E A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO É....
Francisco Castro - 21-04-2006 14:40:01 | Categoria: Todos os meus artigos
Acougade, que sodes uns impacientes.A resposta: o domingo 23 de Abril, Día do Libro

Despois de algo máis dun mes desde que esta bitácora propuxese aos internautas que axudasen a buscar a palabra máis fermosa do galego, pasado mañá, domingo ( isto é unha excepción neste meu blog que só traballa de luns a venres... que conste ), dirémoslle ao mundo cal é a palabra, segundo os internautas, máis fermosa do galego.
Xa que logo, estade atentos o domingo.
( E unha paréntese malévola: ¿non vos decatastes da cantidade de páxinas que os xornais, incluso os galegos, dedicaron á pescuda da palabra máis bonita do castelán? Non houbo medio de comunicación galego que non se ocupase desa españolísima votación. Sen embargo, desta nosa aventura.... ninguén dixo nada de nada en ningún sitio. E a proposta castelá naceu, tamén, nun sitio virtual... ¿Significará iso algo? )
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Iso correspondese un pouco,co interés que a xente ten.aínda hai xente que encontra a veracidade na televisión,e xente que non cree que os periodicos estean inclinados politicamente por o partido que governa nas suas oficinas.
Cando non ves nin te preguntas mais do que a sociedade ensina,creer no que che din e unha esperanza alentadora,o por o menos,mais que preguntarse mais alá diso,din que produce certa desconfianza para algunha xente.
Alternativas como internet,danche a posibilidade de buscar informacions alternativas ,sen limitarte os intereses dunha maioria.
paz e amor.moitisimo amor.Comentario de bea hace 2 años y 25 meses
-
O domingo de seguro que buscaremos todos milleiros de palabras fermosas entre as páxinas dos libros...os xornais, que espabilen que quedan obsoletos se non dan conta das iniciativas que tamén xorden neste norte.
Comentario de besbellinha hace 2 años y 25 meses
-
É interesante o que dicides as dúas: Internet é unha alternativa, sobre todo, para saber cousas das que os medios, digamos, normais, non se fan eco. Teño para min que os xornais non están decatándose da importancia do fenómeno blog como un medio de comunicación novo e completo.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Non podo estar máis de acordo. Internet, sen dúbida, supón unha grande liberdade de acción. Ademais poden crearse medios de comunicación sen desaforadas inversións económicas, que era o que até agora, por exemplo, impediu a creación dun xornal galego decente (en galego, claro).
Penso o que os xornais galegos “castellanocéntricos” van pagar cara a súa actitude. Son os reis do papel, pero estou seguro de que as edicións dixitais, pouco a pouco, vanos facer recuar moitas posicións. E ademais da liberdade dos blogs, no plano dixital, a prensa galega en galego lévalles moita avantaxa. Unha razón para o optimismo.
Comentario de Larvós hace 2 años y 25 meses
-
ao melhor chego tarde, mas quero aportar a minha palavra, que nom é outra que esta que uso eu de nome. frangulha. frangulha, gosto dela porque lembra o sabor e o tacto do pam, a parte mais deliciosa do alimento básico; e também porque assinala a importância que pode ter o pequeno. acredito que é umha palavra muito feminina. feminista também.
Comentario de frangulha hace 2 años y 25 meses
-
NON SEI SE CHEGO TARDE, DESPISTEIME...
ünome a fermosa iniciativa de preserva-la túa palabra máis amante,
máis doce, as miñas, as primitivas pai, nai, e a composta que usamos, pero que tardamos en nos dar conta,
"Leite do calostro".
Escasos, segundiños,
nada máis vir ao mundo
ensangentado,
aillado polo nó do embigo
despois da viaxe do parir,
maletas a medio desfacer,
o primeiro líquido,
conversa primeriza,
corpo afóra,
nai doce, filla-o,
espeso, quente,
mediciñal,
leite da saúde,
pegañoso,
mitá sangue,
leite mitá,
trastallado,
das entranas abertas,
chuchado no pezón.
Dentes do leite,
polo leite que mamei.
Comentario de XuliodRabal hace 2 años y 25 meses
-
Marabilloso. Grazas
Comentario de FRancisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
O curioso do caso se as miñas informacións son correctas, é que xa houbo intentos de realizar un informativo en Galego en tempos do anterior executivo e mesmo na actual etapa de goberno se sucederon diferentes tanteos para realizar dita operación, aínda que parece ser que de novo volve a estar en stand by pola non rendibilidade do proxecto. Se isto é así, correspondería á administración moverse, posto que a mesma non debe de ver desde a óptica financeira esta acción.
saúdosComentario de SZ hace 2 años y 25 meses
-
Volvo dicir o que sempre digo: como confiemos na administración para facer as cousas...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Eu penso que o que significa é que a comunicación flue e a interconexión existe, en esencia non somos tan diferentes...
Unha aperta grande.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 25 meses
-
E iso é sempre o máis importante: a comunicación. Unha aperta.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses