Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

IBÁÑEZ CUMPRE 70 ANOS

Podes opinar deste post, pero non esquezas o que andamos procurando.

Vou dicir algo que poucos escritores ( xa saben, eses tipos serios ) estarían dispostos a recoñecer publicamente.
Un dos autores aos que lle debo máis na miña formación como lector é Francisco Ibáñez, si, o de Mortadelo e Filemón e Sacarino e Rompetechos e Rúe del Percebe e tantos outros.
Lemos tebeos cando aínda non eran comics. Botamos, de feito, horas lendo tebeos cando eramos nenos.
E hoxe, carafio, sego léndoo.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Que ledicia poder saír dese “armario”. Eu acabo de mercar catro superhumor, que son recopilacións encadernadas deses tebeos, pero facíao en silencio, por aquilo de non poñer en entredito (máis aínda) as miñas maltreitas luces.

    Pola miña parte, non teño nin a máis mínima dúbida que o lector fórxase na fragua da infancia. Os amigos lectores que teño hoxe, lémbroo perfectamente, son aqueles cos que xa de neno intercambiaba tebeos de mortadelo, zipi e zapi, botones sacarino, superlópez... igual é esaxerar, pero teño para min a crenza de que, o neno que non lee tebeos, o máis probábel é que de adulto non vaia máis aló do Marca, o bote de champú cando a natureza o ordene, e quizais as lapidarias indicacións da pantalla do caixeiro automático (que, por certo, hai que ver a de xente para quen a expresión “¿desea extracto de su operación?” lles supón quedar un bo anaco sumerxido en profundas meditacións. E xeralmente na rúa chove e mollaste mentres agardas pacientemente a que se decidan. ¿Non pagaría a pena máis que fosen para a casa e meditasen sobre o SOS de Manuel Antonio?).

    Comentario de Larvós hace 3 años y 45 meses

  2. Eu tamén comecei cos tebeos da editorial Bruguera, e ben que llo agradezo. Cada tempo ten as súas necesidades, e os nenos necesitan algo que tire por eles, divertido e sen complicacións.
    Xa terán tempo de leituras profundas.

    Grazas Ibañez.

    E Vázquez, e Jan, e outros que nin sequera lembro agora...

    Comentario de Ghanito hace 3 años y 45 meses

  3. Pois grazas aos dous. E gustoume iso, Larvós, de saír do armario...

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses

  4. Pois eu tamen tenho que sair do armario que me encanta Mortadelo e Filemon e a unica foto onde saio eu no Faro de Vigo e nunha charla de Ibanhez na que rin coma un parvo. Encantoume o tipo e encantame o tebeo e o falar dos detectives. Muitas veces pensei en traducilos ao galego pero hai que reconhecer que e case imposible. Outro debuxante que me gustaba era Raf que debuxaba o inspector Tim O' Teo pero mais pola calidade do debuxo que polo texto.
    Eu penso que un neno con tebeos pode chegar a ser un lector no futuro (estou de acordo con Larvos e Ghanito).
    E este ano pasado quedei sen mercar ode Don Mortadelo de la Mancha...mecaghi.

    Comentario de acedre hace 3 años y 45 meses

  5. Eu que ando nas lideiras de que o meu preadolescente non me lea nadiña de nada, estou encantada de que bote man da súa colección de Mortadelos, e que veña de mercar a "Guía para el joven de hoy en día", ou algo similar..., estou desexando que o remate para mangarllo e disfrutar, disfrutar. Seguro que a el tamén lle chegará o momento de disfrutar de libros máis complicados. Do que dí acedre de traducir ó galego, eu teño dous ou tres historias, non me lembro agora dos títulos, que si que están traducidas.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 45 meses

  6. En La Voz de Galicia de hoy:

    «Eu fun medrando coa cidade»
    Entrevista | María do Carme Kruckenberg

    A poetisa viguesa vai ser homenaxeada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no mesmo ano que se cumple o cincuenta aniversario da súa primeira obra

    -¿Cal é o papel que debe xogar a poesía hoxe en día?

    -A poesía e o último eslabón que lle queda á beleza. O poeta é pobre porque non ten remuneración, a diferencia doutras artes coma por exemplo a pintura. Os libros de poesías os mercamos entre nós, regalámolos pero non gañamos diñeiro con eles.

    Quizás el poeta no sea tan pobre, quizás sea la mayor riqueza que existe poder morir de poesía.
    ¿Que opinas, Francisco?

    Comentario de Rafael hace 3 años y 45 meses

  7. Perdón.
    Para leer toda la entrevista pinchar aquí:

    http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?C...

    Comentario de Rafael hace 3 años y 45 meses

  8. Contesto: coido que os que nos dedicamos á literatura ( como outra actividade, por desgraza vivimos doutras cousas menos apaixonantes ) no último que pensamos é en gañar cartos con isto. Outra cousa é que teñamos que poñernos serios para cobrar os dereitos de autor que nos corresponden. Ese é outro asunto. Mais o importante non é iso, e, desde logo, cando do que falamos é de poesía, a cousa faise aínda máis clara. Sen embargo, gañamos outra riqueza, unha forma de riqueza que non se poderá, nunca, medir en cartos. Saúdos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 45 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009