Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

SOBRE ESTE BLOG E OS OUTROS

Opina sobre este comentario e non esquezas a outra proposta

Está sendo moi comentada a reportaxe sobre os blogs emitida hai uns días pola Televisión de Galicia.
Concordo co que alí se dixo.
No video veredes que sae este meu blog un par de veces, ilustrando o intre no que na reportaxe se fala dos tipos de blogs. Segundo a clasificación que alí se propón, este A Canción do Náufrago sería unha especie de Medio de Comunicación especializado, para o caso, engado eu, en literatura e no feito de escribir e nos escritores e nesas cousas das letras.
Así o concibín e asi espero que sexa recibido por tod@s. Este blog quere ser un medio de comunicación alternativo. Con toda a responsabilidade e o impudor que iso implica.
Daquela, grazas a tod@s pola vosa atención e que teñan unha feliz xornada.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. E como non saíche falando?

    Comentario de Antón hace 3 años y 45 meses

  2. Pois porque ninguén mo pediu pero, sobre todo, porque os blogueiros que alí aparecen, son, sen dúbida, persoas moito máis autorizadas cá min para falar disto. A fin de contas, eu non levo nin un ano con este blog.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses

  3. ¡Qué bo ir buscando aos "coñecidos" no vídeo! Grazas pola ligazón :).

    Comentario de Hai Cada! hace 3 años y 45 meses

  4. Nada, a mandar. Un pracer.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses

  5. Eu vin a reportaxe cando saiu na TV e alegreime de ver alí o teu blog, Noraboa por el.
    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 45 meses

  6. Eu tamen estiven pendiente de mirar que blogos saian e Magago caiume mui ben co eses coloretes e pinta de bo rapaz. O que non me pareceu ben e que non saise anque fose un blogo feito por unha muller.
    Gracias polo comentario ten bo no meu blogo. Si que me parece unha aventura e ...vaia aventura !!!. Non hai problema que Ana, o Colin e mais eu somos aventureiros.

    Comentario de acedre hace 3 años y 45 meses

  7. Si, mais, independentemente de que saíse ou non, coido que todos os blogueiros galegos estivemos ben representados na reportaxe.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses

  8. Eu tamén vin a reportaxe. Gustoume. Non sei se estaredes de acordo, pero creo que entre todos os blogueiros estamos a facer algo grande e bonito. Alégrome de poder poñer o meu grao de millo neste espazo de liberdade e creatividade. Un saúdo.

    Comentario de Veloso hace 3 años y 45 meses

  9. Hoxe e o Día Mundial da Poesía. Foi declarado asi pola Unesco fai seis anos.
    Eu celebro a poesía un dia si e outo tamén.
    ¡¡Viva a poesía!!

    Comentario de Rafael hace 3 años y 45 meses

  10. Claro que si, Veloso, estamos a facer algo bonito e grande. Mais, inevitablemente, nalgún intre teremos que parar e ver cara onde nos conduce todo isto. Rafael: dedicarei o meu post de hoxe ao Día Mundial da Poesía.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses

  11. Que mala idea meternos en bitacoraspuntocom.
    Creo que fomos a meter o coche pola estrada con máis baches do planeta. E mira que había autovías ben preto.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses

  12. Totalmente de acordo

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009