OS DICTADORES SON UNS BURROS
Francisco Castro - 04-04-2006 14:38:36 | Categoria: Todos os meus artigos

Hai tempo que dixen que aínda que os dictadores queiran ir de cultos, en realidade, son uns burros.
E se nos dirixe un burro, rematamos sendo burros todos.
Só así pode entenderse o que lle pasou a Serrat cando o ministro de gobernación de Pinochet, lle prohibiu a entrada en Chile a el e ao seu letrista, un tal Antonio Machado. Como dixo Serrat: "Se ve que a esta gente de las bombas no les interesa mucho la lectura".
Burros, burriños, burros.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Hai un dito que escoitei non hai moito que afirmaba algo así: “é mellor un fillo de puta, que un imbécil, porque o fillo de puta de vez en cando descansa da súa condición”.
Cando a ouvín pareceume do máis enxeñoso, pero lido o caso que nos amosa (tras estrepitosa gargallada) empezo a sospeitar que os fillos de puta, no fondo, sono, precisamente porque ademáis son imbéciles. Non son adxectivos excluintes, senón que máis ben van da man.
Se hai algún psicólogo na sala, agradeceríanse observacións.
Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses
-
Eu non son psicólogo, pero é obvio que, en moitas ocasións, as dúas patoloxías danse xuntas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Carlo Cipolla dicía en "Allegro ma non troppo" que os estúpidos son a clase de persoa máis destructiva, moito pior que os malvados.
Lémbrome que Josep Pla prefería a unha persoa bondadosa sobre unha intelixente e Camilo José Cela opinaba o contrario. Cousas curiosas.Comentario de bouzafria hace 3 años y 45 meses
-
Desde logo, un estúpido que ademais non saiba que é estúpido, é temible. E se ademais ten poder, é un desastre.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Si a letra con sangue entra, para que se quere a letra, non si??. Mi madriña que tempos aqueles...
Larvós opino igual ca ti, penso que unha cousa vai unida á outra, só se podería puntualizar en casos concretos. Como dí o naufrago é un auténtico desastre.
Unha aperta grande para os dous.

Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 45 meses
-
E outra grande para ti.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Saúdos tamén para ti Marinha.
Bouzafría (saúdos tamén, claro):
Con respecto ao tema que citas de Josep Pla ou C.J. Cela, eu diría que unha boa persoa, alguén bondadoso, xa posúe, por natureza, unha gran intelixencia. Non nos confundamos, ao mellor lee con dificultade, ou non está capacitado para as matemáticas, pero a bondade, ao meu ver, xa implica unha intelixencia, que non é numérica nin conceptual, pero é a intelixencia máis importante para saber vivir dignamente. “Intelixencia vital” (ou algo así) poderíamos denominala.
Na universidade eu coñecín catedráticos, xeniais no seu pequeno feudo, que eran perfectos imbéciles no demais (qué estupidez hai máis grande que a soberbia?), e que xa quixeran a lucidez da miña avoa, que case non é quen de ler.
Apertas a todos.
Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses
-
E a xente así é a que dá gusto. De feito, teño para min que canto máis sabio é alguén, máis sinxelo é.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Hai moitos poderosos que son parvos, e montón de parvos que so queren ser poderosos.
Os malvados,por ser malvados,sempre serán parvos,por que comportarse de mala maneira nunca foi intelixente.
Aínda que se diga que moitisimas malas persoas foron listas,eu non o creo.Matar,extorsionar,facer guerras...non e intelixente,so e cousa de parvos que de tanto co son creen que son listos.
Un parvo e malvado o poder, e algo catastrofico,Bush, un claro exemplo, do que non vou facer comentarios por que a mañá comenzou ben e non quero agoniarme.
PAZ E AMOR
Comentario de Bea hace 3 años y 45 meses
-
O problema é que as persoas xenerosas, humildes, sabias.., e dicir; as persoas intelixentes de verdade, escasean. Os burros non. Desos hainos a patadas, e claro todo é cuestión de estadística, para chegar ao poder hai que saber esquivar as cotenadas dos outros e pegar máis forte. As persoas, e dicir os seres intelixentes, para daquela, na recta final, xa están arranxando a súa vida e tentando mellorar a dos que o rodean.
Mágoa de sistema.Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 45 meses
-
Bea: estou de acordo. Unha mala persoa non pode ser intelixente. Quizais sexa boa en determinada materia, un fenómeno dos números ou das cifras, pero non da moral. Rosa: a estatística é así. Estiveches certeira.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
Que nos pareza máis intelixente alguén hábil para o calculo infinitesimal, pero é un petardo insufríbel, que alguén coa habilidade de facerlle a vida máis agradábel aos que o rodean (é dicir, alguén que dignifica a vida mesma) supoño que é un síntoma da TITULITE paranoica que nos rodea.
Supoño que a sabiduría é, non tanto o que sabes, senón qué fas e para que empregas o que a vida che vai ensinando.
Gustei moito da evolución e conclusións finais deste post. Até o vou imprimir para leelo nos días de abatemento.
Saúdos a todos.
Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses
-
Concordo con todos vos no na imposibilidade de separar a intelixencia e máis a bondade - en sensos abstractos-. Puxen o exemplo de Cela e Pla - poidera estar equivocado, hai moitos anos, cecais era Salvador Espriu -, entrevistados en semanas consecutivas na TVE por Mercedes Milá, e se aquilo quedou prendido na miña memoria foi porque xustamente non son conceptos contrapostos senón colaboradores.
Apertas para todos.Comentario de bouzafria hace 3 años y 45 meses
-
Alédome eu tamén da evolución da discusión. Todos aprendemos. E, por certo, igual Mercedes Milá é un bo exemplo para analizar.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses