XURXO SIERRA VELOSO GAÑA O RISCO DE LITERATURA
Francisco Castro - 27-03-2006 12:54:44 | Categoria: Todos os meus artigos
Onte soubemos que Xurxo Sierra Veloso gañou o Premio Risco de Creación Literaria cunha novela que titulou Os mércores de Fra.Nunhas declaracións ao Faro de Vigo, defínese como un aspirante a escritor, unha palabra que lle dá medo.
Pois nada, como a el lle dá medo, e a min non, pois dígoo eu:
¡Xurxo Sierra Veloso é un escritor!
Hai anos gocei co seu Os ollos do Rei de Copas ( de aí o nome do seu blog ), novela que lle publicou o inesquencible editor Carlos Blanco ( infortunadamente desaparecido e a quen nunca imos poder darlle como se merecería, algúns escritores, as grazas por apostar por nós cando aínda estaba a saírnos o bigote... ) ao mesmo tempo que saía a miña primeira novela, aló polo afastado 1994. Despois de non saber nada del en moitos anos, volvemos descobrir a súa sabedoría narrativa en Licor de abelá con xeo. Xa que logo, non me sorprende nadiña este galardón.
Velaí tendes un escritor a seguir e a ter moi en conta.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Alegroume enormemente a noticia do premio do noso Veloso. É un ser adorable, sensible e inxenioso con moito talento para escribir.
Unha aperta grande para os dous.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 26 meses
-
Moitas grazas, Marinha.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Descubrin ao Veloso ESCRITOR hai pouco cando lin Licor de abelá con xeo e o único que podo dicir é que mercarei Os mércores de Fra en canto poida.
Comentario de Máis Alá hace 2 años y 26 meses
-
Estou que non sei que dicir. Moitísimas grazas, Francisco. Estaba eu pensando "imos entrar na do náufrago, a ver que contan" e bato de golpe co meu nome. Graciñas, de verdade. Emocionoume o comentario que fas sobre Carlos Blanco. Era un gran home ao que debo moito. Nunca esquecerei a amabilidade con que me acolleu e as conversas que mantivemos na antiga sede de Edicións do Cumio, alá na Travesía de Vigo. Algún día terémoslle que render a homenaxe que merece. Unha aperta.
Comentario de Veloso hace 2 años y 26 meses
-
Non tes que dar grazas por nada, meu, vas sobrado de talento. E gústame o que dis de Carlos Blanco. Sen dúbida, algún día haberá que renderlle esa homenaxe. Forma parte, para sempre, da nosa biografía.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Eu teño á espera Licor de abelá con xeo.
Comentario de peke hace 2 años y 26 meses
-
Pois non esperes moito. O libro merece unha lectura urxente.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Estimado Francisco, convídoo, así como a todos os demáis visitantes deste blog do que son asiduo lector, a visitar o meu blog ABELLONENIA. Unha aperta na irmandade da palabra.
http://oulego.blogspot.com
Comentario de Oulego hace 2 años y 26 meses
-
Será un completo pracer visitalo.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses