PROFESOR@S CREATIVOS
Francisco Castro - 03-04-2006 12:54:44 | Categoria: Todos os meus artigos
Un comentario políticamente incorrectoPasei a mañá do sábado dando un Taller Literario para profesor@s en Docentia.
A idea era darlles ferramentas para traballar a creatividade literaria na aula.
Coma sempre, foi un completo pracer xuntarme con xente do ensino que ten claro que dar clase ten que ser moito máis que impartir contidos baleiros que os rapaces"chapan" para axiña esquecer. Datos, díxitos, nomes, estructuras, contidos transversais, procedimentais... todo iso, ¿para que?
Unha mañá de sábado traballando con profesor@s cheos de enerxía que están dispostos a facer das súas clases un exercicio de creatividade, imaxinación e vida.
Así deberían de ser tod@s.
E mellor nos iría.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Xa o dicían os clásicos: “os humanos nacemos os uns para os outros. Así que hai dúas opcións: educalos ou aturalos”.
Estou farto de “aturalos” así que non podo deixar de aplaudir aos que intentan educalos. Olé
Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses
-
A aula componse de moitas paredes,pero sen facer dela un cuarto cerrado.De camiño da cama a mesa de clase,podes encontrarte cos teus pais,saber do teu interes por as materias.Na mesa podes encontrarte con distintos tipos de profesores,a uns lle interesará que aproves para non mirarte o careto mais,que supoño que serán as menos das veces,estan tamen os que pensan que para educarte xa estan os teus pais e que o seu traballo consiste en dar o temario,ti logo aprovas ou suspendes,el xa ten fillos os que educar e coidar,el só firmou un contrato non unha adopción.
E por ultimo existen un clase de profesores que creen que o seu traballo e unha ostra de confianza depositada en eles cara o futuro,das suas titorias saldran proximas xeracións.Coidan de que antes de listo sexas persoa,e non sexas un chulo se cadra,moi parvo.
Sempre que me encontrei con este tipo de profesor,que é o único que se ten gañado o nome,nunca lle neguei o respeto e o meu agradecemento perpetuo,xa que vexome obligada a responder a gran oportunidade de ser tratada como unha persoa e depositar en min unha pequena garantía da sua permanencia ca ilusión de seguir nas aulas enseñando da vida,do respeto...de que todos podemos pensar,se alguén cree en nos.
Sigue sempre así Fran,sinto moita honrra de poder dicir que fuches meu profesorComentario de Bea hace 3 años y 45 meses
-
Larvós, coma sempre, dis moito con poucas palabras. Como debe ser. Bea: o orgulloso son eu de terche tido como alumna.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
A minha Ana mandou un fato de postais feitas polos seus alumnos de Warrenton ao instituto do Porrinho. Diso xa pasou.
Pero o outro dia chegou un paquete con postais escritas por alumnos porrinheses en resposta a estes alumnos estadounidenses. A ledicia e asombro de Ana foron maiusculos. Agora estes alumnos teran un remitente real e quen sabe que deparara o futuro. Ana e a profesora de ingles do Porrinho (Elvira) son un exemplo de docentes que dan valor real e util aos conhecementos.Comentario de acedre hace 3 años y 45 meses
-
Pois beizóns enormes para Ana!!!!!
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses
-
A docencia ten que ser vocacional, hai que depositar cantidades industriais de entusiasmo e amor nas aulas para que @s alumn@s aprendan realmente con e do profesorado.
Unha aperta grande.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 45 meses
-
¿E cantos profesor@s se dedican ao ensino e non teñen ningunha vocación?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses