania: vagalume na boca. Moi fermoso. Grazas.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.