Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

GALICIA/GALIZA É UN PAÍS RARO

Lemos unha nova na que se di que, a pesares de que o galego é a lingua maioritaria, segue a perder falantes.
Galicia/Galiza é un país raro.
Porque non me dirán que non é raro que se rexeite o que todo o mundo entende como que é de seu, é dicir, a lingua.
Pero é normal que nos pase isto.
Porque somos o único país - Galicia/Galiza - que non sabe como se chama en realidade.
Un País raro.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Non saber o nome implica non ter identidade. A carencia de identidade implica non coñecerse a un mesmo. Non coñecerse a un mesmo pode ser por dúas causas: desidia ou amnesia.

    A amnesia cúrase. A desidia non.

    Comentario de O Breogán hace 3 años y 45 meses

  2. Pois que non sexa desidia.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses

  3. Estamos mal, si. Para que negalo. Pero o importante é lembrar que non estamos vencidos. E isto compre non esquecelo nunca. Creo que era o combativo Bertrand Russel o que dicía que o que diferenza a un escravo dun home libre é que os primeiros pregúntanse “e agora que vai pasar”, mentres os segundos din “e agora qué imos facer”. Non deixemos pois de pensar qué podemos aínda facer.
    As veces somos moi fatalistas porque, por estarmos na Gloriosa Hespaña (GH), tendemos a compararnos con Cataluña e o Pais Vasco, dúas nacións de orgullo sobranceiro (aínda que tamén, por suposto, con outros moitos defectos, aínda que doutro tipo). De cando en vez senta ben erguer a vista, contemplar o espazo europeo, para así comprender que somos unha cultura minorizada e puteada (sobre todo por nós mesmos) pero que aínda resiste. Moito máis do que se pode dicir doutras, que si están xa vencidas. Nunha viaxe ao sur de Francia, por exemplo, puiden comprobar in situ como os occitanos deixaron morrer totalmente Provenzal. Non quedan del, como quen di, nin as faragullas. E aínda por riba son os máis entusiastas votantes de LePen. Polos alxerianos. Que seica lles están “a roubar a súa identidade”. Grotesco, verdade? Sinto dicilo, pero ese si que é un pobo vencido. Nin sequera comprenden que a perda máis irreparábel foi a que eles mesmos causaron.
    Traballemos agora pois, para que dentro de x anos non acabemos buscando pateticamente a quen culpar da nosa falta de identidade como pobo.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses

  4. Boa análise, abófé. E un chute adrenalínico o seu, Larvós. Comparto de todo o seu optimismo ( sobre todo agora que este servidor resucitou ).

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses

  5. A climatoloxía ten algo que ver nestas reflexións non si?.

    Unha aperta grande.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 45 meses

  6. Espero que non. Hoxe luce un sol magnífico e sego a pensar o mesmo, que este é un país raro. Mais non se me confunda, Marinha: son optimista.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses

  7. (Suponho que xa sabes que ultimamente hai problemas técnicos para acceder à bitácora e deitar comentários).
    Se no mundo se falan como mínimo 3.000 línguas e existen uns douscentos e pico estados, non somos caso estranho.
    Reino Unido/Gran Bretanha/Britain ou Inglaterra (que, a fin de contas, é a que manda); America/USA; Confederación Suíza/C. Helvética/Suíza; Euskal Herria/Euskadi/País Basco; Catalunya/Cataluña; Espanha/Estado Espanhol, tampouco nos fan distintos.
    A nosa olhada está moitas veces distorsionada.
    Uma aperta e saúde.

    Comentario de eduardo hace 3 años y 45 meses

  8. Moita razón en todo. E compre sermos optimistas, pese a todo, mais non estou moi certo de que ese optimismo teña que vir por comparanza co mal que están outros.
    ( Os problemas técnicos, segundo aseguran desde o servidor, xa están solventados... espero ).

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009