Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

DÚAS CRÓNICAS: PHILIP ROTH E ROMÁN RAÑA

Resumo das miñas vacacións

Pasei a Semana Santa de viaxe... atravesando dun lado a outro dous libros engaiolantes.

Por unha banda, Me Casé con un Comunista, de Philip Roth. Un libro que representa o que para min é a maneira desexable de escribir: frases rotundas, frases redondas, frases cheas de sentido, frases-dinamita. Xa me pasara con Patrimonio: namorei da música do libro e, sobre todo, do final. A historia é, como practicamente toda a súa obra, unha crónica da sociedade estadounidense. Do peor da súa sociedade. E, sobre todo, é a historia dun protagonista rotundo, redondo, cheo de sentido, un personaxe-dinamita.

A outra viaxe foi polo libro de Román Raña, As Metamorfoses do Túnel. Hai versos que xustifican o libro enteiro. Como el mesmo recoñece no epílogo, o libro é unha crónica do optimismo. Felicidade que transpira e que se contaxia.

Velaí as miñas vacacións. E velaquí a crónica.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. A verdade é que os dous títulos son do máis suxerente, terei mercar billete para eses lares...
    A "estancia" parece que foi boa e reconfortante, pola túa expresión.

    Unha aperta grande.
    ;)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 25 meses

  2. Pois si, en verdade que foi grata e reconfortante. En troques de coller o coche e marchar por aí, poder disfrutar dun Vigo case baleiro e cun bo libro nas mans... iso é impagable. De feito, unha das tardes boteina tirado na herba na Praza da Estrela, gozando do sol, mentres meu fillo xogaba á pelota cun amigo. E pensei: así quero vivir sempre...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  3. Hai tempo que sempre que podo, viaxo fóra das datas “obligatorias” para gozar diso que tan ben describes e tamén estiven nese tipo de viaxe, con. En busca de Spinoza de Antonio Damasio.

    Unha aperta

    Comentario de SZ hace 2 años y 25 meses

  4. Non coñezo ese libro, pero só o título xa parece abondo suxestivo. ¿Poderías contarme algo máis?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  5. Pola miña banda, tiven como inseparábel compaña durante a Santísima Semana, as recopilacións de artigos de Carlos Casares publicadas por Galaxia. Non explico ningún “qué tal?”, porque o evidente non precisa ser explicado.

    Comentario de Larvós hace 2 años y 25 meses

  6. Evidente.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  7. Maxina; Costa da Morte, praia de Baldaio, inmensa, deserta..., sol, pero non para tomar senón para respirar, e ter tempo para volver a ler Merlín e familia, e a familia a catro ou cinco metros de area, afastados pero preto dabondo para escoitar os seus risos.... Vigo nunca esta baleiro dabondo para poder gozar así.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 25 meses

  8. Rosa: envexa, grande, moi grande.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  9. O subtitulo do libro é toda unha invitación a seguir lendo “Neurobiología da Emoción e os Sentimentos” e evidentemente Antonio Damasio, empata a neuroloxía, coa filosofía de Spinoza, ao que admira. É un libro de doado lectura no que os temas técnicos están perfectamente explicados, co que sen ser unha obra de divulgación científica, permite introducirse nos vericuetos do cerebro por onde circulan as nosas emocións.
    Damasio é premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica.
    Un saúdo

    Comentario de SZ hace 2 años y 25 meses

  10. Moitas grazas. Xa sei que vou ler cando remate o que estou lendo agora.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  11. Pois eu tiven por compaña a Alberto Savinio e o seu libro sobre Mauppasant. é un libro fermoso porque é un ensaio sobre o contista frances pero dotado de humor. A min gustoume unha idea que di que cando les a Maupassant tes que lavar a faciana.
    Tamen nas vacacions tiven un sorpresa moi boa. O domingo de Pascua cando merodeaba polo rastro madrileño atopei nun posto dous libros galegos, daquela coleccion fermosisima de peto da editorial Akal. Era a novela de RamoN Valenzuela e unhos ensaios sobre a santta compaña de Novoa santos y rof carballo.
    Por certo fun ver unha exposición na bibilioteca nacional sobre catauotres. Coma sempre a presenza de Galicia escasa. Simplemente se non me equivoco un cadro de Xose Luis de Dios que foi usado coma portada dun disco de Benedicto.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 25 meses

  12. Sen embargo, segundo a SGAE, o poeta máis musicado de todo o estado é.... Celso Emilio Ferreiro. E, precisamente, polos cantautores.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.