Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿QUEREDES UNHA VERDADEIRA REFORMA EDUCATIVA?

FAGAMOS UNHA XERACIÓN DE LECTORES


No congreso do que falabamos onte, José Antonio Marina dixo algo que comparto e que me parece unha gran verdade ( politicamente incorrecta, pero verdade ): o actual sistema educativo disuade da lectura, desanima a ler. Propón, diante desta eiva, a creación da figura dun bibliotecario escolar pero que sexa experto en animación á lectura.
Onte mesmo, o goberno aprobou a LOE, dicindo que era unha verdadeira reforma educativa.
Agora falo eu: ¿queredes unha verdadeira reforma educativa?
Facede unha xeración de lectores.
Iso sería reformar a escola e, de paso, a sociedade.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. acaso teñan razón os que opinan -o último que lembro foi Quim Monzó- que habería que prohibi-la literatura.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 44 meses

  2. Entre moitas outras cousas, unha sociedade lectora seguro que resolvía , en boa medida, tamén os problemas da nosa lingua.
    Eu, cando menos, non coñezo a ningún lector (lector de verdade, de pata negra, non ocasional) que non sexa, como mínimo, moi respectuoso coa lingua galega. A xente directamente hostil, pola contra adoitan ser bastante zafios.
    Supoño que se debe a que a lectura estimula a sensibilidade, e ninguén culturalmente sensíbel pode deixar de respectar algo da importancia dunha lingua.
    Non sei se os libros poden mudar o mundo, pero estou seguro de se os libros non poden, entón nada poderá.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 44 meses

  3. Quero sumar unha historia a este post. A miña nai (unha galega de case 60 anos) foi moitísimos anos mestra de escola e -cando o corpo non lle deu máis- estudou na universidade Bibliotecoloxía e siguiu nas escolas pero traballando dende as bibliotecas. Estas, sempre en lugares pequenos, oscuros e pouco visibles, foron cambiando co traballo firme e forte da miña nai que sempre pensou (e ainda pensa) que son os libros os que salvan a calquera persoa dos piores males do mundo. E ela ben sabe do que fala, que chegou á Arxentina coa fame nos osos e traballa dende sempre con nenos marxinais e en escolas máis-que-pobres. Ao pouco tempo e por falta de libros, tivo que por turnos e limitar o uso da biblioteca á marea de rapaces que pasaban os recreos procurando libros en lugar de correr e xogar no patio. Os nenos lian de todo!!! pasábanse os datos dun libro e pedíanllo ata gastarlle as follas. Miña nai arrenxaba canto podía os libriños e outra vez ás mans famentas de histórias. Eses nenos, podedes estar seguros, non só non tiñan libros na casa senón que tampouco podían mercarlos. E debíades ver a algarabía e o interes verdadeiro cos que levaban eses libros por unha semana. Así, ademáis, miña nai descubriu canto interésalles a poesía (ainda que nos contidos escolares case non ten lugar) e moitos deses nenos arxentinos leron os versos de Rosalía de Castro (en castelán) e pasáronse o libro. Hai moito que facer aí, nese primeiro tempo. E logo, o camiño xa estará preparado para que aqueles nenos sexan homes e mulleres libres.

    Comentario de torredebabel hace 3 años y 44 meses

  4. brautigan: igual se prohibisen a literatura, por iso da clandestinidade, leriamos máis. Larvós: en efecto, non imaxino a un neonazi lendo, a verdade que non. Torredebabel, que historia máis fermosa, aí tes unha novela. Parabéns para túa nai. E algo moi importante que dis e que comparto totalmente: hai que meter a poesía nos programas escolares, nas lecturas dos cativos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses

  5. Hoy fuí a EL CORTE INGLES (si, lo siento) a comprar el libro EL PRINCIPITO para mi mujer. A la hora de pagar encontré un folleto anunciando la convocatoria del XIV PREMIO DE POESIA ESPIRAL MAIOR.
    Después leí el FARO DE VIGO en un bar y comprobé que el libro más vendido en gallego (según una encuesta realizada en tres lugares de venta de libros) era uno que se titulaba "Brooklyn noseque..." de un autor de nombre y apellidos extranjeros.
    Una de cal y otra de arena.

    Comentario de Rafael hace 3 años y 44 meses

  6. Pois si, unha de cal e outra de area. Aínda que algo habería que dicir sobre iso, Rafael. É unha boa nova que El Corte Inglés patrocine un dos premios de máis prestixio da literatura galega, como é o Espiral Maior. Por outra banda, está moi ben que o novo libro de Paul Auster saia en galego ao mesmo tempo que en castelán. Mágoa non pasase con máis libros. Outra cousa é que sexa o máis vendido. Hai libros de nös que ben que o merecerían.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses

  7. o que pasa aí co libro de Auster pasa tamén na literatura en castelán, para quen guste de comparacións. Dan Brown non é de Albacete. penso que a xente non se da moita conta disto.
    e iso de que os nenos lean no recreo no sitio de xogar, aí xa non sei. ben, si que sei.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 44 meses

  8. Non ho, no recreo, hai que brincar.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses

  9. Home, ao lado do Auster tamén andaban Alfredo Conde, Teresa Moure, Diego Ameixeiras, Camilo Nogueira... E Auster é moito Auster, non?

    Comentario de Estivi hace 3 años y 44 meses

  10. Moito, abofé que si.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses

  11. Por certo, Náufrago (xa que hai pouco movemento por aquí, vou aproveitar para facer un comentario descontextualizado):

    Lin hai xa algúns meses Xeración perdida, e sinceramente gustoume moito. Non tanto pola temática en cuestión (que tamén) senón por ese narrador, que ao tempo que narra, divaga sobre o feito de narrar en xeral, e de narrar en galego en particular.
    Unha das cousas máis “simpáticas” de moitas novelas en galego é que cando o protagonista entra no Corte Inglés, fala en galego, e non lle pasa nada. Nada. Ningún comentario ao respecto. Queda, como diría eu, como se houbese liñas pendentes. Porque calquera galego falante sabe que o normal é que, de cando en cando, esta condición che depare anécdotas e situacións curioriosas, algunhas con graza e outras (por desgraza) sen a máis mínima. Eis unha das razóns polas que me entusiasmou o ton narrativo de Xeración perdida, pois encaixa moi ben no tempo que vivimos, e que nos fai, como ao narrador, imposíbel falar sen falar de cómo falamos.
    Por outra banda, o tema das drogas é delicado. Unhas veces frivolizase ou heroefícase, outras dramatízase en exceso. E aí tamén moi ben. No seu punto. Sen negar o evidente pero sen pasarse.

    E veña. A ver si se repón, que isto está moi parado ultimamente.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 44 meses

  12. Prezado Larvós: estou roibo de emoción polas túas palabras sobre Xeración Perdida. Gústame moito o que dis, non tanto porque gabes o libro ( que tamén ) senón porque sabes verlle cousa que eu quería que se visen e que, en xeral, pasáronse por alto, sobre todo o asunto da voz narradora. Moitas grazas por esas palabras tan estimulantes.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses

  13. Penso que se non destacaron as digresións en Xeración Perdida (que eu tamén louvaria) será porque a crítica galega é, salvo alguma honrosa excepción, demasiado incompetente.
    Saúde e boas férias para quen corresponda.

    Comentario de eduardo hace 3 años y 44 meses

  14. Boas ferias tamén para ti.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 44 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009