A DEMOSTRACIÓN DE QUE A NOSA LITERATURA É COUSA MENOR
Francisco Castro - 05-04-2006 14:33:08 | Categoria: Todos os meus artigos
O outro día, lendo o suplemento do sábado de La Voz de Galicia, atopei unha reportaxe na que lle preguntaban a unha serie de mulleres sobre que cousas raras fixeran por amor.Unha das entrevistadas era a escritora Lucía Etxeberría, que declaraba que, por amor, adelgazara, escrito miles de cartas, e visto "El señor de los anillos". Impresionante.
Pero non é por iso polo que traio á escritora aquí, senón porque esa entrevista demostra con claridade o pouca cousa que é a nosa literatura.
Explícome.
Nunca a min me preguntaron tal cousa os xornalistas. Nin a ningún outro escritor ou escritora do noso sistema literario. Non nos consideran xente glamurosa, ¡non teñen interese pola nosa vida privada!, ¡que desastre! Como somos escritores consideran que somos tipos insensibles, que non amamos, que só valemos para escribir. En definitiva, que non lles importamos.
Por favor, léase o post con retranca. Ou non.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Lucía Etxebarría é o peor do peor...!!!!!!
Nunca, nunca, nunca se compare vostede con ela!!!!!
Agora vou metelo nun compromiso, espero que me perdoe... Quero que me recomende un libro seu (de Francisco Castro, non de Lucía
), que vou a Galiza esta SS e hai que renovarse.
Unha aperta.
P.D.: Levo varios días sen poder entrar no seu blog.Comentario de Hai Cada! hace 2 años y 25 meses
-
Grazas. Eu recoméndoche Xeración Perdida. Polo de hoxe, é a obra da que estou máis orgulloso, e recibiu algunha que outra distinción dos críticos galegos. A ver se lle gusta. Máis unha vez, grazas ( e os problemas do blog xa están - espero e cruzo os dedos - superados )
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Quizais teñan medo de non entender o que din os escritores que falan en galego...ou son dos que coidan que "el castellano" abre todalas portas...
Comentario de pepe penas hace 2 años y 25 meses
-
Pois igual é por iso.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Pero que interese na literatura galega esperabas que ía ter un xornal galego que escribe en castelán? De teren (máis) interese, escribirían en galego, non si?
Comentario de Gemma hace 2 años y 25 meses
-
Hai moreas de exemplos que demostran o pouco interese dos nosos medios pola literatura galega. O Faro, ben recentemente, fíxose eco das senllas presentacións de Luísa Castro (normal, é unha boa escritora) e de Abel Caballero (!!!!), pero ignorou por completo as que se fixeron no mesmo lugar de libros en galego, algo que me doe moito, e xa non só porque me afecte persoalmente, senón porque é un insulto á nosa literatura e, atención, ao xornalismo galego, que demostra unha pobreza intelectual e unha incapacidade de comprensión autenticamente alarmantes. Por outra banda, teño que manifestar a miña decepción perante o novo programa da TVG, Miraxes. Recoñezo que só o vin dúas veces e pode que a miña opinión sexa precipitada, pero xusto me cadrou ver unha entrevista a Susana Fortes e outra a Luísa Castro, ningunha delas escritora en galego; por certo, dúas entrevistas totalmente desaproveitadas pola impericia e a falta de preparación dos preguntadores. A pesar de todo, sigamos na loita.
Comentario de Veloso hace 2 años y 25 meses
-
Gema: é certo que é vergoñenta a actitude dos xornais para co galego. Veloso: xa é a segunda crítica que escoito sobre Miraxes sobre o mesmo. Desde logo, deberían de mostrar máis sensibilidade coa literatura de noso. Sobre todo porque a outra xa está abondo cuberta.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Nun sitio lonxano,un galego fala da suas letras, da sua terra.
Cando un galego namora ou coñece a alguen moi especial,prometelle que algun dia ensinaralle o sitio mais máxico,ensinaralle onde acaba a bretema,onde comezan moitas historias,onde o mar non ten fin.
Cando un galego fala de Galiza,fala dos seus mariñeiros ,da chuvia,de Castelao,de Rosalia e mesmo da xeración do club xabarín.
Cando pensas que marchas e xa tes morriña,é que eres Galego e que levas a Galiza onde queres que vaias.
os que marcharon para a Ciudad condal,Madrid ou similares e din que son de ali porque sinten vergonza da sua procedencia,e logo chegan a Galiza e so queren marisco ,non son Galegos,e eles,ainda non o saben.
manda carallo
Comentario de Bea hace 2 años y 25 meses
-
Brillante, Bea, imposible dicilo mellor.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Señor Castro, dado que non é vostede pio-moista e non está pola labor de xustificar cabronazos, igual podía probar a soltar algunha do tipo: "yo meto el culo en una palangana y absorvo diez litros de auga por el culo".
A algún paisano noso funcionoulle.
Saúdos (enténdase tamén a resposta con retranca)Comentario de Larvós hace 2 años y 25 meses
-
Entendido esta, pero eu espero ter máis clase que Cela.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Grazas por contestar, aprezado náufrago, xa lle contarei se o tiñan en Vilagarcía ou foi producto dalgunha outra incursión.
Apertas.Comentario de Hai Cada! hace 2 años y 25 meses
-
Pois nada, xa me contará. Máis apertas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses