DESPOIS DO DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Francisco Castro - 23-03-2006 16:59:16 | Categoria: Todos os meus artigos
Teño que pedir perdón pola ausencia destes días. Son cousas do servidor.Pasado o Día da Poesía do martes, só hai unha cousa que dicir ao respecto da situación de Nós:
Canto talento pero que miseria de mercado.
Porque iso é o que pasa. Bos poetas, alto nivel, idade de ouro e bla, bla, bla. Pero o País, claro, pasando de todo e coma sempre.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Tes moita razon, ¿a quen lle interesa a poesía, salvo o poder cando precisa o poeta nacional?.
Por outro lado, a poesía non ten que ser imposta. a poesia hai que chegar a ela ca mesma necesidade que ten o naufrago de chegar a terra ou o sedento a fonte de auga. Todos nalgun momento da vida precisamos a palabras exactas dos poetas, ainda que as veces a palabra é o asasino confeso do silencio.Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 26 meses
-
Eu estes día a verdade e que non tiven moito tempo para entrar pero as veces que o intentei non me foi posible.
En canto as poetisas e poetas e a nosa poesía AUPA!!!, e o meu aplauso, nunca choveu que non escampara.
Beijos positivos e de gran ánimo.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 26 meses
-
parecen todos moi seguros de que a poesía pode ter unha saída comercial semellante á das películas de Hollywood.
eu creo que son coma o día e a noite.Comentario de brautigan hace 2 años y 26 meses
-
Os tres levades razón. Acórdanse dos poetas cando lles convén, hai que ser positivos e, probablemente, á poesía nunca han facerlle moito caso no mercado. Pero, en calquera caso, o que tento suliñar é que hai un contraste brutal entre a calidade dos poetas de Nós e as vendas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Unha poetisa que coñecín hai tempo dicía que a poesía era moi minoritaria. Era moi boa, pero vendía pouco. Semellaba telo moi asumido.
E si, ás veces eu tamén teño problemas para entrar no teu caderno.Comentario de peke hace 2 años y 26 meses
-
Todos os que escribimos nesta literatura minorizada temos moi asumido que non nos le case que ninguén. Pero tanto dá. A miña reflexión non ten que ver con iso, senón, coma sempre, co pouco caso que Galicia lle fai aos seus creadores. Ao respecto dos problemas para entrar no meu caderno, son cousas do servidor que me teñen, realmente, dos nervios.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Ben, falar de época dourada é tirarse á piscina, seb auga. Non está pasando un bo momento a lírica galaica, Francisco. Desengánate. É unha opinión, por suposto. Pero en aquí escribese con boas intencións, boas palabras, desas que conmoven ao corazón, a víscera emotiva. Pero arte, o que é dicir arte, literartura, non. Hai moi mal gusto editorial. Xa se le pouca poesía, e aínda por riba se edita pésima poesía. Poesía que está moi lonxe do sentir común. Hai que saír á rúa, tomarse un viño. Convídote a un no Bar El Puerto, en Cangas. Hai unha camareira que é todo un endecasílabo heroico. Apertas. ( Se alguén quere o último poemario de Ferrin Contra Maquieiro, enviollo de balde por correo: Vafalungo@hotmail.com).Comentario de Goretti Fiaño hace 2 años y 26 meses
-
Goretti, grazas polo convite. O do endecasílabo heroico soa moi suxestivo, abofé. Podes levar razón... pero só nunha parte. Paréceme algo dubidoso que TODA a poesía que se edita sexa mala. Recoméndoche un libro, de Claudia Castro, Adagio para unha viaxe silente. Gustoume moito. A ver que me dis.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
A min iso de toda a literatura galega é isto, ou o outro, toda a poesía é iso ou o de máis alá sóame horrorosamente parecido a eses que din “tódolos mouros son isto, ou tódolos inmigrantes son estoutro”. As xeralizacións son horrorosamente inxustas. E impropias dunha persoa reflexiva. Pero ben. Tamén pode ser unha opinión persoal.
Comentario de Larvós hace 2 años y 26 meses
-
Por suposto, ninguén pode terse lido todo o que se edita como para dar opinións tan tallantes.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses