A WEB DE GALAXIA
Francisco Castro - 15-03-2006 14:28:53 | Categoria: Todos os meus artigos
Podedes opinar deste post e seguir coa nosa investigación.Hoxe temos que informar da saída ao cibermundo da web da Editorial Galaxia. Do melloriño que hai. Sáese do concepto habitual de web editorial. Non só está o catálogo e a posibilidade de ler críticas, senón que informa doutras iniciativas e, para min, o máis orixinal, pon a autores con obra publicada en Galaxia recomendando libros de outros.
Desde aquí, podes ler a miña recomendación.
Deséxolles unha boa navegación.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
unha das últimas editoras da que agardaría ver lanzar unha web é Galaxia.
Comentario de brautigan hace 2 años y 26 meses
-
As recomendacións, só poden ser Galaxia? Por certo, que mala cara se lle está poñendo a Caneiro, vive dios.
Comentario de Manolo hace 2 años y 26 meses
-
Pois benvida sexa! E concordo coa túa recomendación. Lin varias veces este poemario de Fernán Vello e seguireino lendo. Para min "Territorio da desaparición" é unha invitación a reflexión sobre o mundo que nos toca vivir. Unha reflexión que che revolve, que che morde por dentro. Unha chamada a resistencia como tí dis. Unha reflexión necesaria.
Comentario de Chus hace 2 años y 26 meses
-
Pois moitas grazas, Chus. Coido que o libro de Miguel Anxo é un libro máis que recomendable, por iso apostei por el na miña recomendación.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Ola! Preciso falar contigo... mais non atopo o enderzo de correo electrónico no perfil. ¿podes escreberme a nandinho_gz@hotmail.com? GRAZAS!!
Comentario de nando hace 2 años y 26 meses
-
Supongo que esta noticia te habrá alegrado:
"Eduardo Rolland gaña o Premio Fernández del Riego de xornalismo"
El artículo por el que le dieron el premio aparecía ayer al lado de la noticia en el Faro de VigoComentario de Rafael hace 2 años y 26 meses
-
Pois, a verdade, non lin o artigo, pero Eduardo Rolland é un articulista do que gosto moito. Vou correndo a lelo.
Comentario de Francico Castro hace 2 años y 26 meses
-
Acabo de darme unha voltiña pola web, e a verdade é que está realmente moi ben, sobre todo polo espazo que se lle adica a cada escritor en particular.
Con respecto á súa ficha, lamento ter que facerlle a observación de que, a onomástica, neste caso, comete unha terríbel inxustiza con vostede. Está “demasiado” preto de “Castaño, Yolanda”. Con tódolos respectos a súa persoa, a espectativa dunha fotografía de Yolanda, incita a levar o rato cara alí. En fin, a carne é débil e esas cousas...
Comentario de Larvós hace 2 años y 26 meses
-
En fin, que vou facerlle. Hai cousas coas que non podo loitar. Ademais, Yolanda é, por enriba de todo, unha magnífica poeta.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses