Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿É QUE A LITERATURA SÓ PODE SER UN GRAN NEGOCIO?


Alberto Manguel é un escritor arxentino que escribiu entre outros un libro marabilloso que non podo deixar de recomendarvos e que se chama Una historia de la lectura.
Onte, no Congreso Nacional de la Lectura, declarou que a literatura a día de hoxe só é un gran negocio, e que o obxectivo xa non era a creatividade senón a gañancia.
¿Leva razón?

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] onte, José Antonio Marina dixo algo que comparto e que me parece unha gran verdade ( politicamente incorrecta, pero verdade ): o actual sistema educativo disuade da lectura, desanima a ler. Propón, diante desta eiva, a creación da figura du [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 25 meses

Comentarios

  1. Supoño que hogano ese mal afecta xa a todo canto hai. Todo pola pasta, que se soe dicir.
    Non hai moito vin un documental sobre iso que se denomina “enfermidades raras”. Resulta que como non sería rentábel fabricar fármacos para enfermidades con tan poucos doentes (as ventas non acompañarían) os laboratorios -que tamén se converteron en negocios- pasan de investigar. É horribel imaxinar a impotencia que teñen que sentir esas persoas. No tocante á saúde, se adoecemos, polo visto, máis nos vale adoecer de algo que se poida tratar con medicamentos “best-seller”, porque senón si que estamos fodidos.

    Supoño que a literatura sofre o mesmo mal.

    Estas verdades doen, pero en fin. Darlle as costas sería ser cómplice. Así que mellor sacalas á luz.

    Comentario de Larvós hace 2 años y 25 meses

  2. Moi atinado o exemplo das enfermidades raras. Por desgraza, é así. Estou certo de que se inventasen algún fármaco que acabase para sempre coa gripe, prohibirían a súa comercialización.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  3. Non tenho capacidade para facer uma análise profunda do mundo editorial galego, mas tamén pode darse a falta de percepción da demanda real e do "mercado" potencial pola banda dos editores.
    Numa cultura fundamentalmente dependente da Administración, como a galega, o mercado óbviase e, nomeadamente, polos "empresários" que non tenhen que lidiar coas suas leis e crueldades. Iso déixano para os currantes que trabalhan para eles, cobran mal ou non cobran e ainda venhen quedar como se lhes deveran un favor. Os axentes que terian (entre outras cousas) que vender, non tenhen incentivo nen interese ningun en facelo; nen sequera en distribuir a sua "mercadoria".
    Na Galiza, a sobreprodución de títulos e, sentindo discrepar de moita xente, a baixa calidade en todos os xéneros (ainda que o ensaio, por exemplo, sexa menos que testimonial) producen un efecto de confusión e desprestíxio nos leitores do que haverá que render contas algun dia.
    Ou mudan os conceitos polos que se conceden as subvencións ou, tanto Administración como editores, van ser uns dos máximos responsáveis do afundimento da cultura e, tamén, da língua.

    Comentario de eduardo hace 2 años y 25 meses

  4. ¡Todo pola pasta!. Que c... voume deixar de parvadas e escribir un CODIGO DE ALGO ou a historia dun neno MAGO, ou algo que gañe o PLANETA, ou algo con moitas COMAS, ou con moitos PUNTOS, ou fago coma o outro e collo a guía te TELÉFONOS, xa verei... a creatividade só da dor de cabeza, para escribir unha liña inspirada hai que mercar aspirina a granel. Problema: Na farmacia non venden a fiado.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 25 meses

  5. Pois nada, anímate, e cando sexas unha best-seller, acórdate dos que non o somos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses

  6. respecto ó comentario de Rosa Velenosa: a meirande parte da literatura chamada comercial non adoita calificarse de obra mestra máis ca por aqueles ós que lles convén facelo. Quizáis non se chaman así porque os seus autores nin sequera o procuran ó escribilas. non son libros que me digan grande cousa, non se identifican cos meus gustos. pero hei de recoñecerlles un mérito, e é que non son tan doadas de crear como moita xente cre.

    Comentario de brautigan hace 2 años y 25 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.