¿POR QUE A XUNTA NON PREMIA AOS LECTORES?
Francisco Castro - 20-04-2006 14:38:34 | Categoria: Todos os meus artigos

Leo que a Xunta de Galicia vai agasallar ( alucina veciña ) con viaxes ao Caribe, a Canarias, así como con outros presentes, a aqueles que deixen de fumar.
Que cousa.
E digo eu: ¿por que a Xunta de Galicia non fai un programa que premie a aqueles que lean literatura galega?, ¿por que non enviar ao Caribe a aqueles que se culturicen con libros de nós?, ¿por que non enviar a Canarias a aqueles que demostren ter lido máis libros na nosa fala? Medrarían as vendas, a cultura do País e a xente entendería, por fin, que a nosa literatura pode axudarlles a mellorar as súas vidas e, sobre todo, as súas vacacións.
Así que, retrancas a parte, sexan prácticos. Non lean. Fumen e logo deixen de fumar. Que hai premio por Cortesía Breogania.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Completamente a favor. Por que non premiar a intelixencia fronte a simple vontade, por outra banda, tan recomendable para os desgustos da vida? Témome que se trata finalmente de favorecer a continencia e non a capacidade crítica (algo, polo demais, típico de calquera forma de poder)
Comentario de Conchi Regueiro hace 3 años y 44 meses
-
E que é para alucinar Fran. A unha nunca deixa de sorprenderlle por onde van saír os nosos gobernantes. Os que tomaron esta decisión deben de estar levando moi mal, moi mal o de deixar de fumar ou quizáis estén pensando nos votos futuros dos ex-fumadores .... A verdade é que a medida soa a chiste. A Xunta non ten que premiar a ninguén. Ten a obriga de facilitarnos a vida a todos e nese todos estamos os non fumadores, os fumadores,os que decidan deixar de fumar ... e tamén os lectores e as lectoras de literatura galega. Mais para facilitarlle a vida a todos os contribuíntes hai que pensar moito, coordinar moitos intereses diverxentes e iso custa moito. Optan, claro está, por o que é máis rentábel para eles: medidas efectistas tipo slogan publicitario de campaña electoral.
Comentario de Chus hace 3 años y 44 meses
-
Creo que sairíamos ben parados coa túa proposta, Náufrago

Apertas.Comentario de Hai Cada! hace 3 años y 44 meses
-
Está claro, todo o que dicides os tres. Soa a chiste. É unha medida efectista. Unha cousa cómica.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
Se para que deixemos de fumar adozanos o síndrome de abstinencia cun viaxe ao Caribe ( moi sospeitosa por outra banda ese destiño tan afastado, dende aquí non se pode cheirar se os gañadores o celebran cun bo habano -¡cigarro eh!-, ¿a onde han mandar a xente que le literatura galega?. Que eu saiba os viaxes á lúa aínda non están operativos...
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 44 meses
-
Cando menos, ao País das Marabillas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses
-
É que hai moita lista de espera no SERGAS, cando haxa lista de espera nas librarías igual nos mandan de viaxe.
Comentario de besbellinha hace 3 años y 44 meses
-
Oxalá
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses