Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

LIBRO ABERTO

Á fin un programa de libros na TVG

Onte soubemos que o esperadísimo programa de libros da TVG xa está para comezar. Será o vindeiro día 30 e estará dirixido polo escritor Luís Rei Núñez, e presentado por outro escritor, Manuel Romón.
A nova é feliz por moitos motivos.
En primeiro lugar porque era terrible ( e todo un síntoma ) que a nosa televisión non tivese un programa dedicado á literatura. Pero, sobre todo, é unha noticia festiva porque vai centrarse en autores galegos que escriben en galego. É dicir, será un programa centrado na literatura galega ( que, por se alguén o esqueceu, é a que se fai exclusivamente en galego ). É unha nova feliz porque vai haber cada domingo ( velaquí a única chata que podo poñerlle: a hora de emisión, os domingos arredor das 12.30 da noite ), unha entrevista a un autor que veña de publicar recentemente ( comezarán, imposible mellor, con Agustín Fernández Paz; aínda onte disfrutei do seu Fantasmas no Corredor ). Se ademais lle sumamos a nómina dos colaboradores (Laura Caveiro, Xesús Fraga, Ramón Nicolás, Mercedes Queixas, Camilo Franco, Miguel Anxo Fernández... entre outros ), a cousa promete.
Boa navegación.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Esta nova lembrame a candion dos Les Luthiers onde facian unha parodia dos anuncios televisivos e saia anunciado o programa Cultura para todos no seu horario habitual das tres da manha.
    Non e tan tarde pero chegalle.
    Un saudo.

    Comentario de acedre hace 2 años y 28 meses

  2. QUE BOA NOVA!!!

    Si señor, xa era hora. A horiña en cuestión ten tela, pero ben: mellor iso que nada. Ademais, de conseguir audiencia, seguro que conseguirán pasalo a un horario mellor. E así xa veremos se nos merecemos máis cultura, ou máis “pocholos”.

    Por certo, non estaría mal (co seu beneplácito, claro) que o posteo dos luns se adicase a intercambiar impresións sobre o programa da noite anterior. Parece unha idea seductora e que semella canxar ben coa liña do seu blog.

    Saudos

    Comentario de Larvós hace 2 años y 28 meses

  3. ¡Canto temos lido con Les Luthiers! Pero imos apostar polo que di Larvós. A ver se hai fortuna e a cousa vai ben e poden pasalo a unha hora de máis audiencia. De feito, o programa Alalá, dedicado á música tradicional galega, funciona moi ben e é a unha hora máis que decente. Sobre o dos luns, paréceme unha idea fantástica.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses

  4. A ver se o poñen na TVG versión internacional, que non é a primeira vez que deixan fora algo que teño interese en ver... 30 de abril... haberá que estar atenta.
    Apertas.

    Comentario de Hai Cada! hace 2 años y 28 meses

  5. Se non estou mal informado ( que pode ser ), coido que a TVG se pode ver desde a súa páxina web. Téntao.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.